29/11/10

My Colour Book: entrega de agasallos


O vindeiro mércores 1 de decembro a nosa Biblioteca acollerá a entrega de agasallos da actividade My Colour Book, realizada no Proxecto Interdisciplinar de 1º da ESO, a iniciativa do Departamento de Inglés.

O traballo que fixeron os alumnos consistíu na elaboración dun pequeno caderno baseado nas cores: cada rapaz debía centrarse nunha cor e reunir imaxes ou facer debuxos nos que dominase a cor elixida, engadíndolle unha frase en inglés. Así, os resultados foron My Black Book, My Brown Book, My Blue Book, My Violet Book, etc.

O xurado tívoo moi complicado para elixir catro gañadores, e dentro de dous días os premiados recibirán o seu agasallo.

Por suposto, estades todos convidados a vir.

Proximamente, neste blog, a crónica do acto.

No hay comentarios: