20/11/08

Aliae Ibericae Linguae (II)

Hoxe, por fin, tivo lugar a primeira das Lecturas en Vivo na nosa Biblioteca. Como xa fora anunciado, tres profesores leron tres textos breves en portugués, eusquera e catalán: logo de ser presentados por Emiliano Morenza, Alfonso González recitou dous poemas de Fernando Pessoa ("Nevoeiro" e "Liberdade"), Alfonso Blanco leu un fragmento do conto "Finis coronat opus", do libro de relatos Obabakoak, de Bernardo Atxaga; e Ramón Beltrán prestou a súa voz a un poema de Ramon Guillem ("Desig de estar mort"), ademais de recitar a canción L'estaca de Lluís Llach.
O Equipo de Biblioteca quere agradecer a alumnos e profesores a asistencia coa que nos arrouparon. Velaquí as fotografías testemuño do evento (cortesía de Pepe Sacau e Adelina Rodríguez). Logo de ver as fotos, non marchedes, que temos máis cousas que dicirvos.






Xa estamos aquí de novo. Reiteramos o noso agradecemento e lembrámosvos que, a partir de agora, é desexable que profesores, pero sobre todo alumnos, tomen a iniciativa de encher este espacio con actividades semellantes. Ler de viva voz un texto literario, de creación propia ou allea, fainos máis conscientes dese proceso polo que aprendemos unha morea das cousas que sabemos: a lectura.


VOSA É A PALABRA

VOSA É A VOZ

VOSA É ESTA BIBLIOTECA

2 comentarios:

Biblioafonso dijo...

Parbéns por esta fantástica inicitiva.

mariluz dijo...

Moi boa idea e moi ben posta en escena. Así dá gusto, empezades forte e estreando un blog que pinta moi ben. Saúdos a todo o equipo!