9/2/17

Entrega de agasallos da IX Recollida de Nanocontos


Houbo que cambiar a data un par de veces, pero, á fin, entregamos os agasallos do concurso de relato breve: os nosos nanocontos.


As gañadoras foron todas mulleres: Laura González Trillo (1º premio na categoría A) e María Brea Formoso (2º premio), de 1º ESO; e Nuria Caamaño Barreiros (1º premio na categoría B), de 2º BAC, e Antía Formoso Ventura (2º premio), de 4º ESO.


O Equipo de Biblioteca quere expresar o seu agradecemento a todos os participantes no concurso e asistentes ó acto de entrega de agallos.

A vindeira semana publicaremos neste blog os relatos premiados. De momento, deixamos aquí un pequeno video no que se recolle o acto de hoxe.



2 comentarios:

Xose Cabido dijo...

Parabéns a todas as persoas participantes e ás premiadas!
E ao profesorado que organiza e motiva ao alumnado para participar nesta longa tradición literaria do Fontexería
Pepe cabido

Biblioteca IES Fontexería dijo...

Moi agradecidos polas túas palabras, Pepe