11/5/10

Exposición: Catro cousas arredor dos libros (II)

Como anunciabamos, hoxe ás 12,10, no 2º recreo, estreamos a exposición Catro cousas arredor dos libros.

O presentador e principal organizador, Alfonso González (profesor de Xeografía e Historia, e membro do Equipo de Biblioteca), fixo unha reflexión sobre o que hai tras o libro como obxecto físico e case como un ser vivo, en tanto somos as persoas namoradas dos libros quen lles damos alma. As súas palabras remataron cun obsequio ós asistentes: un díptico explicativo e, para facer máis doce todo, unhas galletiñas.

A exposición, que durará ata o día 28 deste mes, consta duns carteis sobre o libro como obxecto e concepto, que se poden observar no espacio dispoñible na entrada da Biblioteca (mañá subirémolos a este blog). Por outra banda, durante os recreos de todos os días proxectaremos na Biblioteca unha presentación audiovisual que describe e homenaxea ó libro, e tamén un vídeo no que se amosa un proceso de encadernación.

O Equipo de Biblioteca (e especialmente Alfonso González) quere agradecer a súa asistencia a todos os que acudiron, e en particular a Mª José Barco, profesora de Economía e membro do Equipo TIC do noso centro, quen lle axudou nalgúns aspectos técnicos.

Máis nada por agora. A exposición queda aberta, e convidámosvos a visitala nos próximos quince días (nos que quizais haxa algunha sorpresiña). Quedades coas fotos do acto.


LIBRO LIBRO LIBRO LIBRO LIBRO LIBRO

1 comentario:

caritabrown dijo...

I always loved reading some books and article writing. I appreciated that you gave such informative blogs here.

Jean Crosby
Webmaster of mildgenitalwarts.net