A proxección que esta semana, nos recreos da nosa Biblioteca acompañará a nosa exposición sobre o manga amosará como debuxar un dos personaxes máis famosos dese universo: Son Goku, que se fixo un lugar no lecer de moitos nenos galegos gracias á emisión da serie anime As Bólas do Dragón pola TVG durante moitos anos.
Para quen non coñeza o argumento (máis ben o punto de partida) desta serie, velaquí vos deixamos un extracto do artigo da Galipedia sobre este tema:
Hai aproximadamente 75 millons de anos atrás, os KaioShins dese tempo deron a uns poucos namekianos o poder de crear as chamadas Bólas do Dragón (talvez por ser unha raza bastante poderosa e pacífica), sendo moi explícitos en que só as usasen en ocasións excepcionais. Mais hai centenas de anos atrás, o planeta Namek atravesou problemas climáticos polo que alguns dos seus habitantes tentaron escapar. Así, entre os poucos superviventes, algúns decidiron enviar os seus descendentes a outros planetas para salvalos. Foi, desde xeito, como un pequeno namekiano, ó que lle corría polas súas veas sangue máxico e guerreiro, foi enviado ó planeta Terra para sobrevivir. Era Piccolo, fillo de Katattsu [...]. Por ter sangue máxico, ese namekiano creou instintivamente unhas bólas parecidas ás do seu planeta. Outra vez pasaría o tempo ata comezar a historia de Dragon Ball cando unha rapaza chamada Bulma atopa no soto da súa casa unha Bóla do Dragón. Após pesquisar moito sobre a bóla, descobre a súa utilidade e pasa a percorrer o mundo atrás das outras bólas. Para facilitar a busca, Bulma inventa un radar que detecta as pequenas ondas que as Bólas do Dragón emiten. Tódolos acontecementos na serie xurdiron grazas ás bólas e ó interese inicial de Bulma en xuntalas.

Lembrade que, ademais disto, expóñense unha serie de 6 paneis sobre o concepto e a historia do manga, e tamén exhibimos un conxunto variado de exemplares manga: entre exame e exame, podédevos relaxar un pouquiño, non si?
No hay comentarios:
Publicar un comentario