A extinción das especies é unha das principais preocupacións do movemento ecoloxista mundial. O Departamento de Bioloxía achéganos esta proposta para tomar conciencia do feito. Robert Barbault demostra como a asociación colaborativa dos diversos seres vivos é o mellor xeito de garantir a continuidade da vida no noso planeta.

O Cantar de Roldán é o poema épico máis antigo conservado en lingua romance, neste caso en francés antigo. Conta a batalla de Roncesvalles (778), na que presumiblemente se enfrontaron varias tribos de vascóns á retagarda do rei dos francos Carlomagno. As fazañas con fondo relixioso do conde Roldán fixéronse moi famosas en toda Europa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario