14/12/11

Recomendacións de lectura para as vacacións

Un ano máis, chegan as vacacións coas que tomamos un merecido descanso ó rematar o primeiro trimestre do curso.

Desde a Biblioteca saudamos este feito e desexamos a todos os que nos seguen uns días moi ledos, e tamén unha feliz entrada en 2012, e estendemos estes bos desexos para ese ano vindeiro.

E como o tempo de lecer é ideal para a lectura, aquí vos deixamos as nosas recomendacións de lectura, que tamén proxectaremos nos recreos da Biblioteca de aquí ó remate das clases:


Recomendacións vacacións inverno 2011-12

13/12/11

Novidades Decembro (II) / Novedades Diciembre (II)





LIBRO DO MES

Agustín Fernández Paz é o afortunado autor desta novela, pola que pasan unha serie de personaxes cunha experiencia común: a do amor, mais tamén xunguido ó desamor ou amor roto. É unha sincera homenaxe a un dos sentimentos humanos máis poderosos.











Laura Gallego se ha convertido en una autora de best-sellers juveniles, con su propuesta de literatura fantástica articulada en sagas. Hace unos meses adquirimos las Memorias de Idhún, y ahora nos hemos hecho con las Crónicas de la Torre: hechicería, traiciones, y amor más allá de la muerte son sus ingredientes

Novidades Decembro (I) / Novedades Diciembre (I)


Cada año la UNESCO añade nuevos elementos a su lista de lugares declarados Patrimonio de la Humanidad. Y, como cada año, recibimos en nuestra Biblioteca el volumen correspondiente, en el que se ilustran y comentan los sitios declarados en 2010 en los cinco continentes: en España, se incluye el arte rupestre de Siega Verde.




Marilar Aleixandre
, unha das máis coñecidas autoras de literatura xuvenil, levou o Premio Fundación Caixa Galicia 2008 con esta historia de dúas violacións inspirada no mito grego da gorgona Medusa, castigada, logo de ser violada, a levar serpes por cabeleira. A novela é tamén un alegato en favor do amor e a amizade para resistir á vergoña.

12/12/11

Novo mobiliario

Estamos moi ledos porque vimos de instalar novo mobiliario na nosa Biblioteca.

Dispoñemos dun novo expositor vertical no que a partir de agora amosaremos as Novidades de cada mes, e inauguramos unha nova sección, O LIBRO DO MES, coa que daremos protagonismo a unha obra que consideramos especialmente destacable.

Moi preto do expositor situamos uns andeis baixos de dobre cara, na que situaremos as recomendacións da Biblioteca e os Departamentos, así como unha selección de comics (esta última orientada cara a Zona de Lectura Informal).

Velaquí as fotos






21/11/11

Presentacións nos recreos: Cidades maias

Esta semana e máis a vindeira, nos recreos da nosa Biblioteca, poderemos ver unha presentación sobre os restos arqueolóxicos das cidades maias conservados no actual México. Coidamos que é unha boa ocasión para tomar conciencia de que houbo civilizacións antigas que, case en paralelo coa grega e a romana, chegaron a un alto grao de desenvolvemento.

A música que nos acompañará será a do tema Paris, Texas, por Ry Cooder, extraído da banda sonora da película do mesmo título.

Aquí vos deixamos a presentación:

15/11/11

Museo virtual


Gracias e este enlace que vos deixamos aquí poderedes facer unha viaxe moi interesante polo mundo da pintura, unha arte que tan grandes mestres ten dado á Humanidade.

Com se adoita dicir, non están todos os que son, pero si son todos os que están.

Que o disfrutedes.

9/11/11

Presentacións nos recreos: Nanocontos e fotos

Aquí vos deixamos a presentación que veremos durante estes días nos recreos da nosa Biblioteca. Nela recóllense os relatos publicados no caderno que vimos de editar cunha escolma dos Nanocontos presentados ó concurso do ano pasado. Incluímos tamén as fotos do acto de presentación do devandito caderno.

Proxección nanocontos 2010 11a
View more presentations from fontexeriabib


O concurso deste ano está en marcha. Participade!

As bases están publicadas neste blog e tamén en abondosos anuncios nos espazos comúns do centro

3/11/11

Fotografías da presentación do caderno "3ª Escrita de Nanocontos"

Como se anunciou neste blog, o pasado xoves día 27 celebramos na Biblioteca a presentación do caderno 3ª Escrita de Nanocontos, no que recollemos unha escolma dos relatos breves que se presentaron ó certame do curso pasado.

Velaquí tedes as fotografías do acto. Aproveitamos para agradecer a asistencia todos os alumnos e profesores que nos acompañaron.

E lembrade, rapaces:

XA ESTÁ CONVOCADO O CONCURSO DESTE ANO. TEDES ATA O 30 DESTE MES DE NOVEMBRO. AS BASES ESTÁN NESTE BLOG, E MÁIS EN CARTEIS EN VARIOS LUGARES DO CENTRO

Presentación caderno Nanocontos 2011

2/11/11

Novidades Novembro (II) / Novedades Noviembre (II)




Agustín Fernández Paz
, exitoso escritor de narrativa xuvenil, publicou en 1993 un conxunto de cinco relatos breves cun denominador común: o protagonismo dunha rapaza. Case 15 anos despois, o autor revisou estes contos, modificándoos levemente, e engadindo un máis. Extraterrestres, fantasmas e pedras misteriosas poboan este libro.








Desde hace ya bastantes años, noviembre es un mes que se asocia al mundo del miedo. La literatura ha tratado desde siempre con mucha amplitud este tema, y en el libro que os presentamos se recogen 21 relatos cortos llenos de motivos para temblar, y no de frío: Dickens, Bécquer, Stevenson y Allan Poe, entre otros, desfilan por él.

Novidades Novembro (I) / Novedades Noviembre (I)



El título de este libro incita a hablar, y precisamente de algo de lo que no siempre se habla con naturalidad. Sin embargo, el sexo es algo totalmente natural, a lo que los seres humanos despertamos plenamente en la adolescencia, y para lo que necesitamos buena información, tanto fisiológica como emocional.










Como xa temos dito máis veces, as traducións das grandes obras da literatura universal serven para normalizar, e mesmo dignificar, o emprego dunha lingua. Desde 1972 contamos coa versión en galego de O principiño, traducida por Carlos Casares, e presentada nunha nova edición

26/10/11

Presentación do caderno "3ª Escrita de Nanocontos"


Mañá xoves día 27, no 2º recreo, faremos a presentación do caderno no que recollemos 20 dos Nanocontos presentados ó certame que convocamos o curso pasado. Quedades todos convidados.

Con isto pretendemos dar difusión á creatividade dalgúns dos rapaces do noso Centro.

A imaxe da cuberta é unha realización do noso compañeiro Alfonso González Asenjo, do Departamento de Xeografía e Historia.

21/10/11

En Garda: Lectura


Desde a Biblioteca facemos unha proposta ó profesorado para empregar aquelas gardas que, por xurdir de xeito imprevisto, non contan con traballo planificado para os rapaces.

Para eses casos, propoñemos que se leven ás aulas unhas mochilas que conteñen libros seleccionados polo Equipo de Biblioteca. Eses libros ofreceranse como lectura para esa hora, coa posibilidade de que os alumnos deixen marcado o punto onde quedaron, para así poder continuar a lectura nunha próxima garda. O contido das mochilas poderá ser revisado a suxerencia, tanto de alumnos como de profesores.

Cando un rapaz remate un libro, poderá cubrir unha breve ficha na que, entre outras cousas, deixará escrita a súa opinión sobre el para futuros lectores.

Agardamos, con esta iniciativa, contribuír ó fomento da lectura entre o noso alumnado.

17/10/11

Presentacións nos recreos: Algunhas cousas sobre Astronomía

Esta semana, durante os recreos da nosa Biblioteca, poderemos ver a presentación Un pouco de Astronomía.

Nela poderemos admirar algunhas das máis impresionantes imaxes captadas polo telescopio espacial Hubble.

Tamén aprenderemos algúns datos sobre o Sistema Solar e, sobre todo, seremos conscientes das inmensas proporcións do Universo.

E de fondo escoitaremos o tema Turn! Turn! Turn! (To Everything There Is A Season), de The Byrds

Aquí a deixamos, por se vos interesa:

Libros, discos, películas... (III)


Está disponible en DVD El viaje del director de recursos humanos, una pequeña joyita de cine hebreo, que no siempre es fácil ver en pase comercial

¿Un film político? Lo es, en cuanto que está contextualizado en Israel.

¿Un film social? Lo es: los problemas de la emigración económica (Rumanía).

Pero, en realidad, la película trata sobre "otra cosa": el sentido de la vida.

Un hombre de mediana edad, desvinculado afectivamente, insatisfecho en su trabajo, logra encontrarse a sí mismo en un complicado viaje vital a la helada Rumanía, al acompañar el cuerpo sin vida de una joven muerta en un atentado suicida. Imprescindible.

El film, dirigido en 2010 por Eran Riklis (conocido por Los limoneros), está basado en la novela La misión del director de recursos humanos (todavía no editada en español), del autor Abraham B. Jehoshua.


FRANCISCA MOVILLA (Departamento de Griego)

11/10/11

Libros, discos, películas... (II)


A semana pasada rematei a lectura de El olvido que seremos. Se son sincera, non tiña nin idea do seu autor (Héctor Abad Faciolince). O libro foi, como non, regalo de Nadal dunha amiga da infancia... pero a súa lectura postergouse ata este inicio de curso (tiña na "lista de espera" varias novelas en français...).
De entrada o título xa dá que pensar. E a medida que me adentrei na lectura, fun descubrindo aspectos da historia de Colombia que me sonaban algo das noticias, nomes (ou mellor apelidos) que na actualidade saen nos titulares... Todo un canto na defensa das igualdades sociais, un recoñecemento á figura paterna... E ese castelán de "bluyines" e esas referencias a Proust... aquí deixo un resumo da temática, e as opinións da contraportada..., con esa fermosa frase, como sempre, de Manolo Rivas...
Boas lecturas!!


El médico Héctor Abad Gómez dedicó sus últimos años, hasta el mismo día en que cayó asesinado en pleno centro de Medellín, a la defensa de la igualdad social y los derechos humanos. El olvido que seremos es la reconstrucción amorosa y paciente de un personaje; está lleno de sonrisas y canta el placer de vivir, pero muestra también la tristeza y la rabia que provoca la muerte de un ser excepcional. Un libro desgarrador, escrito con valor y ternura.

«Un libro tremendo y necesario, de un coraje y una honestidad arrasadores. Por momentos me he preguntado cómo ha tenido la valentía de escribirlo», JAVIER CERCAS
«Un libro hermoso, auténtico y conmovedor», ROSA MONTERO
«Lo que voy leyendo de Héctor Abad lo voy guardando como migas de pan muy esféricas, pulidas, luminosas, para cuando tenga que atravesar un gran bosque en la noche», MANUEL RIVAS


CHUS ABRALDES (Departamento de Francés)

6/10/11

Libros, discos, películas... (I)


Nijigara Holograph é un manga de Inio Asano moi, pero moi inquietante: amosa os tráxicos condicionamentos que os traumas infantís poden proxectar nas vidas adultas, todo a través dun tecido narrativo de vidas cruzadas. E non faltan certas metáforas inesperadas, como esas bolboretas que dan unidade ó relato. Certamente, remexe as tripas... Para cando unha versión cinematográfica?
ALFONSO BLANCO (Profesor de Latín e Coordinador do Equipo de Biblioteca)

3/10/11

Presentacións nos recreos: Seres Míticos Galegos

Esta semana, durante os recreos da nosa Biblioteca, proxectaremos un video sobre os seres que poboan as lendas galegas. Este documento foi elaborado pola Biblioteca do CEIP Víctor Sáenz, de Mazaricos, a quen aproveitamos para felicitar por este traballo.


Novidades Outubro (II) / Novedades Octubre (II)




Un dicionario fantástico, tanto pola súa factura como polo seu contido. Xoán R. Cuba, Antonio Reigosa e Xosé Miranda realizan un estupendo traballo de recuperación dos seres míticos protagonistas de lendas tradicionais galegas. Contribúen así a que non se perda unha parte importante do imaxinario popular da nosa xente.








Federico Moccia
es el escritor protagonista de uno de las fiebres superventas de los últimos años, y que de vez en cuando afectan a multitud de lectores. En este caso, se trata de un conjunto de narraciones de un género bien conocido: la novela romántica, convenientemente actualizada. Perdona si te llamo amor es un ejemplo perfecto.

Novidades Outubro (I) / Novedades Octubre (I)


En xeral, na historiografía tense prestado moi pouca atención ás mulleres. Esta tendencia ven cambiando nos últimos anos, e estes volumes, a cargo dun grupo de historiadoras galegas, son unha boa mostra. E tamén unha boa oportunidade para aprendermos sobre o papel que as mulleres teñen desenvolvido na Historia de Galicia.






Ben Dupré propone en este libro una forma muy directa de acercarse a la Filosofía, a través de 50 cuestiones que han ocupado el tiempo y la mente de los grandes pensadores occidentales desde la Antigua Grecia hasta la actualidad: teorías sobre el conocimiento, problemas éticos, lógicos, estéticos, científicos, religiosos y políticos.

Recuperación de actividade e benvida


Tres meses despois, un curso diferente, pero mesmos obxectivos: comunicar amor pola lectura e o coñecemento en xeral. Sermos máis cultos é a mellor maneira de ser máis humanos; e, aínda que non é o único xeito de facelo, LER constitúe un camiño, non sempre rápido, pero si moi, pero que moi pracenteiro. Quen aínda non o ve así será, como naquel antigo anuncio dunha bebida refrescante, porque o ten probado pouco.

Saúde, e botemos a andar de novo, que temos certas propostas para todos vós.



17/6/11

Recomendacións de lectura para o verán

Xa estamos a piques de rematar o curso, e quizais algúns pensedes coma nós: que o verán é un período estupendo para dedicarlle algo máis de tempo á lectura.

Convencidos como estamos diso, e tamén de que a lectura é unha viaxe boa, bonita e barata (sobre todo se levades os libros en préstamo da nosa Biblioteca), aquí vos deixamos as nosas recomendacións para o verán, distribuídas por idades.

Que o pasedes moi ben, tanto cando leades como cando non.

Vémonos en setembro, a ver qué nos contades.


Presentacións nos recreos: Dúas sobre o Día das Letras Galegas

Con algo de retraso, pero deixámosvos aquí as outras dúas presentacións que proxectamos na Biblioteca nas xornadas que dedicamos ás Letras Galegas. As dúas foron elaboradas por Ramón Beltrán, profesor de Xeografía e Historia e membro do Equipo de Biblioteca.






6/6/11

Manifesto a favor da Formación en Bibliotecas Escolares


Ante a previsible retirada de formadores específicos no ámbito das bibliotecas escolares no Servizo de Formación do Profesorado, no Centro Autonómico de Formación e Innovación e nos Centros de Formación e Recursos dependentes da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, segundo o borrador da orde que convocará concurso público de méritos para cubrir postos de persoas directoras e asesoras nestes centros, queremos manifestar o seguinte:


A insoportable levidade das bibliotecas escolares galegas

Hai proxectos que nacen marcados pola vulnerabilidade e a razón desta circunstancia non ten nada que ver coa falta de rigor ou a pouca entrega das persoas que os poñen en marcha. Máis ben ten que ver co feito de que nacen destinados a nadar contra corrente.

Con todo, esa é a principal razón da súa existencia: xorden porque responden a unha necesidade non satisfeita pero compartida por un número crecente de persoas que senten que é posible compartir e facer viable o proxecto xuntos.

Así naceu o movemento que cristalizou na iniciativa que todos coñecemos como PLAMBE. De xeito que, dende hai algúns anos, esa iniciativa levou o mellor da creatividade e o esforzo de moitos docentes que, xenerosamente, regalaron o seu tempo e a súa capacidade de formar equipos e ilusionar a outros docentes en centos de centros de toda a nosa comunidade.

Xuntos aprendemos a ser rigorosos e esixentes nos nosos proxectos, a crear espazos de aprendizaxe colaborativo, de cambios de estratexia, de achegamento ás novas tecnoloxías, de racionalización na xestión da información.

Que ninguén se equivoque: os responsables das bibliotecas escolares non son seres evanescentes perdidos en vanas quimeras que tentan “roubar” horas a materias “importantes” para que o alumnado esmoreza entre mundos de ficción. Nada máis lonxe da realidade. Nun centro onde hai un equipo que xestiona a biblioteca de forma eficaz nótase. Os fondos adquírense con criterio, establécense acordos para xestionar a información, créanse espazos de colaboración e docencia compartida.

Non é doado porque a maquinaria educativa ten unhas inercias difíciles de combater.

A pesar de todo, estes docentes fórmanse e exercen a súa dura misión en horas non retribuídas, roubadas ás súas familias, ao descanso, ao lecer.

Fomos coordinados con rigor e seriedade pola Asesoría de Bibliotecas Escolares pero sempre nos faltou o marco legal axeitado.

A nosa misión é dura porque queda moito por definir. Na nosa inxenuidade e boa fe esperabamos conseguir progresivamente tempos e formación para seguir mellorando na nosa función se demostrabamos que eramos rigorosos e eficaces. Os nosos méritos, como colectivo, son dabondo coñecidos polos nosos gobernantes e acreditados por diferentes administracións e ámbitos a nivel estatal. Os numerosos e constantes premios anuais de Boas Prácticas concedidos polo Ministerio de Educación y Ciencia non caeron do ceo. Durante todos estes anos a formación recibida foi fundamental para levar a cabo actuacións rigorosas e enfocadas na dirección correcta.

Sabemos das cuantiosas axudas que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa destina a outros proxectos, dos incentivos para a elaboración de contidos dixitais por parte das empresas editoriais, entre outras iniciativas.


Non sería tamén interesante fomentar a produción de materiais propios e promover desde cada centro a estandarización de procedementos que axuden a xestionar a información entre o noso alumnado sen confiar todo a eses materiais externos que proceden da industria editorial, por valiosos que poidan ser?

Por que non seguir aproveitando a experiencia e valía dos equipos das bibliotecas escolares nestes cometidos?

O noso empeño sempre foi crear nos centros pequenos focos que tentan estender esas boas prácticas de innovación e excelencia.

Non entendemos este novo e repentino xiro na política de formación desta Dirección Xeral.

Non nos parece xusto posto que podemos dicir honestamente que, pola nosa banda, cumprimos con fartura.


Ao desmantelar as estruturas que nos sosteñen o deterioro será proporcional ao entusiasmo e o esforzo investidos: inmenso e imparable. Algúns lembramos como o noso Conselleiro lanzou un bico ao aire ao despedirse dos asistentes aos últimos Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, despois dunhas entusiastas palabras de eloxio polos éxitos logrados polas bibliotecas escolares galegas a nivel estatal.


Onde quedou ese entusiamo?

Que interpretación debemos facer?

O noso país pode permitirse tirar pola borda todo este traballo?

E nós? En que situación quedaremos agora diante das nosas comunidades educativas se despois de tanta insistencia é a propria Consellería a que nos invisibiliza?

2/6/11

Novidades Xuño (II) / Novedades Junio (II)




Libriño moi de moda estes últimos meses en España debido ós acontecementos políticos deste maio último. Stéphane Hessel sufríu os campos de concentración do nazismo e foi un dos redactores da Declaración dos Dereitos Humanos do ano 1948. Neste opúsculo insiste na necesidade de manterse alerta para conservar eses dereitos.




Juanjo Sáez es un artista catalán que nos ofrece, a través de sus dibujos y de conversaciones imaginarias con su madre, un viaje por el arte contemporáneo. Su objetivo es romper los tópicos populares sobre las tendencias del s. XX, para hacer ver que el arte no figurativo no sólo es arte, sino que es una evolución del mismo.

Novidades Xuño (I) / Novedades Junio (I)


Rematamos o ciclo de novidades relacionadas con Lois Pereiro, poeta homenaxeado este ano na conmemoración do Día das Letras Galegas. Neste caso, trátase da edición completa das súas poesías, publicada a primeiros deste ano 2011 por Xerais. Así, podemos adentrarnos na súa obra na extensión dun só volume.







El camino de los microcréditos está siendo seguido por muchas personas en países de África, Asia e Iberoamérica como medio para salir de la pobreza a través de la puesta en marcha de pequeñas empresas. Este libro nos cuenta la pequeña historia de una mujer india, Narayan, y su ilusión por ser independiente económicamente.

23/5/11

Revista "Meigas Fóra"


Temos a ledicia de anunciarvos a saída do prelo dixital de Meigas Fóra, a revista do noso Centro, coordinada por Ramón Beltrán, membro ademais do Equipo de Biblioteca.

Pensamos que deberiades botarlle unha ollada, pois ten todo o que se podería esperar dunha revista escolar: artigos, reportaxes, creación literaria... e máis contidos que vos poden interesar.

Aquí vos deixamos o enlace:
Meigas Fóra


19/5/11

A Lingua é Nosa, Vosa, Súa

18/5/11

Lois Pereiro

Mañá comezaremos os días que dedicamos ás Letras Galegas con esta presentación dedicada a Lois Pereiro.

Durante todas estas xornadas, como música de ambiente, soarán temas do Lp Nas beiras de Lethes, do grupo Kérkennai.

Por outra banda, poñemos a disposición dos usuarios, nunha mesa da entrada, varios libros de poemas do autor homenaxeado este ano.


Todos os días son das Letras Galegas


Os tres días que quedan nesta semana, e tamén durante a vindeira, nos recreos da nosa Biblioteca proxectaremos tres presentacións audiovisuais sobre o Día das Letras Galegas:

- Unha presentación sobre Lois Pereiro, con datos sobre a súa vida e obras, xunto con textos dos seus poemas.

- Dúas presentacións sobre os autores galegos homenaxeados nesta data desde a súa instauración en 1963. Nunha delas amósanse as caricaturas dos escritores que La Voz de Galicia publicou en 2004 , mentres que a outra consiste nunha serie de diapositivas dedicadas a cada un deles, que inclúen imaxes acompañadas de breves textos.

En sucesivas entradas publicaremos neste blog estas presentacións.

A LINGUA É NOSA, VOSA, SÚA

9/5/11

Premios Nobel en lengua española (VI)-Jacinto Benavente

Seguimos exponiendo en nuestra Biblioteca los trabajos elaborados en las clases de Lengua Española de 4º ESO sobre autores en idioma castellano galardonados con el Premio Nobel.

En esta ocasión, durante los recreos de esta semana, veremos la presentación que Marcos Costa, Sergio Dosil y Diego García han realizado sobre Jacinto Benavente. La música que escucharemos de ambiente será el tema Frente a Palacio, por Los Pekenikes.

2/5/11

Novidades Maio (II) / Novedades Mayo (II)




Seguimos a presentar novidades relacionadas co poeta Lois Pereiro, a quen se dedica este ano o Día das Letras Galegas. Agora é a vez dos derradeiros poemas que compuxo, que transmiten a actitude do autor diante da enfermidade e a inminencia da morte. Catro anos de vida a través dunha serie de poemas elaborados en seis meses.





La mecánica del corazón fue un éxito de ventas de Mathias Malzieu en 2009. Este escritor, vocalista además del grupo pop Dionysos, continúa en los puestos altos de las listas de ventas gracias a esta nueva novela, en la que explora, con fantasía, los modos de enfrentarse al dolor causado por la muerte de un padre, con una ayuda inesperada.

Novidades Maio (I) / Novedades Mayo (I)


María Aurora Lestón Mayo, alumna que foi deste Centro, estudiou Filoloxía Inglesa na Universidade de Santiago. Combinou esta orientación cun gran interese pola etnografía, froito do cal é esta investigación sobre un ser mítico, o vákner, que enchía de medo a imaxinación dos viaxeiros da Galicia medieval. Benvida á nosa Biblioteca.






Leopoldo Abadía saltó a la fama hace casi dos años por su explicación sencilla y humorística de la crisis financiera que dio origen a la situación económica difícil que ahora estamos viviendo. Para contribuir a su mejor comprensión, el Departamento de Economía nos ha acercado este ejemplar de su libro más conocido hasta la fecha.

26/4/11

Premios Nobel en lengua española (V)-Miguel Ángel Asturias

Esta semana, durante los recreos de nuestra Biblioteca, continuaremos con la exposición de los trabajos que los alumnos de Lengua y Literatura Españolas de 4º ESO han elaborado sobre los autores en ese idioma galardonados con el Premio Nobel.

Durante estos días el trabajo de Sheila Mayo, Mª José Mayo y Berta León nos acercarán a la figura de Miguel Ángel Asturias, mientras escuchamos el tema Legend, del músico británico Mike Oldfield.

Esta es la presentación:

6/4/11

Novo blog no Centro: HistoriaFontexeria


Desde o blog da Biblioteca queremos dar a benvida a un novo blog elaborado desde o noso Centro. Trátase de HistoriaFontexeria, posto en marcha por Juan Tanamo (o autor agóchase subrepticiamente baixo este alias), e no que se irá dando unha panorámica da Historia Contemporánea de España, sempre cun chisco de mala uva humorística, ó galaico modo.

Na Biblioteca xa nos fixemos seguidores de Juan Tanamo e as súa visionaria forma de ver a Historia diso que antigamente se chamaba a pel de touro. E cremos que vós tamén deberiades facelo. O enlace quedará incorporado na lista da columna á dereita da páxina.

4/4/11

Novidades Abril (II) / Novedades Abril (II)



Seguimos a presentar novidades relacionadas co poeta Lois Pereiro, a quen se dedica este ano o Día das Letras Galegas. Nesta ocasión ofrecemos o volume que Edicións Positivas publicou coa recopilación de todas os poemas do autor escritos entre 1981 e 1991, e que están dominados por experiencias de amor e morte.



Los humanos somos mamíferos con pelo, y esta característica suele dar dolores de cabeza, tanto por tenerlo en abundancia como por sufrir su pérdida. Y, aunque parezca mentira, se pueden realizar experimentos científicos con él. Esto es lo que demuestra un grupo de profesores en este ameno libro, que además da muchos datos curiosos.

Novidades Abril (I) / Novedades Abril (I)


Sempre convén ter a man unha guía dos estudios universitarios que se ofrecen en Galicia. Este libro, publicado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pretende, precisamente, orientar ó estudiante dentro do amplo panorama que se abre diante de todo aquel que pretenda abordar uns estudios superiores.








Hace ya varios siglos que la ciencia nos ha mostrado y demostrado cuál es la forma de nuestro planeta. Pero muchas civilizaciones humanas, antes del triunfo del conocimiento científico, han imaginado cómo podía ser la Tierra. Este libro recoge toda una serie de mitos sobre el tema, en una cuidada edición con páginas troqueladas.

Premios Nobel en Lengua Española (IV)-Juan Ramón Jiménez

Continuamos con la exposición de los trabajos que los alumnos de Lengua y Literatura Españolas de 4º ESO han realizado sobre los Premios Nobel en Lengua Española.

Esta semana veremos la presentación elaborada por Patricia De la Cruz y María Puente sobre el poeta andaluz Juan Ramón Jiménez. La música de fondo que la acompaña es la versión de la pieza Girls Just Want To Have Fun, a cargo de Russian Red.

Aquí la tenéis:

21/3/11

En busca de la poesía perdida


O mércores e xoves desta semana, nos 2ºs recreos, entregaranse na nosa Biblioteca os agasallos correspondentes á actividade En busca de la poesía perdida, levada a cabo polo Departamento de Lingua e Literatura Castelás.

Semanas atrás, os alumnos de 4º ESO deberon buscar, agochados en varios lugares do exterior do Centro, anacos de varios poemas famosos da literatura española. Unha vez reunidos, os rapaces tiveron que intercambiar os fragmentos, co fin de obter as composicións completas.
Quedades todos convidados, como sempre, a acudir ó acto: haberá música, entregaranse os agasallos, e leranse os poemas. Un bo xeito, por moi manido que estea, de dar a benvida á primavera, non si?


Premios Nobel en lengua española (III)-Gabriela Mistral

Seguimos con la serie de recreos dedicada a los Premios Nobel en lengua española, exponiendo las presentaciones que sobre este tema han elaborado los alumnos de 4º ESO de nuestro Centro.

Esta semana es el momento de Gabriela Mistral, escritora chilena premiada en 1945. El trabajo ha sido realizado por las alumnas Ana Fernández y Laura Pérez. La música que oiremos de fondo será la canción Gracias a la vida, de Mercedes Sosa.

Aquí os la dejamos:

14/3/11

Premios Nobel en lengua española (II)

Continuamos con la proyección de presentaciones sobre los Premios Nobel en Lengua Española elaboradas por alumnos de 4º ESO, a inicitativa del Departamento de Lengua Española.

Esta semana es el turno de Camilo José Cela. Las diapositivas han sido elaboradas por Alejandro Fernández y Manuel Maceiras. Aquí está:

1/3/11

Novidades Marzo (II) / Novedades Marzo (II)


A Editorial Xerais continúa o seu labor en torno ó idioma galego cunha nova edición do seu Gran Dicionario Xerais da Lingua. Recolle os últimos preceptos da normativa, aumentando o número de entradas (arredor de 100.000) recollidas e incluíndo transcricións fonéticas e información etimolóxica. Sen dúbida, unha ferramenta ineludible.






Todas las civilizaciones humanas han creado siempre mitos vinculados a las creencias religiosas. Este libro recopila un gran número de ellos, por lo que, además de una buena fuente de información sobre el tema, resulta un asequible tratado de mitología comparada: Egipto, Mesopotamia, Grecia, Roma, India, China, África...

Novidades Marzo (I) / Novedades Marzo (I)


O Día das Letras Galegas de 2011 vai estar dedicado ó poeta Lois Pereiro. Con tal motivo, o Departamento de Lingua e Literatura Galegas achéganos este libro, que contén fotografías da vida do homenaxeado, así como dous Cds: un cunha entrevista radiofónica, e outro con cancións baseadas nos seus poemas.





Spencer Johnson se hizo famoso a finales de los años 90 por ¿Quién se ha llevado mi queso?, una especie de manual de autoayuda para las personas que se sienten poco valoradas por los que le rodean. Por lo que parece, esa sensación está bastante extendida entre la juventud actual, a juicio de los autores de esta versión para adolescentes.