A partir de agora, todos os familiares dos alumnos matriculados no noso Centro poderán levar libros en préstamo da Biblioteca, sempre a través dos propios rapaces, e no mesmo réxime que eles.
Para difundir esta posibilidade, na Sala de Recepción para os pais hai desde onte un expositor con varios títulos pensados para que lles boten unha ollada no seu tempo de espera. Tamén se pode atopar un caderniño con instruccións para aproveitar este servizo que lles ofrecemos: explícase en qué consiste, cómo poden consultar por internet o noso catálogo, e inclúense tamén fichas de préstamo.
Amosámosvos agora en fotografías o caderniño e tamén a Sala de Recepción co expositor:
O Equipo de Biblioteca dá as gracias ó director do noso Centro, José Antonio Mayo, que nos informou de cómo se desenvolve esta idea no IES Poeta Añón de Outes, onde xa levan tempo con esta iniciativa. E, por suposto, mandamos unha aperta ós responsables da Biblioteca Poeta Añón, do mesmo Centro, en quen nos inspiramos para poñer en marcha este servizo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario