6/4/11

Novo blog no Centro: HistoriaFontexeria


Desde o blog da Biblioteca queremos dar a benvida a un novo blog elaborado desde o noso Centro. Trátase de HistoriaFontexeria, posto en marcha por Juan Tanamo (o autor agóchase subrepticiamente baixo este alias), e no que se irá dando unha panorámica da Historia Contemporánea de España, sempre cun chisco de mala uva humorística, ó galaico modo.

Na Biblioteca xa nos fixemos seguidores de Juan Tanamo e as súa visionaria forma de ver a Historia diso que antigamente se chamaba a pel de touro. E cremos que vós tamén deberiades facelo. O enlace quedará incorporado na lista da columna á dereita da páxina.

No hay comentarios: