28/4/09

Proxeccións nos recreos: Bibliotecas do Mundo

O Equipo da nosa Biblioteca ven de elaborar a presentación que se poderá ver nos recreos durante esta semana. Consiste nunha visión de certas Bibliotecas, antigas e modernas, que existen no planeta e que comparten todas elas un mesmo obxectivo: ser depósito e fonte de información e lecer para toda a Humanidade. A música que, como decote, acompaña ás diapositivas e o movemento "Xúpiter" da suite orquestral Os Planetas, de Gustav Holst.
Como sempre, convidámosvos a que pasedes pola Biblioteca. Un saúdo a todos e aquí tedes a presentación. Agardamos que vos guste:

3 comentarios:

Libraco dijo...

No noso blog tedes(aínda sabendo que probablemente algún dos mencionados xa teña o galardón)o agasallo de Blog Maneiro, con agradecemento para aqueles que van marcando camiño e tamén para os que están na 'batalla'.

Biblioteca IES Fontexería (Muros) dijo...

Moitísimas gracias. Procedemos a seguir as instruccións do agasallo. Parécenos unha estupenda maneira de comunicármonos solidariedade todos os que estamos na "batalla", como ben dis, das Bibliotecas Escolares

Biblioteca do IES Pintor Colmeiro dijo...

Tedes dous agasallos en Silleda.
Un saúdo.