21/12/09

Recomendacións de lectura para as vacacións de inverno

Velaquí vos deixamos as nosas recomendacións de lectura para estes días de le(ce)r. E, como non, con elas van os nosos mellores desexos para estes días (e para todos) e para o ano que está a piques de principiar (e para todos os vinderos). Por desexar, que non quede.
Aproveitamos tamén para comunicar que a entrega dos agasallos da 2ª Recollida de Nanocontos terá lugar o martes día 19 de xaneiro, se non hai nada que o impida.
Vémonos á volta!

14/12/09

Nanocontos


Como sabedes, a finais do mes pasado finalizou a recollida de Nanocontos. Durante estes días finais do trimestre o xurado, integrado por 4 profesores e unha alumna, vaise reunir para valorar os relatos presentados. Proximamente anunciaremos os destinatarios dos agasallos e tamén a data da súa entrega. Permanecede atentos ó blog!

3/12/09

Lecturas recomendadas: Departamento de Xeografía e Historia

Un novo Departamento, o de Xeografía e Historia, ven de achegarnos as súas recomendacións de lectura para os alumnos da ESO. Velaí vos van e que as disfrutedes:


Nova sinalización na Biblioteca

Estes días estamos a cambiar a sinalización da nosa Biblioteca, aproveitando que estamos a reorganizar os fondos.
En primeiro lugar, estamos a situar en lugares visibles uns posters plastificados que elaboramos para orientar ós usuarios sobre a Clasificación Decimal Universal (CDU). Enriba deles situamos unhas orientacións básicas sobre o xeito de atopar un libro, e tamén sobre o xeito adecuado de comportarse na Biblioteca.
Por outra banda, estamos a situar novos indicadores temáticos nos cantos dos andeis, que sustitúen ós que existían ata agora. Coidamos que deste xeito será máis doado bucear entre nosos libros, que son moitos.
De momento, ensinámosvos o poster da CDU, e en próximas datas amosarémosvos cómo quedaron os andeis nunha pequena reportaxe fotográfica.



SEMPER LEGENDVM!

Novidades Decembro / Novedades Diciembre (II)



O xornalista Santiago Jaureguizar gañou o Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil 2006 con esta novela na que un mozo con ansias de marchar do seu niño familiar dá un xiro á súa vida a consecuencia de dous acontecementos: a chegada de Alemania do seu avó enfermo, e o difícil amor que vivirá con Iria, unha veciña súa da aldea de Foxo




Hace años, cuando había menos medios de comunicación, se contaban historias de terror en muchas casas por la noche. Si quieres pasar miedo... es precisamente eso: una propuesta de relato de terror pensada para un público juvenil. Su protagonista, Florián, pide a sus padres que le narren un cuento de miedo, que cada vez será menos cuento y más realidad. Al darse cuenta de eso, Florián decide él mismo convertirse en escritor

2/12/09

Novidades Decembro / Novedades Diciembre (I)


Ya están aquí: Mikael Blomkvist y Lisbeth Salander viven desde ahora también en nuestra Biblioteca. Ya no hay excusa para no acercarse a la trilogía que ha puesto de actualidad una vez más la novela negra, con la creación de un personaje femenino que va mucho más allá del tópico de la mujer fatal, porque Stieg Larsson lo ha moldeado de nuevo. ¡Y de qué forma!






Este comic tamén nos pón diante unha trama detectivesca, na liña das narracións de terror góticas e os relatos de Conan Doyle: asasinatos, aparicións de pantasmas, mansións tétricas outros elementos son combinados por Fausto, Méndez & Malvar para tecer un cómic no que o misterio e a acción se combinan para tecer un relato áxil e intrigante. Quen sabe, quizais pases o teu chisquiño de medo...

30/11/09

Presentaciones en los recreos: Fernando Martín

El próximo día 3 se cumplen 20 años del accidente de tráfico que acabó con la vida del gran jugador de baloncesto Fernando Martín. Con este motivo, le dedicamos los recreos de esta semana en nuestra Biblioteca. Como siempre, aquí tenéis la presentación que hemos elaborado sobre el tema.

23/11/09

Presentacións nos recreos: Ludovico Einaudi

Hoxe luns día 23 de novembro cumpre 54 anos o pianista e compositor italiano Ludovico Einaudi, e con este motivo dedicámoslle esta semana os recreos da nosa Biblioteca, cunha presentación acompañada de música. Suxeriunos esta actividade o alumno Ángel Martínez Porrúa, de 2º de Bacharelato, así que para el vai o noso agradecemento. Oxalá outros alumnos e/ou profesores sigan o seu exemplo. Aquí vos amosamos as diapositivas:

16/11/09

Traballos Antropoloxía 2008 2009

Durante esta semana a pantalla dos recreos da nosa Biblioteca acollerán unha recopilación de traballos realizados o curso pasado por alumnos da materia de Antropoloxía de 1º de Bacharelato, impartida polo profesor Emiliano Morenza. A música de fondo pona o compositor grego Vangelis Papathanassiou co seu Love Theme, extraído da banda sonora da película Blade Runner.
Como podedes ver, as aportacións de alumnos e profesores poden servirse deste espacio como punto de divulgación do seu labor. Como sempre, agardámosvos.

9/11/09

Ramón Cabanillas

Este luns cúmprense 50 anos do pasamento dun dos máis importantes poetas do s. XX en lingua galega: Ramón Cabanillas. Con este motivo, esta semana os recreos da nosa Biblioteca réndenlle homenaxe coa presentación que tedes embaixo. A música que a acompaña corresponde á peza O bruxo da montaña, interpretada por Milladoiro.
Como sempre, convidámosvos a todos, alumnos e profesores, a vela, e tamén a traernos as vosas propostas para este espacio audiovisual.

4/11/09

Novidades Novembro / Novedades Noviembre (II)



Tedes diante de vós o primeiro manga publicado en galego: Kusatta Kyōshi no Hōteishiki, ou sexa, Bícame, profe. A autora é Kazuma Kodaka, especializada no xénero yaoi, que se caracteriza. dentro do manga e o anime, polos argumentos que implican o amor homosexual entre homes. Como todos os manga, empézase a ler polo que para nós sería a contraportada, e cada páxina lese de dereita a esquerda.




Como viene haciendo en estos últimos años, la editorial Océano publica libros instrumentales y útiles para obtener información en varios temas. En este caso, pone a nuestro alcance un diccionario de biografías, que puede servirnos para conseguir datos sobre personajes históricos y su significación para la Humanidad: escritores, científicos, políticos o artistas aparecen en este tomo, acompañado de un CD-ROM.


3/11/09

Novidades Novembro / Novedades Noviembre (I)


Por fin llegó El Capitán Alatriste, de Arturo Pérez Reverte, a nuestra Biblioteca. Aprovechando que es lectura obligatoria para 1’ de Bachillerato, hemos comprado 3 ejemplares de esta novela de intriga que se convirtió en un éxito de ventas desde el mismo momento de su publicación en 1996. Además, en 2006 fue llevada al cine por A. Díaz-Yanes.





A Filosofía é unha materia do currículo de Bacharelato que pretende afacernos a razoar e a reflexionar sobre o propio feito de razoar. Tamén serve para aprender a argumentar sobre diferentes cuestións de carácter ético e político. Este libro serve de introducción a este campo do saber humano, e mesmo fai un breve percorrido pola historia do pensamento.

A Estación Espacial Internacional

Onte, 2 de novembro, cumpríronse 9 anos desde que chegaron á Estación Espacial Internacional os seus tres primeiros tripulantes. Con motivo deste aniversario, e aproveitando ademais que 2009 é o Ano Internacional da Astronomía, durante os recreos desta semana poderemos ver na nosa Biblioteca unha presentación dixital sobre este indiscutible logro da tecnoloxía humana. Como sempre, convidámosvos a vir e dedicarlle uns minutos, que estarán acompañados da música de Lisa Gerrard.

29/10/09

2ª recollida de Nanocontos

Recuperando unha iniciativa experimentada no curso pasado, convocamos a 2ª Recollida de Nanocontos. Os alumnos deste Centro poden depositar, ata o próximo 30 de novembro, nunha caixa disposta ó efecto na Biblioteca, un relato breve de tema e idioma libres, non máis extenso de 100 palabras. Unha vez pasada a data, un xurado reunirase e valorará os Nanocontos presentados e outorgará catro agasallos, divididos en dúas categorías: 1º Ciclo da ESO por unha banda, e resto de matriculados pola outra.
Desde a Biblioteca animámosvos a que deixedes saír ese relato breve que posiblemente levedes dentro. Quen sabe? Igual vos sorprendedes a vós mesmos.
A seguir reproducimos o cartel onde se especifican as condicións para participar

:
CHAMADE ÁS MUSAS E ELAS ACUDIRANVOS
(PERO CHAMÁDEAS CUN BOLI NA MAN)


26/10/09

A Capela Sistina

O 31 de outubro de 1512 inaugurábase a Capela Sistina, unha vez que o artista Miguel Anxo Buonarotti rematou os frescos encargados polo Papa Xulio II. Dentro de tres anos esta obra mestra da arte universal cumprirá 500 anos. Na nosa Biblioteca dixemos: por que esperar cando podemos renderlle homenaxe xa mesmo? Para os que a visitaron xa, esperamos que esta presentación lles sirva para traerlles gratos recordos; para os que aínda non a viron in situ, agardamos que lles dea gañas de viaxar a Roma e contemplala.
Lembrade: todos os recreos desta semana na nosa Biblioteca.
Lembrade tamén: podedes, alumnos e profesores, traernos as vosas propostas para este espacio.

19/10/09

Arthur Rimbaud

Esta semana, durante os recreos, na nosa Biblioteca poderá verse unha proxección de diapositivas dixitais dedicada a Arthur Rimbaud, poeta francés nacido un 20 de outubro de 1854. Sonará como música de fondo Danza Macabra, co compositor Camille Saint-Saëns.
Convidámosvos a todos a vir, ver, e escoitar. Para os que non poidan (ou non queiran), velaquí tedes a presentación (iso si, sen a música).
Como sempre, lembramos que nos gustaría proxectar aportacións de alumnos e profesores: coidamos que é un bo xeito de intercambiar información e intereses culturais.

13/10/09

El Doctor Zhivago

La presentación que se puede ver durante los recreos de esta semana en nuestra Biblioteca nos informa sobre la novela El doctor Zhivago, de Boris Pasternak, de cuya publicación el pasado día 11 de octubre se cumplieron 52 anos. La música que acompaña es el famoso Tema de Lara, perteneciente a la banda sonora compuesta para Maurice Jarre para la película del mismo título, dirigida por David Lean en 1965.

7/10/09

Novidades Outubro / Novedades Octubre (II)




Xaquín Lorenzo estudiou desde moi novo a etnografía e o folklore galegos, labor ó que dedicou toda unha vida de investigación. Neste libriño analiza a evolución dos usos constructivos da vivenda en Galicia, contrastando o tipo de casa característico do rural co propio do medio urbano, destacando as relacións entre os dous.





Este libro de abundantes y vistosas ilustraciones nos introduce en la vida de un castillo de la Edad Media: su configuración, la forma de construírlos, su evolución a través de los tiempos, las comidas, las bebidas, los trabajos, el tiempo de ocio... Una forma rápida, directa y amena de trasladarse a una época en que esos edificios, muchos de ellos hoy deteriorados, estaban en perfecto estado y albergaban mucha actividad.



O historietista Hergé (chamado Georges Proper Remi, 1907-1983) non só debuxou a Tintín, que é a súa creación máis famosa. Tamén é o autor dunha serie de cómics protagonizados por dous osiños-humanos, Popol e Virxinia. Neste episodio, viven unha aventura que nos fai lembrar as películas do Oeste, ás que, segundo parece, Hergé era ben aficionado. Unha boa ocasión para coñecer outra faceta de Hergé.

Novidades Outubro / Novedades Octubre (I)



Julio César es el personaje romano más conocido y cuya fama ha llegado mucho más allá de su época. Parte de esa presencia en nuestra cultura se debe al relato que escribió de su propia conquista de la Galia (actual Francia). En este libro se hace una aproximación didáctica y amena e ese hecho: textos novelizados, pasatiempos, ilustraciones...





No derradeiro tercio do s. XIX varios persoeiros galegos comezaron a desenvolver a idea de que a Galicia lle cumpría autogobernarse para poder progresar. Empezaba entón un longo camiño, de máis dun século, que rematou no Estatuto de 1981, polo que hoxe nos rexemos, no marco da España das autonomías, Este breve manual de consulta rápida resume todo ese proceso desde o seu inicio ata o ano 2004.




Saber qué consumir y cómo hacerlo es muy importante para las personas que quieren controlar de alguna manera adónde va el dinero de sus compras. En este libro, editado por la asociación de cooperativas Hispacoop, se dan pautas para identificar productos sanos, seguros y respetuosos con el medio ambiente, además de tocar el tema de los residuos.

5/10/09

Italo Calvino

Recuperamos neste curso a iniciativa de crear ambientes culturais na nosa Biblioteca mediante a proxección de presentacións temáticas acompañadas de música suave durante os recreos.
Lembrámosvos, alumnos e profesores deste Centro, que podedes facer as vosas propostas para este espacio: unha secuencia de fotografías, presentacións de diapositivas de elaboración propia ou allea, ou algunha outra variante que se vos ocorra.
Ós visitantes do blog alleos ó IES Fontexería lembrámoslles que estes materiais son de libre emprego e están á vosa disposición se credes que lle podedes tirar algún proveito.
A desta semana versa sobre a figura de Italo Calvino, de cuxa morte se cumpriron 24 anos o pasado 19 de setembro.
Velaquí a tedes:

2/10/09

Reprinciamos

Cun chisco de retraso, pero aquí estamos de novo. Arrancamos o novo curso 2009-2010 con máis dificultades que o anterior, xa que o Equipo de Biblioteca dispón de menos tempo no seu horario para dedicarlle, e tamén somos un menos. En canto a recursos, sabemos oficiosamente que nos foi renovada a inclusión no programa PLAMBE da Consellería de Educación, o cal nos aleda e nos anima a continuar co traballo iniciado o curso anterior.
E serán necesarias gañas e ilusión, xa que temos bastante labor por diante. Como veredes nas fotografías incluídas máis abaixo, o espacio da nosa Biblioteca viuse ampliado uns 30 m2 gracias ó derrubo dunha parede medianeira. Ese novo "hábitat" destinarémolo a depósito de fondos de uso menos frecuente, e deixaremos na sala de lectura aqueles libros e outros materiais de emprego máis cotián. Velaquí as fotos:



Por outra banda, vimos de poñer a disposición dos usuarios un monitor de TV con reproductor DVD integrado. Así, mediante o uso de auriculares, poderanse consultar en sala os fondos audiovisuais de que dispoñemos, e que cada vez medran máis. Este é o aparello:


Polo de agora, pouco máis. Só podemos anunciar que temos a intención de continuar coa serie de actividades que puxemos en marcha o ano anterior, como as lecturas nos recreos, concursos de relato breve e de busca de "tesouros", exposicións temáticas, proxeccións nos recreos... E todo o que se nos ocorra; e, sobre todo, temos ganas de que vós, usuarios da Biblioteca, alumnos e profesores deste Centro, nos propoñades ideas e colaboredes na súa organización.

QUE TODOS TEÑAMOS UN FELIZ E LECTOR CURSO

22/6/09

I Escrita de Nanocontos

O Equipo de Biblioteca do noso Centro está moi ledo, pois ven de saír do prelo a publicación que preparamos cunha escolma dos relatos presentados ó I Concurso de Nanocontos, que foi convocado no primeiro trimestre deste curso que agora remata.


Se lembrades ben, ocorrérasenos definir o nanoconto como aquel relato de tema e idioma libre que constase como máximo de 100 palabras. Logo da fin do concurso, consideramos que debiamos publicar algúns dos relatos presentados co obxecto de darlles publicidade e así animar á nosa Comunidade Educativa a camiñar polas vías da lectura e da creación literaria. A maquetación correu a cargo de Alfonso Blanco, coordinador do Equipo de Biblioteca, mentres que os debuxos da cuberta e a marca de auga foron creados por Alfonso González.


Estes días estanse a repartir os exemplares entre os autores representados na publicación, e tamén entre todos os que participaron activamente nas actividades programadas pola Biblioteca ó longo deste curso. Aqueles ós que non poidamos localizar no Centro nestas datas por teren rematado xa os seus estudios, enviarémoslles o caderno por correo.


Para todos os demais, queda aquí publicado en formato dixital:




Lecturas en Vivo: Gústame ler (IV)

Como xa avanzaramos, ó termo da actividade do pasado xoves, dúas rapazas, Sheila e Samantha, de 2º ESO, solicitaron prolongar a actividade Gústame ler lenda elas cadanseu fragmento literario o venres. E así foi: Samantha achegounos á novela Calvina, de Carlo Frabetti, mentres Sheila puxo a súa voz a un anaco de No corazón do bosque, de Agustín Fernández Paz.
Un día máis, e xa é o derradeiro por este curso, velaquí as fotografías:


A pesar de que a asistencia de público os dous últimos días da actividade non foi moi abondosa, o Equipo de Biblioteca está satisfeito, sobre todo por ter dado curso a peticións de rapaces que se sinten vencellados á actividade lectora e a fan parte da súa vida cotiá.

Gracias de verdade a todos os participantes e asistentes.

LER SEN CANDO, COMO NIN POR QUE

18/6/09

Lecturas en Vivo: Gústame ler (III)

Hoy continuó, por tercer día consecutivo, la actividad Gústame ler en nuestra Biblioteca. En esta ocasión, Sara Beiro, de 4º ESO, leyó un fragmento de Alicia en el País de las Maravillas, de Lewis Carroll, acompañada en la pantalla por una presentación elaborada por ella misma. De nuevo os acercamos las fotos a continuación:




El Equipo de Biblioteca está muy contento, porque al final de la sesión de hoy dos alumnas manifestaron su intención de leer mañana viernes algunos fragmentos de novelas que han leído últimamente y les han gustado. Por supuesto, su petición fue atendida, y os esperamos mañana a todos en el segundo recreo, de 12,10 a 12, 30. Además, habrá alguna sorpresa... de la que no vamos a adelantar nada de nada.

17/6/09

Lecturas en Vivo: Gústame ler (II)

Hoxe tivo lugar a segunda das lecturas públicas que forman parte da actividade Gústame ler, posta en marcha pola nosa Biblioteca.
Debido a un exame, Carlos, o encargado de ler o fragmento de La historia interminable, de Michael Ende, non puido acudir, pero foi moi ben sustituído por Victoria, de 2º ESO.
Pola súa parte, Tamara liu con emoción o seu anaquiño de Crepúsculo, de Stephenie Meyer. Coma sempre, aquí tedes algunhas fotos do acto:




E tamén podedes vela neste enlace:
Tamara le na Biblioteca do IES Fontexería

Mañá xoves Sara hanos ler un fragmento de Alicia en el País de las Maravillas, de Lewis Carroll

16/6/09

Lecturas en Vivo: Gústame ler (I)

Hoxe, como estaba anunciado, tivo lugar no segundo recreo a primeira das lecturas que varios rapaces farán esta semana na nosa Biblioteca. Alicia, Abraham, Melania e Martín, de 1º ESO, compartiron a lectura dun fragmento de ¡Cómo molo!, pertencente á serie de Manolito Gafotas, de Elvira Lindo. Todos os que asistimos botamos máis dunha risa. Velaquí unhas fotos do evento:


Gracias ós asistentes, e lembrámosvos a todos que mañá os libros protagonistas serán La historia interminable, de Michael Ende, e Crepúsculo, de Stephenie Meyer, a cargo de... Non, mellor saberédelo mañá cando veñades.

15/6/09

Presentacións nos recreos: Ron Mueck

Esta semana, durante os recreos nos que non está programada a actividade Gústame ler, poderase observar unha presentación sobre o escultor australiano Ron Mueck, un dos máis sobranceiros representantes do movemento hiperrealista. A peza musical que se poderá escoitar será Agnes, Queen Of Sorrow, do cantautor estadounidense Will Oldham, tamén coñecido como Bonnie "Prince" Billy.

Velaquí tedes a presentación:


11/6/09

Lecturas en Vivo: Gústame ler


A vindeira semana clausuramos por este curso a serie de Lecturas en Vivo cunha actividade na que varios rapaces lerán fragmentos de libros dos que disfrutan especialmente. Será os vindeiros martes 16, mércores 17 e xoves 19; e, como é habitual, nos segundos recreos. Por suposto, estades todos convidados.

8/6/09

Presentacións nos recreos: Charles Dickens

Durante esta semana nos recreos da nosa Biblioteca botaremos unha ollada á figura do gran narrador inglés Charles Dickens, quen morreu un 9 de xuño de 1870. A habitual presentación de diapositivas irá acompañada da peza musical Consider Yourself, extraída da banda sonora da película Oliver!, dirixida por Carol Reed en 1968, a cargo do músico Lionel Bart.

Velaquí tedes a presentación:

4/6/09

Xornadas de Astronomía - Crónica

Tal e como anunciaramos, durante esta semana a nosa Biblioteca, por iniciativa de Ángeles Ramos, do Departamento de Física e Química, sumouse ás conmemoracións do Ano Internacional da Astronomía cunha exposición de material e tamén con proxeccións durante os recreos.


Os usuarios da Biblioteca puideron ver e manipular unha serie de obxectos alusivos ó tema que se expuxeron nunha mesa preto da entrada: un telescopio (aportado polo tamén profesor do Departamento de Física e Química José Manuel Chenlo, a quen aproveitamos para agradecer o xesto), varios libros ilustrados sobre temas vinculados á investigación do Universo (o big bang, os furados negros, a posibilidade da existencia de vida extraterrestre...), e un conxunto de mapas-guía de observación do ceo nocturno. Tamén se pegou no chan, protexido cun plástico, un plano da nosa galaxia, a Vía Láctea


Ademais, durante os recreos proxectáronse dúas presentacións, tituladas Sol de medianoche (na que se explica por qué nos polos o sol non se pón en determinadas épocas do ano) e Viaje con la NASA (coa que nos facemos conscientes do que significan as palabras "macrocosmos" e "microcosmos"). Tamén se exhibiron algúns fragmentos escollidos da famosa serie documental Cosmos, de Carl Sagan.

Velaquí algunhas fotografías:












A todos os que acudistes a estas actividades, moitas gracias. E lembrade que o Universo ha estar ahí para observalo durante este Ano Internacional da Astronomía e algún que outro eón máis.

Por certo, a web do Ano Internacional da Astronomía en España é http://astronomia2009.es. Nela pódense atopar noticias e material abondoso para achegarse a este fascinante tema.