Mostrando entradas con la etiqueta Falardlibros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Falardlibros. Mostrar todas las entradas

6/3/17

Falardlibros: 1º podcast

Hai xa algúns cursos, na Biblioteca ocorréusenos que era unha boa idea dedicar algúns recreos da Biblioteca a que todas as persoas que así o desexasen viñeran falarnos das súas experiencias lectoras. E nalgunha ocasión conseguímolo.

Agora reformulamos a actividade: é unha charla entre lectores que se grava e logo se converte nun podcast aloxado na plataforma Youtube.

E así, o pasado xoves día 2 gravamos o primeiro podcast Falardlibros.

Aquí volo deixamos, prometendo que virán máis (pedimos desculpas pola calidade do son, que en sucesivas entregas procuraremos mellorar):

24/2/15

Falardlibros (I): Oliver Sacks e "El tío Tungsteno"

O vindeiro venres inauguramos unha nova actividade na nosa Biblioteca.

Chamámoslle FALARDLIBROS

Con ela queremos invitar a calquera membro da nosa Comunidade Educativa a que veña nun recreo (de 10,10 a 10,30 e de 12,10 a 12,30, de luns a venres), a falarnos dun libro que fose especial para el como persoa, e que por iso considera recomendable para os demais. Se o libro en cuestión está xa nos fondos da Biblioteca, mellor que mellor; en caso contrario, será adquirido con anterioridade á charla, para que todos podamos disfrutar del.

O primeiro en abrirnos esta porta cultural será Antón Díaz Blanco, profesor de Tecnoloxía do noso Centro, que nos falará sobre El tío Tungsteno, do médico e escritor estadounidense Oliver Sacks.

Quedades convidados.