26/10/16

Formación de usuarios (I)

Onte levamos a cabo na nosa Biblioteca a primeira actividade deste curso orientada á formación de usuarios.

O alumnado de 1º ESO A recibiu información sobre o xeito como está organizada a Biblioteca, a maneira correcta de comportarse nela, e o sistema de préstamo. Despois da explicación inicial, levamos a cabo un pequeno exercicio de busca de títulos nos andeis.

Dirixiron a actividade os profesores Ramón X. Beltrán Carballeira (titor de 1º ESO A e membro do Equipo de Biblioteca) e Alfonso Blanco Quintela (Coordinador do Equipo de Biblioteca).

Aquí vos deixamos un arquivo que recolle algunhas das fotografías que tiramos durante a experiencia (que proximamente repetiremos cos rapaces de 1º ESO B).


No hay comentarios: