5/3/18

8 de marzo

O vindeiro xoves é día 8 de marzo, unha data sinalada no calendario como propicia para reivindicar o papel das mulleres na sociedade, que dista aínda moito de ser recoñecido ó mesmo nivel que os dos homes.

Con tal motivo, na nosa Biblioteca dedicaremos o día a unha actividade relacionada con esta celebración.

Durante toda a mañá faremos lecturas públicas extraídas dos cómics Valerosas 1 e Valerosas 2,  de Pénélope Bagieu. Como complemento ás lecturas haberá comentarios e debates abertos aos asistentes que queiran participar.


1/3/18

Novidades Marzo (II) / Novedades Marzo (II)

LIBRO DEL MES

Este libro reúne, en formato breve, 26 biografías de mujeres que, con su lucha, lograron avances importantes para el sexo femenino y para la sociedad en general. Injustamente, por ser mujeres, casi ninguna obtuvo el reconocimiento que merecían. Es hora de hacerles justicia.

Que contén un cigarro? Por que as persoas comezan a fumar? Por que moitas non son quen de deixar o hábito? Este breve manual intenta responder a estas cuestións e axudarnos a non iniciarnos nun costume que pode acabar sendo moi nocivo para a nosa saúde.

Novidades Marzo (I) / Novedades Marzo (I)

 
Latinista, profesor, tradutor e poeta. Estas son varias das facetas de Raúl Gómez Pato, quen con este poemario gañou o I Premio de Poesía Xosé María Díaz Castro. Son composicións breves, nas que o ritmo das sílabas e os versos están especialmente coidados.
 


 


Camelia es una joven preocupada por ciertas cuestiones y que, sobre todo, quiere saber. Y lo logrará gracias a la correspondencia que mantiene con su profesora de Filosofía, que tratará con ella de la búsqueda de la felicidad, la motivación, la racionalidad...