13/12/10

Presentacións nos recreos: Recomendacións para as vacacións de inverno

Esta semana, durante os recreos da nosa Biblioteca, despedíndonos xa do trimestre, proxectamos as recomendacións que facemos para os 19 días que temos de lecer en decembro e xaneiro. A música de ambiente é a canción Invisible Sun, de The Police.

Un lecer para ler, dicimos desde este recanto de libros




1/12/10

My Colour Book: entrega de agasallos (II)

Como anunciabamos onte, hoxe o equipo encargado da actividade My Colour Book, desenvolvida no marco do Proxecto Interdisciplinar de 1º da ESO, entregou os agasallos ós rapaces participantes.

Conducíu o acto Adelina Rodríguez, Xefa do Departamento de Inglés, ó que se debe a iniciativa da actividade, e estivo acompañada pola encargada de traballo na aula, Susana Mato, polos membros do xurado, Pepe Sacau, Alejandro González, Katie Shea, Cristina Díaz, e Rita Martínez, quen ademais entregou os agasallos.

Gracias a todos os que asististes. Deixámosvos aquí un vídeo como testemuña do evento:




Lembrámosvos que hoxe rematamos coas lecturas de fragmentos de Mario Vargas Llosa.

29/11/10

My Colour Book: entrega de agasallos


O vindeiro mércores 1 de decembro a nosa Biblioteca acollerá a entrega de agasallos da actividade My Colour Book, realizada no Proxecto Interdisciplinar de 1º da ESO, a iniciativa do Departamento de Inglés.

O traballo que fixeron os alumnos consistíu na elaboración dun pequeno caderno baseado nas cores: cada rapaz debía centrarse nunha cor e reunir imaxes ou facer debuxos nos que dominase a cor elixida, engadíndolle unha frase en inglés. Así, os resultados foron My Black Book, My Brown Book, My Blue Book, My Violet Book, etc.

O xurado tívoo moi complicado para elixir catro gañadores, e dentro de dous días os premiados recibirán o seu agasallo.

Por suposto, estades todos convidados a vir.

Proximamente, neste blog, a crónica do acto.

25/11/10

Lecturas en Vivo: Mario Vargas Llosa

O vindeiro martes día 30, no 2º recreo (12,10-12,30), alumnos e profesores lerán fragmentos de obras do escritor peruano Mario Vargas Llosa, recentemente agasallado co Premio Nobel de Literatura.

Ven, escoita e deixa que medre en ti o impulso lector



22/11/10

Presentacións nos recreos: Erik Johansson

O traballo fotográfico do artista sueco Erik Johansson aúna destreza e creatividade na manipulación por medios dixitais. Una mostra do seu traballo poderá ser vista esta semana nos recreos da nosa Biblioteca, acompañada do tema musical Mr. Rock & Roll, da cantante escocesa Amy Macdonald


15/11/10

Presentacións nos recreos: Ben Heine

Ben Heine é un ilustrador cunha gran habilidade para xogar coa perspectiva. Algunhas das súas creacións poderemos velas esta semana nos recreos da nosa Biblioteca, acompañada musicalmente polo tema Northern Sky, do cantautor británico Nick Drake (1948-1974).

Velaquí vola deixamos:


8/11/10

Presentacións nos recreos: Lecturas recomendadas polo Departamento de Latín


Durante esta semana, nos recreos da nosa Biblioteca proxectaremos unha presentación na que se poden ver as recomendacións de lectura do Departamento de Latín. O tema musical que a acompaña é If It Be Your Will, do cantautor canadiense Leonard Cohen.

Deixámosvos aquí o enlace do blog Latinitas Nostra do Departamento de Latín, onde se atopa insertada esa presentación

Lecturas recomendadas (Departamento de Latín)

4/11/10

III Escrita de Nanocontos (I)

Xa está: xa convocamos de novo a recollida de Nanocontos. Imos polo 3º ano

Nanoconto = relato de menos de 100 palabras no idioma que se prefira

Hai dúas categorías para participar: por unha banda o 1º Ciclo da ESO, e pola outra o resto de matriculados

Máis detalles nos anuncios que figuran na porta da Biblioteca e nos corredores


2/11/10

Novidades Novembro / Novedades Noviembre (II)



Seguimos a presentar traduccións de grandes obras e autores da literatura universal. Neste caso, ofrecemos sete relatos do escritor estadounidense Edgar Allan Poe (1809-1849), de gran sona entre os amantes da narrativa fantástica: O escaravello de ouro, O gato negro ou Os crimes da rue Morgue seguen a ser atractivos case dous séculos despois.







El ilustrador Paco Roca realiza con Arrugas un acercamiento al problema del Alzheimer, una de las enfermedades que más hacen sufrir, tanto al enfermo como a las personas de su entorno más directo. El punto de partida es la historia de Emilio, un anciano “aparcado” por su familia en una residencia, que comienza a reflexionar sobre su vida y su actual circunstancia.

Novidades Novembro / Novedades Noviembre (I)



Xa nolo teñen dito moitas veces, así que igual é verdade: cos poemas de Homero comeza a literatura occidental. É por iso que convén achegármonos a estas narracións desde moi novos. Para iso contamos con esta adaptación da Odisea destinada ós máis miúdos, a cargo de Rosa Navarro Durán. Déixate engaiolar polo canto das sereas.





El ADN, la fotosíntesis, la célula compleja, la sangre caliente, incluso la muerte... Todos ellos son resultado de la evolución de la vida en nuestro planeta. Biología, física, química y geología se combinan en este libro para explicarnos un proceso enormemente complejo, que ha consumido millones de años y que todavía continúa, tal y como nos cuenta Nick Lane.

28/10/10

Lecturas en Vivo: Poesía erótica grega (III)

Aquí vos deixamos o video do pasado martes, no que Iván, Tamara e Tania leron dramatizadamente un fragmento da obra Asambleístas, do cómico ateniense Aristófanes.

Nos vindeiros días presentarémosvos o video da segunda parte da actividade, na que se leron poemas eróticos breves.


27/10/10

Lecturas en Vivo: Poesía erótica grega (II)

Como estaba previsto, onte e máis hoxe, nos segundos recreos, celebramos un recitado de poesía erótica grega. Iván, Tábatha, Tania e Tamara prestaron as súas voces ás composicións de autores como Meleagro, Filodemo, ou Dífilo.

Do evento tiramos algunhas fotografías e algún video, mais de momento só vos podemos amosar as fotos. Dádenos un tempiño, e subiremos os videos.

25/10/10

Presentacións nos recreos: 45 fotografías históricas

Esta semana, nos recreos da nosa Biblioteca poderedes contemplar a presentación 45 fotografías históricas, na que se amosan testemuños gráficos de 45 fitos da Historia da Humanidade desde a invención desta técnica.



21/10/10

Lecturas en Vivo: Poesía erótica grega

Os vindeiros martes 26 e mércores 27, o deus EROS fará unha visita á nosa Biblioteca. Varios alumnos de ambos sexos de 2º de Bacharelato lerán poemas de autores da Grecia antiga de temática... Ben, xa dixemos que ía visitarnos EROS quen nos enviou a Hermes como menxaxeiro para dicirnos que tiña moitas gañas de vervos a todos vós. Así que, xa sabedes: facédelle un oco para esas datas.





18/10/10

Presentacións nos recreos: Arte urbana

Durante os recreos da nosa Biblioteca, esta semana proxectaremos unha serie de fotografías que nos amosan unha decoración presente nos muros dos edificios da cidade de Bruxelas, capital de Bélxica e da Unión Europea. Nelas pódese apreciar a capacidade artística dalgunhas persoas para recrear ambientes en lugares que non sospeitariamos. Disfrutádea (se vides vela, ademais poderedes escoitar Autumn In New York, na versión do pianista de jazz Bud Powell):


14/10/10

Lecturas recomendadas: Dpto. Latín

O Departamento de Latín ven de deixarnos, en formato presentación, as súas recomendacións de lectura.

Igual que as dos demais Departamentos didácticos, quedan incorporadas na sección de enlaces deste blog, á dereita da páxina.

Esperamos que vos aproveiten, e non esquezades ler, ler, e ler outra vez.

4/10/10

Presentacións nos recreos: Non contaminemos

Inauguramos as proxeccións temáticas audiovisuais dos recreos da nosa Biblioteca este curso coa presentación Non contaminemos, na que se inclúen unha serie de ilustracións creadas para concienciarnos da necesidade de coidar o noso entorno máis directo e favorecer as conductas dos entes públicos e privados que respectan o medio ambiente.

Como fondo musical, escoitarase The Battle Of Evermore, de Led Zeppelin.

Velaquí vola deixamos:

Novidades Outubro / Novedades Octubre (II)




Na colección “Árbore” de Galaxia podemos disfrutar desta edición ilustrada dun clásico da literatura do s. XX: O home que prantaba árbores, de Jean Giono, un alegato en favor dunha existencia humana máis vencellada á natureza e a todo o fermoso que dela pode saír. Unha lectura breve pero que é quen de deixar o seu pouso








El drama de la ciudad bosnia de Sarajevo durante la década de 1990 fue el trasfondo elegido por el canadiense Steven Galloway para relatar cómo un violonchelista se agarra a su música y a la tendencia de sobrevivir innata a todo ser humano para intentar encontrar un sentido a la existencia, incluso en medio de una horrorosa guerra

Novidades Outubro / Novedades Octubre (I)



Un idioma literario precisa, para medrar, de traduccións, tanto dos clásicos da literatura universal como das novidades dos últimos anos. Nesta liña, a editorial Faktoría K pon ó noso alcance a versión en galego dunha novela moi coñecida e vendida: O neno do pixama a raias, do irlandés John Boyne, e que xa foi traducida a máis de 35 linguas







La tira cómica Zits es un gran éxito en todo el mundo desde hace varios años: más de 900 periódicos del planeta la acogen. Los autores, Jerry Scott y Jim Borgman, realizan un acercamiento al mundo de los adolescentes de una manera que estçsa resultando fresca y divertida para gran número de lectores. Échale un vistazo a ver si te engancha

30/9/10

Aquí estamos de novo

Pois si. Comeza un novo curso e o Equipo de Biblioteca do IES Fontexería presentámonos de novo neste amplo espacio que é internet para dar a coñecer as nosas ideas, o noso traballo e as nosas experiencias dentro deste ámbito das bibliotecas escolares.

Que podemos prometer? Pois un bastante de máis do mesmo e algunha que outra proposta nova que intentaremos levar a cabo durante este curso: presentacións audiovisuais e lecturas nos recreos, exposicións, recomendacións de lectura, algún material didáctico... Ánimo non nos ha faltar, e agardemos que a vós tampouco. De momento, contentámonos con citar unha pasaxe de certo libro, que agardemos sexa do voso gusto (e que vos animamos a ler, pois nos parece unha xoia da literatura galega):


Foi preto do camposanto cando eu sentín boligar dentro da caixa ó pobre Bieito. (Dos catro levadores do cadaleito eu era un). ¿Sentino ou foi aprensión miña? Entonces non podería aseguralo. ¡Foi un rebulir tan maino!... Como a teimosa puvulla que rila, rila na noite, rila de entón no meu maxín afervoado aquel mainiño rebulir.
(Rafael DIESTE; Dos arquivos do trasno, Vigo, 1985)



22/6/10

Recomendacións de verán e ata logo

Ben, pois ata aquí chegamos por este curso.

Foron case dez meses de contacto convosco para facervos partícipes do noso amor á lectura e á cultura en xeral.

Despedímonos polo de agora coas nosas recomendacións de lectura para estes meses de lecer.

Un garimoso saúdo e...

A LER QUE SON DOUS DÍAS

9/6/10

Lecturas en Vivo: Manolito Gafotas (II)

Hoy, como estaba programado, Ainhoa, María Candamo, Laura, Claudia y Dani, de 1º ESO, presentados por Paco Vázquez, profesor de Lengua y Literatura Españolas y miembro del Equipo de Biblioteca, han leído un capítulo del libro ¡Cómo molo!, de la serie de Manolito Gafotas.

En estas fotografías podeis ver a los protagonistas de la actividad, y también al público asistente (por cierto, muchas gracias a todos los que habeis acudido).

7/6/10

Lecturas en Vivo: Manolito Gafotas


O vindeiro mércores día 9, no segundo recreo (12,10-12,30) terá lugar unha Lectura en Vivo levada a cabo por alumnos de 2º ESO, sobre textos da serie Manolito Gafotas.

María Candamo, Dani, Ainhoa, Laura e Claudia poñerán voz ós personaxes do relato escollido.

Non hai que dicilo: estades todos, alumnos e profes, convidados

20/5/10

II Escrita de Nanocontos (II)


Hai escasamente 20 minutos vimos de presentar a publicación na que recollemos unha escolma de 20 dos relatos presentados na II Recollida de Nanocontos, no primeiro trimestre deste curso.

A cuberta do caderno (que podedes ver enriba) foi deseñada por Alfonso González, membro do Equipo de Biblioteca.

Cada un dos alumnos representados cun relato na escolma foi agasallado cun exemplar do caderno e cunha axenda de Bibliotecas Escolares. Varios dos autores leron de viva voz o seu Nanoconto e, ademais, o resto dos asistentes recibiron cadanseu caderno.

O Equipo de Biblioteca manifesta o seu fondo agradecemento, unha vez máis, a todos os participantes na Recollida e, moi especialmente, ós que asistiron a este acto de presentación, tanto alumnos como profesores.

A seguir amosámosvos unhas poucas fotos (obra de Paz González) dos nosos incipientes escritores:


18/5/10

II Escrita de Nanocontos (I)


Pasado mañá xoves día 20, presentaremos na nosa Biblioteca a publicación na que editamos unha escolma dos Nanocontos presentados á Recollida que organizaramos alá polo mes de novembro.

Igual que fixeramos o curso pasado, consideramos que os pequenos relatos presentados merecían ser conducidos ó prelo para que de alí saísen dispostos a propoñer a súa lectura por todos os amantes da ficción literaria, xa non breve, senón máis ben fugaz.

A tirada consta, de novo, de 100 exemplares. Repartiranse entre os autores dos Nanocontos seleccionados, algúns enviaranse a determinados entes e institucións, e os demais serán postos a disposición do público gratuitamente nalgún dos espacios comúns do Centro.

Convidámosvos a todos a acudir e escoitar as propias narracións na voz dalgúns dos seus autores

12/5/10

Exposición: Catro cousas arredor dos libros (III)

Continuamos presentándovos neste blog os elementos que compoñen a exposición que estamos a realizar.
Hoxe amosámosvos (en fotografía) os carteis que se poden observar na entrada da Biblioteca, e que constitúen unha chamada de atención sobre o libro e as persoas e espacios que implica: autores, editores, lectores, librerías e bibliotecas.Esperamos que vos gusten. Quedades con eles:




11/5/10

Exposición: Catro cousas arredor dos libros (II)

Como anunciabamos, hoxe ás 12,10, no 2º recreo, estreamos a exposición Catro cousas arredor dos libros.

O presentador e principal organizador, Alfonso González (profesor de Xeografía e Historia, e membro do Equipo de Biblioteca), fixo unha reflexión sobre o que hai tras o libro como obxecto físico e case como un ser vivo, en tanto somos as persoas namoradas dos libros quen lles damos alma. As súas palabras remataron cun obsequio ós asistentes: un díptico explicativo e, para facer máis doce todo, unhas galletiñas.

A exposición, que durará ata o día 28 deste mes, consta duns carteis sobre o libro como obxecto e concepto, que se poden observar no espacio dispoñible na entrada da Biblioteca (mañá subirémolos a este blog). Por outra banda, durante os recreos de todos os días proxectaremos na Biblioteca unha presentación audiovisual que describe e homenaxea ó libro, e tamén un vídeo no que se amosa un proceso de encadernación.

O Equipo de Biblioteca (e especialmente Alfonso González) quere agradecer a súa asistencia a todos os que acudiron, e en particular a Mª José Barco, profesora de Economía e membro do Equipo TIC do noso centro, quen lle axudou nalgúns aspectos técnicos.

Máis nada por agora. A exposición queda aberta, e convidámosvos a visitala nos próximos quince días (nos que quizais haxa algunha sorpresiña). Quedades coas fotos do acto.


LIBRO LIBRO LIBRO LIBRO LIBRO LIBRO

7/5/10

Exposición: Catro cousas arredor dos libros (I)


O vindeiro martes día 11, no 2º recreo, presentaremos a exposición Catro cousas arredor dos libros. Con ela o Equipo de Biblioteca pretende tributar unha homenaxe a este obxecto tan presente e determinante nas nosas vidas, aínda que moitas veces non lle fagamos demasiado caso. Mais ó libro non lle importa: sempre estivo e sempre estará, independentemente do formato que teña adquirido no pasado ou adopte no porvir.

Xa sen tanta trascendencia, contámosvos en que consistirá a exposición:

- Presentación (como xa dixemos, o martes día 11 ás 12,10)
- Carteis temáticos sobre o mundo do libro (do día 11 ó 28 de maio, no espacio dispoñible diante da Biblioteca)
- Proxeccións audiovisuais durante os recreos da Biblioteca (tamén entre o día 11 e o 28)

Como sempre, convidámosvos a vir e mesmo participar. De que xeito? Se durante os días que dura a exposición queredes amosar algún libro curioso (por calquera concepto) que teñades na casa, benvido será. Nós coidarémolo como se fose noso (mellor aínda).


LIBRI: QVAM CARI AMICI!

4/5/10

Novidades Maio (II) / Novedades Mayo (II)



Velaquí unha luxosa edición da novela de máis éxito de Manuel Rivas, O lapis do carpinteiro. Trátase do mesmo texto, pero impreso nun papel de maior calida, e enriquecido polas ilustracións de Xosé Luís de Dios. Unha boa excusa para un novo achegamento a esta novela, sobre todo se só viches a súa adaptación ó cine





¿Se puede condensar toda la Historia del Mundo en un sólo libro? Seguramente no. Pero se puede intentar. Y eso ha hecho Christopher Lloyd. Para no asustar, diremos que esta obra se puede leer de principio a fin, como todas, pero también es posible (y quizá recomendable), consultar apartados concretos a través de sus índices (las ilustraciones ayudan)

Novidades Maio (I) / Novedades Mayo (I)




Martín Ferreira, un galego emigrado a Italia na época do Renacemento, escribe as súas memorias, nas que deixa constancia dos abusos que, ó seu ver, a nobreza feudal cometía na súa terra natal do Eume. Este é o argumento que desenvolve e ilustra en Os lobos de Moeche Manel Cráneo, prolífico autor de cómics e artista multimedia.







Atención, estudiantes de Filosofía de 2º de Bachillerato: se acerca el final de curso (y con el las PAAU). ¿No os vendría bien un pequeño manual con unos buenos resúmenes de una materia tan amplia? La editorial Espasa, en su colección “Chuletas” (y nuestra Biblioteca) lo pone a vuestra disposición. Haced buen uso de las chuletas... ¡antes del examen!

19/4/10

Presentacións nos recreos: A vida cotiá na Grecia e Roma antigas

Seguimos con problemas técnicos que nos impiden cumprir o noso propósito nestas proxeccións, que é ofrecer unha por semana.

Con todo, para estes cinco días non podiamos deixar de amosar o traballo que durante o segundo trimestre realizaron os alumnos de Cultura Clásica de 4º da ESO. Na presentación que poderedes observar durante os recreos desta semana, aparecen unha serie de eidos da vida diaria dos antigos gregos e romanos. A parte da mera descrición, eses aspectos compáranse cos nosos usos actuais, para podermos comprobar o que conservamos das civilizacións clásicas. Como música de fondo, escóitase All Blues, de Miles Davis.

Lembramos a profesores e alumnos que os recreos da nosa Biblioteca son espacios axeitados para exhibir os resultados da actividade no Centro. Por que non probades?

6/4/10

Novidades Abril / Novedades Abril (II)


Con Son un cabalo, Gonzalo Moure métese na pel e na alma deste animal para conseguir, máis que un relato, unha suxerencia sobre os pensamentos que podería ter unha criatura tan vencellada historicamente ó ser humano. As fermosas ilustracións de Esperanza León contribúen a facernos dubidar se os cabalos non pensarán.






Es ya un clásico de la literatura dirigida a adolescentes. En El asesinato de la profesora de lengua, Jordi Sierra i Fabra compone una ficción ambientada en la escuela. Una profesora, para “motivar” a sus alumnos (de los que está harta), les propone un juego de supervivencia: matará a uno de ellos a no ser que consigan detenerla.

Novidades Abril / Novedades Abril (I)





Trasmallo
é un pirata creado polo ilustrador galego GoChi, quen publicou varios cómics dedicados a este personaxe. Presentamos agora na nosa Biblioteca os volumes 7 e 8 desta serie, titulados O tesouro da carraxe e A Santa Compaña. Unha boa excusa para achegarse ó clásico xénero de piratas, e esta vez, en galego.









La Filosofía: muchos alumnos tropiezan con ella y no acaban de encontrarle justificación ni sentido. Y, sobre todo, encuentran muy raros a los filósofos. Este libro facilita la aproximación a este campo del saber humano... que, por cierto, pasa por ser el primero y el que dio origen a todos los demás. Quizás sus abundantes ilustraciones nos ayuden a darle una nueva oportunidad.

22/3/10

Exposición sobre o manga (IV)


Entramos na derradeira semana do trimestre, chea de exames, agobios polas notas... Pero na nosa Biblioteca tedes un curruncho para vos relaxar un chisco coa nosa exposición sobre o mundo do manga.

Ademais dos exemplares que tedes á vosa disposición na mesa da entrada e dos paneis explicativos sobre este tipo de comic, durante os recreos poderedes ver unha proxección de imaxes da serie Naruto, orixinal de Masashi Kishimoto, e publicada por primeira vez na revista Shonen Jump en 1999. Máis tarde deu lugar tamén a unha serie anime.

Para máis información sobre este rapaz ninja, remitímosvos ó artigo da Galipedia (e non esquezades que as entradas noutros idiomas están na columna da esquerda, se rodades un chisco o rato). Extractámosvolo aquí:

Naruto, un aprendiz de ninja da Aldea Oculta de Konoha é un mozo traste que desexa chegar a ser o máis importante ninja da aldea. A xente mírao con desconfianza porque no seu interior está encerrado o demo Kyubi que unha vez destruíu a aldea. Aínda que os seus compañeiros non saben isto, tampouco lle teñen aprezo porque é un mal estudante e sempre anda a facer brincadeiras. Con todo, a forma de actuar e a determinación de Naruto demostran aos demais que pode chegar moi lonxe, e o receo dos outros mozos vaise disipando. Naruto e os seus compañeiros Sakura e Sasuke, xunto ao seu mestre Kakashi, terán que enfrontarse a unha serie de combates e misións ao longo da historia que lles permitirán mellorar e medrar.

Como música de ambiente acompañaranos o Tema de Kaneda, pertencente á banda sonora orixinal da película Akira, composta por Shoji Yamashiro.

15/3/10

Exposición sobre o manga (III)

A proxección que esta semana, nos recreos da nosa Biblioteca acompañará a nosa exposición sobre o manga amosará como debuxar un dos personaxes máis famosos dese universo: Son Goku, que se fixo un lugar no lecer de moitos nenos galegos gracias á emisión da serie anime As Bólas do Dragón pola TVG durante moitos anos.

Para quen non coñeza o argumento (máis ben o punto de partida) desta serie, velaquí vos deixamos un extracto do artigo da Galipedia sobre este tema:

Hai aproximadamente 75 millons de anos atrás, os KaioShins dese tempo deron a uns poucos namekianos o poder de crear as chamadas Bólas do Dragón (talvez por ser unha raza bastante poderosa e pacífica), sendo moi explícitos en que só as usasen en ocasións excepcionais. Mais hai centenas de anos atrás, o planeta Namek atravesou problemas climáticos polo que alguns dos seus habitantes tentaron escapar. Así, entre os poucos superviventes, algúns decidiron enviar os seus descendentes a outros planetas para salvalos. Foi, desde xeito, como un pequeno namekiano, ó que lle corría polas súas veas sangue máxico e guerreiro, foi enviado ó planeta Terra para sobrevivir. Era Piccolo, fillo de Katattsu [...]. Por ter sangue máxico, ese namekiano creou instintivamente unhas bólas parecidas ás do seu planeta. Outra vez pasaría o tempo ata comezar a historia de Dragon Ball cando unha rapaza chamada Bulma atopa no soto da súa casa unha Bóla do Dragón. Após pesquisar moito sobre a bóla, descobre a súa utilidade e pasa a percorrer o mundo atrás das outras bólas. Para facilitar a busca, Bulma inventa un radar que detecta as pequenas ondas que as Bólas do Dragón emiten. Tódolos acontecementos na serie xurdiron grazas ás bólas e ó interese inicial de Bulma en xuntalas.



Lembrade que, ademais disto, expóñense unha serie de 6 paneis sobre o concepto e a historia do manga, e tamén exhibimos un conxunto variado de exemplares manga: entre exame e exame, podédevos relaxar un pouquiño, non si?

10/3/10

Préstamo ás familias

Aproveitando unha idea que xa caviláramos o curso pasado pero que non chegaramos a poñer en práctica, a nosa Biblioteca ábrese ás familias da nosa comunidade educativa.

A partir de agora, todos os familiares dos alumnos matriculados no noso Centro poderán levar libros en préstamo da Biblioteca, sempre a través dos propios rapaces, e no mesmo réxime que eles.

Para difundir esta posibilidade, na Sala de Recepción para os pais hai desde onte un expositor con varios títulos pensados para que lles boten unha ollada no seu tempo de espera. Tamén se pode atopar un caderniño con instruccións para aproveitar este servizo que lles ofrecemos: explícase en qué consiste, cómo poden consultar por internet o noso catálogo, e inclúense tamén fichas de préstamo.

Amosámosvos agora en fotografías o caderniño e tamén a Sala de Recepción co expositor:




O Equipo de Biblioteca dá as gracias ó director do noso Centro, José Antonio Mayo, que nos informou de cómo se desenvolve esta idea no IES Poeta Añón de Outes, onde xa levan tempo con esta iniciativa. E, por suposto, mandamos unha aperta ós responsables da Biblioteca Poeta Añón, do mesmo Centro, en quen nos inspiramos para poñer en marcha este servizo.