Mostrando entradas con la etiqueta Recomendacións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Recomendacións. Mostrar todas las entradas

10/6/19

Recomendacións para as vacacións de verán

Está a piques de rematar o curso, e quizais nestas próximas semanas atopemos un oco para dedicarllo á lectura.

Por se ese é o caso, desde a Biblioteca facémosvos unhas recomendacións, organizadas por sectores da nosa comunidade educativa.

Lembrámosvos que podedes levar en préstamo para o verán calquera título dos nosos fondos (non só os que recomendamos aquí), co compromiso de devolvelo nos primeiros días de setembro.

Con isto rematan as actividades da Biblioteca por este curso. Desexámosvos que teñades un lecer pracenteiro e produtivo.

23/4/19

Presentacións nos recreos: Cómic e Historia

O noso compañeiro e membro do Equipo de Biblioteca Ramón X. Beltrán Carballeira preparou unha presentación informativa sobre varios dos cómics cos que contamos nos fondos da nosa Biblioteca. Todos eles teñen temática e contido histórico.

Coa difusión deste documento pretendemos animar á lectura do cómic histórico, do cómic en xeral, e, en definitiva, de libros, que aínda resultan obxectos nos que se pode atopar saber e lecer.

Proxectaremos esta presentación durante os vindeiros quince días.

Podédela ver aquí:


10/12/18

Recomendacións de lectura para as vacacións de inverno

Como cada ano por estas datas, desde a Biblioteca propoñémosvos unha serie de lecturas para os días de lecer que estamos a piques de comezar.

Tamén coma sempre, recomendamos dous libros (un en galego e outro en castelán) para os diversos sectores da nosa Comunidade Educativa, tendo en conta, maiormente, a súa idade: 1º e 2º ESO, 3º e 4 ESO, Bacharelato e Adultos, e mais Profesorado e P.A.S.

Por suposto, serven tamén como recomendacións para calquera que se achegue a este blog.

Con elas van, ademais, os nosos mellores desexos para estas datas.


11/6/18

Recomendacións para as vacacións de verán

Achégase o final de curso e, como cada ano, desde o Equipo de Biblioteca facemos unhas recomendación de lectura para estas próximas semanas de lecer.

Coma sempre, están clasificadas por sectores da nosa Comunidade Educativa.

Lembrámosvos que podedes levar en préstamo para o verán, non só os libros que recomendamos neste documento, senón calquera outro (ata tres), co compromiso de devolvelos nos primeiros días de setembro.

17/1/18

Préstamo interbibliotecario

Poñemos en marcha con ilusión unha nova iniciativa: o préstamo interbibliotecario.

En colaboración co IES Lamas de Castelo (Carnota), iremos poñendo con certa periodicidade (só para lectura en sala) libros a disposición dos usuarios. Do mesmo xeito, e coas mesmas condicións, da nosa Biblioteca tamén sairán libros para Carnota.

Esperamos que o público lector das dúas Bibliotecas aproveite esta posibilidade


11/12/17

Recomendacións para as vacacións de inverno (2017-18)

Durante estes días finais do trimestre, proxectaremos na Biblioteca, durante os recreos, unha presentación que recolle as nosas recomendacións de lectura para estes vindeiros días de lecer. Como cada ano, están distribuídos por niveles académicos e sectores da nosa comunidade educativa.

Os títulos seleccionados estarán tamén expostos nunha mesa destacada.

Aproveitamos para desexarvos uns felices días de descanso e unha boa entrada no ano que estamos a piques de estrear.



12/12/16

Recomendacións para as vacacións de inverno

Están xa preto as vacacións de inverno deste curso 2016-17 e, como cada ano por estas datas, facemos desde aquí unhas recomendacións de lectura, pois sempre o tempo de lecer nos dá oportunidade para descubrir novas historias e ideas a través dos libros.

Aquí volas deixamos, desexándovos, ademais, que teñades uns días ben ledos e unha venturosa entrada no ano 2017.

10/12/15

Recomendacións de lectura para as vacacións de inverno

Están xa preto as desexadas vacacións de inverno, que esperamos que vos sexan de proveito. Tamén vos desexamos un feliz ano 2016.

Son 19 días.

Desde a Biblioteca facémosvos unha serie de propostas librarias por se neses 19 días atopades algún intre para ler.

Velaquí:



15/6/15

Recomendacións para as vacacións de verán

Estamos a piques de rematar o curso e comezar as ben merecidas vacacións de verán.

Como cada ano, na Biblioteca pensamos que estes meses que temos por diante son excelentes para dedicalos á lectura.

Por iso vos deixamos aquí as nosas recomendacións e os nosos desexos dun pracenteiro verán.



16/4/15

Na morte de Eduardo Galeano

Non cremos que haxa que esperar á morte dun autor para declarar a súa importancia para a Literatura, se é que a ten. Por iso neste blog raramente nos facemos eco de acontecementos deste tipo.

Con todo, si cremos que Eduardo Galeano foi un escritor moi interesante, e por moitos motivos.

Por iso damos publicidade a un sitio de internet, onde se poden descargar legal e gratuitamente varias obras do autor uruguaio.




8/3/12

The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore


Buster Keaton, o Mago de Oz e un atronador amor polos libros son o fío conductor desta curtametraxe de animación gañadora do Oscar de Hollywood. Preciosa, tanto para os creadores de historias como para os que só as consumen.

The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore



17/10/11

Libros, discos, películas... (III)


Está disponible en DVD El viaje del director de recursos humanos, una pequeña joyita de cine hebreo, que no siempre es fácil ver en pase comercial

¿Un film político? Lo es, en cuanto que está contextualizado en Israel.

¿Un film social? Lo es: los problemas de la emigración económica (Rumanía).

Pero, en realidad, la película trata sobre "otra cosa": el sentido de la vida.

Un hombre de mediana edad, desvinculado afectivamente, insatisfecho en su trabajo, logra encontrarse a sí mismo en un complicado viaje vital a la helada Rumanía, al acompañar el cuerpo sin vida de una joven muerta en un atentado suicida. Imprescindible.

El film, dirigido en 2010 por Eran Riklis (conocido por Los limoneros), está basado en la novela La misión del director de recursos humanos (todavía no editada en español), del autor Abraham B. Jehoshua.


FRANCISCA MOVILLA (Departamento de Griego)

11/10/11

Libros, discos, películas... (II)


A semana pasada rematei a lectura de El olvido que seremos. Se son sincera, non tiña nin idea do seu autor (Héctor Abad Faciolince). O libro foi, como non, regalo de Nadal dunha amiga da infancia... pero a súa lectura postergouse ata este inicio de curso (tiña na "lista de espera" varias novelas en français...).
De entrada o título xa dá que pensar. E a medida que me adentrei na lectura, fun descubrindo aspectos da historia de Colombia que me sonaban algo das noticias, nomes (ou mellor apelidos) que na actualidade saen nos titulares... Todo un canto na defensa das igualdades sociais, un recoñecemento á figura paterna... E ese castelán de "bluyines" e esas referencias a Proust... aquí deixo un resumo da temática, e as opinións da contraportada..., con esa fermosa frase, como sempre, de Manolo Rivas...
Boas lecturas!!


El médico Héctor Abad Gómez dedicó sus últimos años, hasta el mismo día en que cayó asesinado en pleno centro de Medellín, a la defensa de la igualdad social y los derechos humanos. El olvido que seremos es la reconstrucción amorosa y paciente de un personaje; está lleno de sonrisas y canta el placer de vivir, pero muestra también la tristeza y la rabia que provoca la muerte de un ser excepcional. Un libro desgarrador, escrito con valor y ternura.

«Un libro tremendo y necesario, de un coraje y una honestidad arrasadores. Por momentos me he preguntado cómo ha tenido la valentía de escribirlo», JAVIER CERCAS
«Un libro hermoso, auténtico y conmovedor», ROSA MONTERO
«Lo que voy leyendo de Héctor Abad lo voy guardando como migas de pan muy esféricas, pulidas, luminosas, para cuando tenga que atravesar un gran bosque en la noche», MANUEL RIVAS


CHUS ABRALDES (Departamento de Francés)

6/10/11

Libros, discos, películas... (I)


Nijigara Holograph é un manga de Inio Asano moi, pero moi inquietante: amosa os tráxicos condicionamentos que os traumas infantís poden proxectar nas vidas adultas, todo a través dun tecido narrativo de vidas cruzadas. E non faltan certas metáforas inesperadas, como esas bolboretas que dan unidade ó relato. Certamente, remexe as tripas... Para cando unha versión cinematográfica?
ALFONSO BLANCO (Profesor de Latín e Coordinador do Equipo de Biblioteca)