9/11/11

Presentacións nos recreos: Nanocontos e fotos

Aquí vos deixamos a presentación que veremos durante estes días nos recreos da nosa Biblioteca. Nela recóllense os relatos publicados no caderno que vimos de editar cunha escolma dos Nanocontos presentados ó concurso do ano pasado. Incluímos tamén as fotos do acto de presentación do devandito caderno.

Proxección nanocontos 2010 11a
View more presentations from fontexeriabib


O concurso deste ano está en marcha. Participade!

As bases están publicadas neste blog e tamén en abondosos anuncios nos espazos comúns do centro

3/11/11

Fotografías da presentación do caderno "3ª Escrita de Nanocontos"

Como se anunciou neste blog, o pasado xoves día 27 celebramos na Biblioteca a presentación do caderno 3ª Escrita de Nanocontos, no que recollemos unha escolma dos relatos breves que se presentaron ó certame do curso pasado.

Velaquí tedes as fotografías do acto. Aproveitamos para agradecer a asistencia todos os alumnos e profesores que nos acompañaron.

E lembrade, rapaces:

XA ESTÁ CONVOCADO O CONCURSO DESTE ANO. TEDES ATA O 30 DESTE MES DE NOVEMBRO. AS BASES ESTÁN NESTE BLOG, E MÁIS EN CARTEIS EN VARIOS LUGARES DO CENTRO

Presentación caderno Nanocontos 2011

2/11/11

Novidades Novembro (II) / Novedades Noviembre (II)




Agustín Fernández Paz
, exitoso escritor de narrativa xuvenil, publicou en 1993 un conxunto de cinco relatos breves cun denominador común: o protagonismo dunha rapaza. Case 15 anos despois, o autor revisou estes contos, modificándoos levemente, e engadindo un máis. Extraterrestres, fantasmas e pedras misteriosas poboan este libro.








Desde hace ya bastantes años, noviembre es un mes que se asocia al mundo del miedo. La literatura ha tratado desde siempre con mucha amplitud este tema, y en el libro que os presentamos se recogen 21 relatos cortos llenos de motivos para temblar, y no de frío: Dickens, Bécquer, Stevenson y Allan Poe, entre otros, desfilan por él.

Novidades Novembro (I) / Novedades Noviembre (I)



El título de este libro incita a hablar, y precisamente de algo de lo que no siempre se habla con naturalidad. Sin embargo, el sexo es algo totalmente natural, a lo que los seres humanos despertamos plenamente en la adolescencia, y para lo que necesitamos buena información, tanto fisiológica como emocional.










Como xa temos dito máis veces, as traducións das grandes obras da literatura universal serven para normalizar, e mesmo dignificar, o emprego dunha lingua. Desde 1972 contamos coa versión en galego de O principiño, traducida por Carlos Casares, e presentada nunha nova edición

26/10/11

Presentación do caderno "3ª Escrita de Nanocontos"


Mañá xoves día 27, no 2º recreo, faremos a presentación do caderno no que recollemos 20 dos Nanocontos presentados ó certame que convocamos o curso pasado. Quedades todos convidados.

Con isto pretendemos dar difusión á creatividade dalgúns dos rapaces do noso Centro.

A imaxe da cuberta é unha realización do noso compañeiro Alfonso González Asenjo, do Departamento de Xeografía e Historia.

21/10/11

En Garda: Lectura


Desde a Biblioteca facemos unha proposta ó profesorado para empregar aquelas gardas que, por xurdir de xeito imprevisto, non contan con traballo planificado para os rapaces.

Para eses casos, propoñemos que se leven ás aulas unhas mochilas que conteñen libros seleccionados polo Equipo de Biblioteca. Eses libros ofreceranse como lectura para esa hora, coa posibilidade de que os alumnos deixen marcado o punto onde quedaron, para así poder continuar a lectura nunha próxima garda. O contido das mochilas poderá ser revisado a suxerencia, tanto de alumnos como de profesores.

Cando un rapaz remate un libro, poderá cubrir unha breve ficha na que, entre outras cousas, deixará escrita a súa opinión sobre el para futuros lectores.

Agardamos, con esta iniciativa, contribuír ó fomento da lectura entre o noso alumnado.

17/10/11

Presentacións nos recreos: Algunhas cousas sobre Astronomía

Esta semana, durante os recreos da nosa Biblioteca, poderemos ver a presentación Un pouco de Astronomía.

Nela poderemos admirar algunhas das máis impresionantes imaxes captadas polo telescopio espacial Hubble.

Tamén aprenderemos algúns datos sobre o Sistema Solar e, sobre todo, seremos conscientes das inmensas proporcións do Universo.

E de fondo escoitaremos o tema Turn! Turn! Turn! (To Everything There Is A Season), de The Byrds

Aquí a deixamos, por se vos interesa: