6/2/18

Entrega de agasallos da 10ª Recollida de Nanocontos (decepción)


Como anunciabamos hai pouco, hoxe procedemos á entrega de agasallos ós participantes na 10ª Recollida de Nanocontos (relatos breves, de menos de 100 palabras), un concurso que cada ano organiza a nosa Biblioteca.

Cando pechou o prazo de entrega, a finais do mes de novembro, o Equipo de Biblioteca comprobou, con decepción, que o número de participantes era moi, moi escaso: un só en todo 1º e 2º da ESO, e unicamente catro entre o resto do alumnado.

Diante deste panorama tan pouco ilusionante, pareceunos lóxico declarar deserto o concurso, pero entregar un agasallo a cada unha das persoas que concorreu ó certame, en agradecemento á súa participación.

Pero o desencanto chegou a máis cando comprobamos que hoxe, á hora establecida e anunciada, só apareceu unha alumna concursante, Marta León, xunto con algúns dos seus amigos. Procedemos a entregarlle o correspondente agasallo e pechamos o deslucido acto.

O Equipo de Biblioteca comunica que, dada a minguante resposta que ven recibindo nos últimos anos esta iniciativa, que vimos levando adiante con ilusión dende hai xa 10 cursos, estamos valorando seriamente non convocala máis.

Seguimos estando, iso si, por completo dispoñibles para o servizo.

No hay comentarios: