Hai unhas semanas, en colaboración coas titorías de 1º ESO, o Equipo de Biblioteca realizou unha actividade de formación de novos usuarios.
En cadansúa sesión, o alumnado de 1º ESO A e mais 1º ESO B foi instruído na organización da Biblioteca, os servizos que presta e o seu funcionamento, e mais nas normas de comportamento que rexen nela.
Como colofón da actividade, levouse a cabo un pequeno xogo no que os rapaces debían demostrar a correcta asimilación dos contidos que se impartiron, e que consistiu na localización, mediante pistas, de diversos títulos nos andeis.
Aquí deixamos unha breve presentación que testemuña a actividade:
Benvidos ó noso blog. É un espazo aberto para compartir o pracer da lectura e o amor pola cultura en xeral. -///- Bienvenidos a nuestro blog. Es un espacio abierto para compartir el placer de la lectura y el amor por la cultura en general -///- Welcome to our blog. It is an open space for those who want to share their pleasure in reading and their love for culture -///- Bienvenus à notre blog. C’est un espace ouvert pour partager le plaisir de la lecture et de l'amour par la culture en général
Mostrando entradas con la etiqueta Usuarios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Usuarios. Mostrar todas las entradas
19/11/18
4/10/18
Carnés listos!
Xa temos preparados os carnés para os novos usuarios, que poden vir recollelos cando queiran.
Lembramos que os carnés non son imprescindibles para realizar o préstamo, pero axilizan o traballo do bibliotecario.
25/9/18
Inicio do curso
Un curso máis, a Biblioteca do IES Fontexería abre as súas portas para ofrecer os seus servizos a toda a Comunidade Educativa.
Deixamos aquí unha presentación na que damos algunha información sobre ela, pero o que máis nos interesa é que a veñades visitar e que nos comentedes todo aquilo que vos pareza interesante para mellorar o servizo.
Saúdos e ánimos para o curso que comeza.
23/5/18
Outro moble novo
Debido ó incremento de fondos que vimos experimentando nos últimos cursos, maiormente neste que está a piques de rematar e mais o anterior, decidimos instalar un novo andel baixo.
Nel expoñeranse as recomendacións da Biblioteca, as dos Departamentos, a maior parte da
sección dedicada ó cómic, e tamén as obras de lectura obrigada nas diferentes
materias. Pensamos que a súa situación, preto do
centro da sala e a carón do espazo de lectura informal, favorece o acceso dos
fondos nel albergados, que son os de máis uso.
Esperamos que vos guste e, sobre todo, que vos atraia.
Etiquetas:
Actividades varias,
Os nosos fondos,
Usuarios
17/10/17
1º ESO A e B aprenden a usar a Biblioteca
Onte, luns 16 de outubro, levamos a cabo, aproveitando as horas de titoría, unha actividade de formación de usuarios co alumnado de 1º ESO A e B, na súa meirande parte novo no centro.
Deixamos aquí unha breve presentación cunha memoria gráfica da actividade e unha explicación da súa estrutura e desenvolvemento.
11/10/17
Carnés listos!
Como cada ano por estas datas, comunicamos que os carnés de usuario da nosa Biblioteca para este curso xa están dispoñibles.
Tamén coma sempre, só se fan os do alumnado que é novo no centro (maiormente, 1º da ESO e 1º BAC): OS CARNÉS DOS ALUMNOS QUE XA LEVAN ANOS NO INSTITUTO SEGUEN VIXENTES.
Para obtelos, só cómpre pasarse pola Biblioteca.
Lembramos, unha vez máis, que os carnés non son imprescindibles para beneficiarse do servizo de préstamo, pero facilitan o traballo do persoal xestor da Biblioteca.
8/12/16
Formación de usuarios (II)
O pasado venres día 2 levamos a cabo na nosa Biblioteca a segunda actividade deste curso orientada á formación de usuarios.
O alumnado de 1º ESO B recibiu información sobre o xeito como está organizada a Biblioteca, a maneira correcta de comportarse nela, e o sistema de préstamo. Despois da explicación inicial, levamos a cabo un pequeno exercicio de busca de títulos nos andeis.
Dirixiron a actividade a profesora Manuela Carballude Blanco (titora de 1º ESO B) e Alfonso Blanco Quintela (Coordinador do Equipo de Biblioteca).
Aquí vos deixamos un arquivo que recolle algunhas das fotografías que tiramos durante a experiencia.
26/10/16
Formación de usuarios (I)
Onte levamos a cabo na nosa Biblioteca a primeira actividade deste curso orientada á formación de usuarios.
O alumnado de 1º ESO A recibiu información sobre o xeito como está organizada a Biblioteca, a maneira correcta de comportarse nela, e o sistema de préstamo. Despois da explicación inicial, levamos a cabo un pequeno exercicio de busca de títulos nos andeis.
Dirixiron a actividade os profesores Ramón X. Beltrán Carballeira (titor de 1º ESO A e membro do Equipo de Biblioteca) e Alfonso Blanco Quintela (Coordinador do Equipo de Biblioteca).
Aquí vos deixamos un arquivo que recolle algunhas das fotografías que tiramos durante a experiencia (que proximamente repetiremos cos rapaces de 1º ESO B).
28/9/16
Carnés listos!
Como anunciamos no taboleiro de novas que está a carón da entrada da nosa Biblioteca, xa están dispoñibles os carnés para os usuarios que son novos no Centro, e pódense vir recoller á propia Biblioteca. Os dos cursos anteriores seguen vixentes.
Aínda que non son indispensables para formalizar o préstamo de fondos, a nós facilítannos o labor, polo que agradeceriamos que os empreguedes.
Graciñas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




