22/2/11

III Escrita de Nanocontos: Relatos premiados (II)

Segunda entrega dos textos gañadores dos agasallos da recollida de Nanocontos.

Agora é a vez do 2º e 1º premios da categoría de 2º Ciclo da ESO, Bacharelato e Adultos:


1º premio
[Sen título], por Tamara Castro Candamo (2º BAC A)

Non pasará nada, dixo o pai cando puxo o motor en marcha. Non vai pasar nada, pensou a nai cando montou no coche. Non ten por que pasar nada, dixeron os nenos, que levaban o cinto posto. Non pasa nada, dixo o conductor borracho que ía en dirección contraria. Non está a pasar nada, gritaron os dous coches ao impactar. Non pasou nada, anunciaron os policías que chegaron ao lugar do sinistro. Por que chorades? -preguntoulle un asistente ao funeral a un familiar- se, á fin e ao cabo non pasou nada?

2º premio
[Sen título], por Álvaro Romero Lago (2º BAC A)

Co último sorbo de café sentín baixar polo estómago unha forza irresistible. A piques de rematar en catástrofe, corrín até atoparme coa taza máis podre do país. Sentado xa alí, placidamente, vin unha cita de Orwell. Aquilo lembroume ao dos Nanocontos eses. Pensei en facer un, pero non deses tan noxentos que falan do amor ou da guerra ou de calquera outra desgracia. Tan fétida atmósfera só podía facerme pensar na vida. Só a vida se parecía ao que había baixo a taza. Que orgulloso estaba do meu Nanoconto... Mirei aos lados e non quedaba papel.
FivetoOne

No hay comentarios: