Dispoñemos dun novo expositor vertical no que a partir de agora amosaremos as Novidades de cada mes, e inauguramos unha nova sección, O LIBRO DO MES, coa que daremos protagonismo a unha obra que consideramos especialmente destacable.
Moi preto do expositor situamos uns andeis baixos de dobre cara, na que situaremos as recomendacións da Biblioteca e os Departamentos, así como unha selección de comics (esta última orientada cara a Zona de Lectura Informal).
Velaquí as fotos
No hay comentarios:
Publicar un comentario