8/3/10

Exposición sobre o manga (Ia)

Velaquí vos deixamos as fotografías que tiramos o xoves pasado na apertura na exposición sobre o manga que podedes visitar durante este mes na nosa Biblioteca.

O Equipo de Biblioteca quere agradecer fondamente a participación de Elena Fernández e Iván Martínez, que venceron a súa natural timidez para amosarnos algo dese amplo universo que constitúe o manga, e ó que son bos aficionados.

Moitas gracias tamén a todos os que viñestes ese día e nos acompañastes na presentación desta actividade.

Quedades coas fotos

No hay comentarios: