Unha vez recuperada (máis ou menos) a facultade técnica de realizar proxeccións nos recreos, e como xa anticipamos, no que queda de mes habemos dedicar cada semana a contidos relacionados co manga.
Nestes vindeiros cinco días poderemos observar na pantalla imaxes do volume I da serie Akira, obra de Katsuhiro Otomo. O argumento deste manga, importantísimo na expansión deste fenómeno a nivel mundial, é como segue:
No ano 2019 o mundo está a piques de ser destruído, como consecuencia dunha guerra nuclear desencadeada en 1989. Sobre as ruínas da capital xaponesa constrúese Neo-Tokyo, unha cidade chea de problemas: desemprego, violencia, tráfico de drogas... As sectas relixiosas e os grupos extremistas, aproveitando a insatisfacción dos cidadáns, fan xurdir o mito de AKIRA, un neno considerado a encarnación da "enerxía absoluta" e o inicio dunha nova era para Xapón.
Ademais, lembrade que podedes botar unha ollada ós paneis da exposición, así como ós exemplares que poderedes atopar na mesa da entrada.

No hay comentarios:
Publicar un comentario