21/3/11

En busca de la poesía perdida


O mércores e xoves desta semana, nos 2ºs recreos, entregaranse na nosa Biblioteca os agasallos correspondentes á actividade En busca de la poesía perdida, levada a cabo polo Departamento de Lingua e Literatura Castelás.

Semanas atrás, os alumnos de 4º ESO deberon buscar, agochados en varios lugares do exterior do Centro, anacos de varios poemas famosos da literatura española. Unha vez reunidos, os rapaces tiveron que intercambiar os fragmentos, co fin de obter as composicións completas.
Quedades todos convidados, como sempre, a acudir ó acto: haberá música, entregaranse os agasallos, e leranse os poemas. Un bo xeito, por moi manido que estea, de dar a benvida á primavera, non si?


No hay comentarios: