Tres meses despois, un curso diferente, pero mesmos obxectivos: comunicar amor pola lectura e o coñecemento en xeral. Sermos máis cultos é a mellor maneira de ser máis humanos; e, aínda que non é o único xeito de facelo, LER constitúe un camiño, non sempre rápido, pero si moi, pero que moi pracenteiro. Quen aínda non o ve así será, como naquel antigo anuncio dunha bebida refrescante, porque o ten probado pouco.
Saúde, e botemos a andar de novo, que temos certas propostas para todos vós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario