14/1/19

Exposición: 500 anos da morte de Leonardo da Vinci

Este ano 2019 cúmprense 500 anos da morte do xenial artista italiano Leonardo da Vinci.

Con tal motivo, a nosa Biblioteca preparou unha exposición temática na que se repasan as súas principais obras pictóricas, ademais de mostras de páxinas dalgúns dos seus manuscritos.

Esta exposición pódese visitar no corredor longo do segundo andar do noso Centro, e tamén, en formato de presentación dixital, nos recreos desta vindeira quincena na nosa Biblioteca.

Aquí a deixamos, xunto cun pequeno vídeo (que non se ve moi ben, así que o mellor será que vaiades ver a exposición in situ).


6/1/19

Novidades Xaneiro (II) / Novedades Enero (II)

LIBRO DEL MES


A la muerte de sus padres, Pequeño Árbol es enviado a vivir con sus abuelos cheroquis, en las montañas. Poco a poco, su relación con la naturaleza irá haciéndose cada vez más intensa, hasta moldear su personalidad y transmitirle la sabiduría ancestral de su entorno.

Christopher Boone é un adolescente con boa competencia en ciencia e matemáticas, pero con dificultades para relacionarse cos demais. Cando un día atopa morto o can da veciña, decide iniciar unha investigación que o levará a chocar coa realidade que o rodea.

Novidades Xaneiro (I) / Novedades Enero (I)


Meigas, mouros, guerreiros, animais fabulosos, sereas, pedras marabillosas… Todos estes elementos poboan este libro, que, en forma de dicionario, repasa as máis antergas lendas tradicións de Galicia, rompendo as barreiras entre o sacro e o profano.





 Este cómic ilustra las contribuciones a la historia del s. XX de Werner Heisenberg, Alan Turing, Leo Szilard e Hugh Dowding (dos físicos nucleares, un matemático y un militar), todos ellos genios en su campo de conocimiento y a su manera, y cuya influencia se siente todavía hoy.