29/2/16

Os nosos fondos audiovisuais: Reservas da Biosfera en España


Entre os fondos audiovisuais da nosa Biblioteca contamos cunha obra sobre as 36 reservas da biosfera que a UNESCO ten declaradas en España. Manexar este material constitúe un xeito útil de concienciarnos da necesidade de conservar o noso medio ambiente, comezando polo máis próximo.

Editada por Planeta, a obra consta de dous tomos de gran formato e dous DVDs, estes últimos con opción de audio en castelán e inglés.




25/2/16

Nanocontos premiados na 8ª Recollida (I) - Categoría B (3º & 4º ESO, Bacharelato, Ciclos e ESA)


1º PREMIO
-"¡Al fin se fue!"
-"¿Cómo estáis ahí abajo?"
-"Yo entre Anatomía y Vademecum. Bien aplastado. Soy un libro con patas adormecidas y tengo contracturada la tapa. Llamad al Cid. Me descuelgo. Que traiga el caballo. Necesito transporte, que el estante es largo. Que suba la Celestina. A ver si los lía y me dejan en paz. Como son de ciencias, se dan unos aires... Nada que ver con nosotros: creativos, originales, sensibles, imaginativos, inteligentes... Que venga también la Regenta, que tiene carácter".
-"¡Sshhhh! ¡Que vuelve el bibliotecario!"
-¿Has vuelto a escaparte? ¡¡¡Esta vez te meto en la vitrina con llave!!!"
Aldara Formoso Gómez (2º BAC)

2º PREMIO
O libro achegouse camiñando pola mesa. A luz do flexo alumeouno mentres se plantaba diante dos ollos dilatados e vermellos do mozo.
Preguntoulle pola súa vida, a súa ferrosa familia, os seus amigos de plástico, o seu soño de atopar a alguén que soubese chorar coma el, que soubese escribir e debuxar trazos de fume e café no ar.
Acordou entre suores, o cabalo xa galopaba polas súas veas.
María Romero Lago (4º ESO)

Nanocontos premiados na 8ª Recollida (I) - Categoría A (1º e 2º da ESO)




1º PREMIO
Libros
Libros, libros y más libros. ¿Qué son los libros? Los libros son el mayor entretenimiento que hay. Con ellos podemos viajar, vivir una aventura y muchas cosas más. Es que hay libros a montones. Los libros son excepcionales. Sin libros no seríamos personas. La verdad es que una persona que nunca ha leído un libro no es muy feliz, y una persona que ha leído miles de libros es un libro con patas.
Lara Figueroa García (2º ESO)


2º PREMIO
Un libro con patas. Iso parecía aquel libro que busquei durante tanto tempo, pero non encontrei. Os libros con patas son eses que, en ocasións moi extremas, son tan populares que por moito que os repoñan nas librarías ti non os encontrarás. Son eses libros que, cando pensas que xa os tes nas túas mans, desaparece sen que te decates, como se dun bebé cunha piruleta na man se tratase. Son eses que fan as túas buscas polas librarías unha caza do tesouro.
Anton Lestón Castiñeira (2º ESO)

22/2/16

Fotografías do acto de entrega de agasallos da 8ª Recollida de Nanocontos

Tal e como anunciaramos, o pasado venres día 19 entregamos na nosa Biblioteca os agasallos correspondentes á 8ª Recollida de Nanocontos.

Os premiados, en cada unha das dúas categorías, foron os seguintes:

CATEGORÍA A (1º e 2º ESO)
-2º Premio: Antón Lestón Castiñeira (2º ESO)
-1º Premio: Lara Figueroa García (2º ESO)

CATEGORÍA B (resto de matriculados)
-2º Premio: María Romero Lago (4º ESO)
-1º Premio: Aldara Formoso Gómez (2º BAC)

Graciñas a todos os asistentes ó acto.

Aquí deixamos algunhas fotografías (proximamente publicaremos neste blog os relatos gañadores):







1/2/16

Novidades Febreiro (II) / Novedades Febrero (II)

LIBRO DO MES


Haruki Murakami tiña un local de jazz. Un día decidiu pechalo e dedicarse a escribir e… a correr. Este libro é o resultado da súa experiencia logo de participar en moitas carreiras de longa distancia, e unha interesante reflexión sobre como o deporte e a literatura poden ir da man.


Adrian Troadec abre una fábrica de chocolate para intentar enamorar a una chica de la que había quedado prendado al verla salir de una clase de Música. Historia, sabores, olores y notas musicales se unen en esta novela para hacernos disfrutar intensamente de su lectura.
 
 

Novidades Febreiro (I) / Novedades Febrero (I)



 
 
O solo é un prezado recurso do noso planeta que permite a animais, plantas e seres humanos vivir na superficie da Terra. Mais tamén é un recurso limitado e doadamente destruíble. Este comic axúdanos a tomar conciencia da necesidade de coidar o noso medio ambiente.





 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
La Naturaleza nunca agota su capacidad para sorprendernos, tal como nos muestra este libro al hablarnos de la formación de la Tierra, su geología, su biodiversidad, el comportamiento animal y, como no, del futuro de nuestro planeta en relación con el clima.