7/5/10

Exposición: Catro cousas arredor dos libros (I)


O vindeiro martes día 11, no 2º recreo, presentaremos a exposición Catro cousas arredor dos libros. Con ela o Equipo de Biblioteca pretende tributar unha homenaxe a este obxecto tan presente e determinante nas nosas vidas, aínda que moitas veces non lle fagamos demasiado caso. Mais ó libro non lle importa: sempre estivo e sempre estará, independentemente do formato que teña adquirido no pasado ou adopte no porvir.

Xa sen tanta trascendencia, contámosvos en que consistirá a exposición:

- Presentación (como xa dixemos, o martes día 11 ás 12,10)
- Carteis temáticos sobre o mundo do libro (do día 11 ó 28 de maio, no espacio dispoñible diante da Biblioteca)
- Proxeccións audiovisuais durante os recreos da Biblioteca (tamén entre o día 11 e o 28)

Como sempre, convidámosvos a vir e mesmo participar. De que xeito? Se durante os días que dura a exposición queredes amosar algún libro curioso (por calquera concepto) que teñades na casa, benvido será. Nós coidarémolo como se fose noso (mellor aínda).


LIBRI: QVAM CARI AMICI!

1 comentario:

Leo dijo...

Un convite ben interesante. Teño curiosidade por saber que consideran curioso eles e elas!