18/5/11

Todos os días son das Letras Galegas


Os tres días que quedan nesta semana, e tamén durante a vindeira, nos recreos da nosa Biblioteca proxectaremos tres presentacións audiovisuais sobre o Día das Letras Galegas:

- Unha presentación sobre Lois Pereiro, con datos sobre a súa vida e obras, xunto con textos dos seus poemas.

- Dúas presentacións sobre os autores galegos homenaxeados nesta data desde a súa instauración en 1963. Nunha delas amósanse as caricaturas dos escritores que La Voz de Galicia publicou en 2004 , mentres que a outra consiste nunha serie de diapositivas dedicadas a cada un deles, que inclúen imaxes acompañadas de breves textos.

En sucesivas entradas publicaremos neste blog estas presentacións.

A LINGUA É NOSA, VOSA, SÚA

No hay comentarios: