Esta semana, durante os recreos da nosa Biblioteca, proxectaremos a escolma de 20 Nanocontos seleccionados para a edición do caderno que presentamos a semana pasada. Inclúense tamén algunhas fotografías do acto.
Benvidos ó noso blog. É un espazo aberto para compartir o pracer da lectura e o amor pola cultura en xeral. -///- Bienvenidos a nuestro blog. Es un espacio abierto para compartir el placer de la lectura y el amor por la cultura en general -///- Welcome to our blog. It is an open space for those who want to share their pleasure in reading and their love for culture -///- Bienvenus à notre blog. C’est un espace ouvert pour partager le plaisir de la lecture et de l'amour par la culture en général
15/11/12
14/11/12
Presentación do caderno coa IV Recollida de Nanocontos (II)
Onte, como estaba anunciado, presentamos na nosa Biblioteca, no 2º recreo, o caderno no que recollemos 20 dos relatos presentados á IV Recollida de Nanocontos, celebrada durante o curso 2011-2012.
Durante o acto, algúns dos autores leron de viva voz os seus Nanocontos, e todos os asistentes foron agasallados cun exemplar do caderno. A portada do mesmo foi deseñada por Alfonso González, profesor do Departamento de Xeografía e Historia, a quen lle agradecemos a súa colaboración.
Graciñas ás (poucas) persoas que asistiron, e lembramos que o certame deste ano está xa convocado: os concursantes teñen ata o día 30 deste mes para depositar os seus Nanocontos nas urnas que están na Biblioteca.
Aquí vos deixamos cinco fotografías do acto.
![]() |
Presentación Caderno Nanocontos 2012 (13-11-12) |
9/11/12
Presentación do caderno coa IV Recollida de Nanocontos
O vindeiro martes día 13 (non somos supersticiosos) presentaremos na nosa Biblioteca, durante o 2º recreo (12,10-12,30) un caderno no que recollemos 20 dos Nanocontos presentados á convocatoria do curso pasado. Quedades todos convidados
5/11/12
Libro del Mes (Noviembre)
La cuarta novela de Eduardo Mendoza es el relato de un trepador social: Onofre Bouvila es un joven que, partiendo de orígenes humildes, llegará a convertirse en uno de los hombres más ricos de Cataluña y de toda España. De fondo, la evolución, a veces mágica, de la ciudad de Barcelona entre 1888 y 1929. Una novela para degustar.
Novidades Novembro (I) / Novedades Noviembre (I)
A extinción das especies é unha das principais preocupacións do movemento ecoloxista mundial. O Departamento de Bioloxía achéganos esta proposta para tomar conciencia do feito. Robert Barbault demostra como a asociación colaborativa dos diversos seres vivos é o mellor xeito de garantir a continuidade da vida no noso planeta.

O Cantar de Roldán é o poema épico máis antigo conservado en lingua romance, neste caso en francés antigo. Conta a batalla de Roncesvalles (778), na que presumiblemente se enfrontaron varias tribos de vascóns á retagarda do rei dos francos Carlomagno. As fazañas con fondo relixioso do conde Roldán fixéronse moi famosas en toda Europa.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)