18/5/10

II Escrita de Nanocontos (I)


Pasado mañá xoves día 20, presentaremos na nosa Biblioteca a publicación na que editamos unha escolma dos Nanocontos presentados á Recollida que organizaramos alá polo mes de novembro.

Igual que fixeramos o curso pasado, consideramos que os pequenos relatos presentados merecían ser conducidos ó prelo para que de alí saísen dispostos a propoñer a súa lectura por todos os amantes da ficción literaria, xa non breve, senón máis ben fugaz.

A tirada consta, de novo, de 100 exemplares. Repartiranse entre os autores dos Nanocontos seleccionados, algúns enviaranse a determinados entes e institucións, e os demais serán postos a disposición do público gratuitamente nalgún dos espacios comúns do Centro.

Convidámosvos a todos a acudir e escoitar as propias narracións na voz dalgúns dos seus autores

No hay comentarios: