Como anunciabamos nunha entrada anterior, o proxecto Atrevéndonos a valorar o valioso foi seleccionado para a súa exposición nas VIII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia.
A Asesoría de Bibliotecas Escolares, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, organiza cada ano este foro, coa intención de que os participantes coñezan e compartan diferentes experiencias educativas realizadas nos centros de ensino arredor da Biblioteca ou dos seus recursos.
Esta actividade está recollida dentro do Plan Anual de Formación do Profesorado, e habitualmente outorga e recoñece unha formación equivalente a entre 10 e 12 horas lectivas. Desde o Equipo de Biblioteca recomendamos ter en conta esta oportunidade que cada ano se dá dentro da oferta de cursos de formación, xa que, trabállese ou non na Biblioteca, se entra en contacto con diversos xeitos de enfocar o labor docente que poden resultar ben interesantes.
Este ano, as ditas xornadas celebráronse a fin de semana pasada, na tarde do venres e durante todo o día do sábado. Normalmente, constan dunha poñencia marco que abre cada sesión (a da tarde do venres, a da mañá do sábado e a da tarde do sábado), e logo hai varias mesas simultáneas nas que se comunican as experiencias educativas seleccionadas. Nunha delas tomou parte o noso compañeiro Xosé Cabido para explicar, xunto coas
outras dúas profesoras responsables do proxecto, para explicar como se
levou a cabo Atrevéndonos a valorar o valioso. Cómpre indicar que a asistencia foi ben cumprida.
Hai máis información, sobre estas xornadas e sobre o traballo que se fai en Galicia nas bibliotecas escolares, no blog da Asesoría, onde tamén, proximamente, estarán dispoñibles os materiais das poñencias e comunicacións:
No hay comentarios:
Publicar un comentario