25/1/11

III Escrita de Nanocontos: Entrega de agasallos


Ben, xa vai rematar a espera.

Podemos anunciar que a vindeira semana, o martes día 1, no segundo recreo, na nosa Biblioteca celebraremos o acto de entrega de agasallos para os autores dos Nanocontos que, a xuízo do xurado, máis o mereceron.

Lembramos que os premios consisten en senllos Mp4s para os primeiros de cada categoría, e tamén senllos libros ilustrados para os segundos.

Estades todos, como sempre, convidados


1 comentario:

Wind of the North dijo...

Vexo, que a páxina segue moi actualizada e que cada ano que pasa os alumnos e alumnas, mozos e mozas se animan máis a participar, nesa iniciativa, fantástica que é a dos Nanocontos. Cada ano mellores, máis ocurrentes. O pedaciño da imaxinación de cada alumno/a ao noso servicio e disfrute. Alégrame ver que seguimos participando, e sobre todo gústame e sácame un sorriso saber que a biblioteca do Fontexería continúa a traballar duro. Un saúdo moi forte e unha aperta dun ex-alumno, ex-participante e aínda "escritor" aficionado. Gracias por todo.