11/12/17

Recomendacións para as vacacións de inverno (2017-18)

Durante estes días finais do trimestre, proxectaremos na Biblioteca, durante os recreos, unha presentación que recolle as nosas recomendacións de lectura para estes vindeiros días de lecer. Como cada ano, están distribuídos por niveles académicos e sectores da nosa comunidade educativa.

Os títulos seleccionados estarán tamén expostos nunha mesa destacada.

Aproveitamos para desexarvos uns felices días de descanso e unha boa entrada no ano que estamos a piques de estrear.



5/12/17

O IES Fontexería, representado nas VIII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia

Como anunciabamos nunha entrada anterior, o proxecto Atrevéndonos a valorar o valioso foi seleccionado para a súa exposición nas VIII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia.



A Asesoría de Bibliotecas Escolares, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, organiza cada ano este foro, coa intención de que os participantes coñezan e compartan diferentes experiencias educativas realizadas nos centros de ensino arredor da Biblioteca ou dos seus recursos.

Esta actividade está recollida dentro do Plan Anual de Formación do Profesorado, e habitualmente outorga e recoñece unha formación equivalente a entre 10 e 12 horas lectivas. Desde o Equipo de Biblioteca recomendamos ter en conta esta oportunidade que cada ano se dá dentro da oferta de cursos de formación, xa que, trabállese ou non na Biblioteca, se entra en contacto con diversos xeitos de enfocar o labor docente que poden resultar ben interesantes.



Este ano, as ditas xornadas celebráronse a fin de semana pasada, na tarde do venres e durante todo o día do sábado. Normalmente, constan dunha poñencia marco que abre cada sesión (a da tarde do venres, a da mañá do sábado e a da tarde do sábado), e logo hai varias mesas simultáneas nas que se comunican as experiencias educativas seleccionadas. Nunha delas tomou parte o noso compañeiro Xosé Cabido para explicar, xunto coas outras dúas profesoras responsables do proxecto, para explicar como se levou a cabo Atrevéndonos a valorar o valioso. Cómpre indicar que a asistencia foi ben cumprida.



Hai máis información, sobre estas xornadas e sobre o traballo que se fai en Galicia nas bibliotecas escolares, no blog da Asesoría, onde tamén, proximamente, estarán dispoñibles os materiais das poñencias e comunicacións:


1/12/17

Novidades Decembro (II) / Novedades Diciembre (II)

LIBRO DO MES

Cosimo é un rapaz que decide pasar a súa vida subido ás árbores logo dunha discusión co seu pai. Pouco despois coñecerá a Viola, unha rapaza da que se namora e coa que manterá unha relación marcada pola paixón, pero tamén polos celos. Merece de sobra ser Libro do Mes.


Terry Pratchett es un conocido autor de literatura fantástica. En esta novela nos lleva a un mundo plano, sostenido por cuatro elefantes, con todo tipo de personajes: magos, hechiceros, dragones, espadas mágicas, la Muerte… Un derroche de imaginación.


Novidades Decembro (I) / Novedades Diciembre (I)

 

Bieito Dubidoso, un prestidixitador, e a súa compañeira Destreza andan polo mundo amosando as súas habilidades, que son as dun mago, non as dun feiticeiro. Bieito asume como misión vital loitar contra as supersticións e contra un inimigo poderoso: o bispo Xoán de Tui.



La colección “Ciudades en el tiempo” viaja al pasado sirviéndose de cuidadas ilustraciones y textos breves pero llenos de información. En los tres libros que presentamos aquí, podremos ver cómo eran, y cómo evolucionaron, las ciudades de Pompeya, Londres y Nueva York.


28/11/17

A Táboa Periódica dos Elementos en imaxes e palabras

A piques de rematar este mes de novembro, deixamos aquí unha contribución da nosa Biblioteca á divulgación científica.

Recollendo unha idea que leva xa algúns anos circulando pola rede, ocorréusenos elaborar unha Táboa Periódica dos Elementos que, a través de imaxes e palabras, informe da presenza dos elementos químicos na nosa vida cotiá.

Aquí a deixamos, para que dispoña dela libremente quen así o desexe (aconsellamos descargar o arquivo pdf, que ten a resolución axeitada para que a impresión en papel, e ademais contén os créditos das imaxes empregadas).



21/11/17

Un traballo elaborado na nosa Biblioteca nas VIII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia

Os vindeiros 2 e 3 de decembro celébranse en Santiago de Compostela as VIII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia.

Durante eses dous días, os asistentes entran en contacto con docentes relacionados co traballo de Bibliotecas de toda Galicia para compartir experiencias.

Nesta ocasión foi seleccionado para ser exposto o proxecto "Atrevéndonos a valorar o valioso", levado a cabo, nunha modalidade interdisciplinar e intercentros, no noso IES e máis nos CEIPs Pepe de Xan Baña (Santa Comba) e Felipe de Castro (Noia).



A parte do noso centro foi coordinada polo profesor Xosé Cabido Pérez, dentro da materia de Valores Éticos de 3º ESO.

Durante a elaboración do traballo empregáronse os recursos da Biblioteca do Centro, e o resultado materializouse en varios videos e un libro-compilación de todos os labores realizados. Tamén levaron adiante, a xeito de diario de travesía, un blog, do que deixamos aquí a ligazón.

Desde o Equipo de Biblioteca queremos facer chegar os nosos parabéns ó profesorado e alumnado implicados, e aproveitamos para lembrar que esta é a segunda vez que un proxecto levado a cabo no ámbito da Biblioteca do Centro é seleccionado para a súa exposición pública no ámbito das Bibliotecas Escolares, logo de que no ano 2011 fósemos ós Encontros de Bibliotecas Escolares a falar dunha exposición temática que, en colaboración co alumnado, fixeramos sobre o mundo do manga.

13/11/17

Proxeccións nos recreos: Libros, libros, libros

Durante esta vindeira quincena, nos recreos da nosa Biblioteca, proxectaremos a presentación Libros, libros, libros, que recolle unha serie de viñetas arredor do mundo do libro e da lectura, e que foi elaborada por Ramón X. Beltrán Carballeira, membro do Equipo de Biblioteca.

Aquí a deixamos: