Entramos na derradeira semana do trimestre, chea de exames, agobios polas notas... Pero na nosa Biblioteca tedes un curruncho para vos relaxar un chisco coa nosa exposición sobre o mundo do manga.
Ademais dos exemplares que tedes á vosa disposición na mesa da entrada e dos paneis explicativos sobre este tipo de comic, durante os recreos poderedes ver unha proxección de imaxes da serie Naruto, orixinal de Masashi Kishimoto, e publicada por primeira vez na revista Shonen Jump en 1999. Máis tarde deu lugar tamén a unha serie anime.
Para máis información sobre este rapaz ninja, remitímosvos ó artigo da Galipedia (e non esquezades que as entradas noutros idiomas están na columna da esquerda, se rodades un chisco o rato). Extractámosvolo aquí:
Naruto, un aprendiz de ninja da Aldea Oculta de Konoha é un mozo traste que desexa chegar a ser o máis importante ninja da aldea. A xente mírao con desconfianza porque no seu interior está encerrado o demo Kyubi que unha vez destruíu a aldea. Aínda que os seus compañeiros non saben isto, tampouco lle teñen aprezo porque é un mal estudante e sempre anda a facer brincadeiras. Con todo, a forma de actuar e a determinación de Naruto demostran aos demais que pode chegar moi lonxe, e o receo dos outros mozos vaise disipando. Naruto e os seus compañeiros Sakura e Sasuke, xunto ao seu mestre Kakashi, terán que enfrontarse a unha serie de combates e misións ao longo da historia que lles permitirán mellorar e medrar.
Como música de ambiente acompañaranos o Tema de Kaneda, pertencente á banda sonora orixinal da película Akira, composta por Shoji Yamashiro.

No hay comentarios:
Publicar un comentario