21/2/13

Recursos TIC na Aula Virtual do noso Centro


Entre outros materiais, podemos entrar nun curso que nos ensina a facer buscas eficientes na rede. Sen dúbida, este é un dos principais problemas ós que nos enfrontamos cando navegamos polo ciberespacio. Tanto alumnos como profesores debemos coñecer ben este mecanismo de busca de información: os primeiros para seguir un proceso correcto de aprendizaxe, e os segundos para observar ese mesmo proceso e corrixilo cando sexa necesario.

Por iso incorporaremos eses cursos da Aula Virtual á nosa lista permanente de enlaces (á dereita da nosa páxina), e felicitamos ós nosos compañeiros por esa iniciativa.

No hay comentarios: