21/10/11

En Garda: Lectura


Desde a Biblioteca facemos unha proposta ó profesorado para empregar aquelas gardas que, por xurdir de xeito imprevisto, non contan con traballo planificado para os rapaces.

Para eses casos, propoñemos que se leven ás aulas unhas mochilas que conteñen libros seleccionados polo Equipo de Biblioteca. Eses libros ofreceranse como lectura para esa hora, coa posibilidade de que os alumnos deixen marcado o punto onde quedaron, para así poder continuar a lectura nunha próxima garda. O contido das mochilas poderá ser revisado a suxerencia, tanto de alumnos como de profesores.

Cando un rapaz remate un libro, poderá cubrir unha breve ficha na que, entre outras cousas, deixará escrita a súa opinión sobre el para futuros lectores.

Agardamos, con esta iniciativa, contribuír ó fomento da lectura entre o noso alumnado.

No hay comentarios: