Estes días estamos a cambiar a sinalización da nosa Biblioteca, aproveitando que estamos a reorganizar os fondos.
En primeiro lugar, estamos a situar en lugares visibles uns posters plastificados que elaboramos para orientar ós usuarios sobre a Clasificación Decimal Universal (CDU). Enriba deles situamos unhas orientacións básicas sobre o xeito de atopar un libro, e tamén sobre o xeito adecuado de comportarse na Biblioteca.
Por outra banda, estamos a situar novos indicadores temáticos nos cantos dos andeis, que sustitúen ós que existían ata agora. Coidamos que deste xeito será máis doado bucear entre nosos libros, que son moitos.
De momento, ensinámosvos o poster da CDU, e en próximas datas amosarémosvos cómo quedaron os andeis nunha pequena reportaxe fotográfica.

SEMPER LEGENDVM!
1 comentario:
Encántame o póster. Supoño que vos quedaría unha sinalización moi clara e atractiva. Estou desexando ver esas fotos dos andeis
Saúdos desde a Biblioteca do CEIP de Pazos.
Publicar un comentario