11/12/17

Recomendacións para as vacacións de inverno (2017-18)

Durante estes días finais do trimestre, proxectaremos na Biblioteca, durante os recreos, unha presentación que recolle as nosas recomendacións de lectura para estes vindeiros días de lecer. Como cada ano, están distribuídos por niveles académicos e sectores da nosa comunidade educativa.

Os títulos seleccionados estarán tamén expostos nunha mesa destacada.

Aproveitamos para desexarvos uns felices días de descanso e unha boa entrada no ano que estamos a piques de estrear.



5/12/17

O IES Fontexería, representado nas VIII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia

Como anunciabamos nunha entrada anterior, o proxecto Atrevéndonos a valorar o valioso foi seleccionado para a súa exposición nas VIII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia.



A Asesoría de Bibliotecas Escolares, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, organiza cada ano este foro, coa intención de que os participantes coñezan e compartan diferentes experiencias educativas realizadas nos centros de ensino arredor da Biblioteca ou dos seus recursos.

Esta actividade está recollida dentro do Plan Anual de Formación do Profesorado, e habitualmente outorga e recoñece unha formación equivalente a entre 10 e 12 horas lectivas. Desde o Equipo de Biblioteca recomendamos ter en conta esta oportunidade que cada ano se dá dentro da oferta de cursos de formación, xa que, trabállese ou non na Biblioteca, se entra en contacto con diversos xeitos de enfocar o labor docente que poden resultar ben interesantes.



Este ano, as ditas xornadas celebráronse a fin de semana pasada, na tarde do venres e durante todo o día do sábado. Normalmente, constan dunha poñencia marco que abre cada sesión (a da tarde do venres, a da mañá do sábado e a da tarde do sábado), e logo hai varias mesas simultáneas nas que se comunican as experiencias educativas seleccionadas. Nunha delas tomou parte o noso compañeiro Xosé Cabido para explicar, xunto coas outras dúas profesoras responsables do proxecto, para explicar como se levou a cabo Atrevéndonos a valorar o valioso. Cómpre indicar que a asistencia foi ben cumprida.



Hai máis información, sobre estas xornadas e sobre o traballo que se fai en Galicia nas bibliotecas escolares, no blog da Asesoría, onde tamén, proximamente, estarán dispoñibles os materiais das poñencias e comunicacións:


1/12/17

Novidades Decembro (II) / Novedades Diciembre (II)

LIBRO DO MES

Cosimo é un rapaz que decide pasar a súa vida subido ás árbores logo dunha discusión co seu pai. Pouco despois coñecerá a Viola, unha rapaza da que se namora e coa que manterá unha relación marcada pola paixón, pero tamén polos celos. Merece de sobra ser Libro do Mes.


Terry Pratchett es un conocido autor de literatura fantástica. En esta novela nos lleva a un mundo plano, sostenido por cuatro elefantes, con todo tipo de personajes: magos, hechiceros, dragones, espadas mágicas, la Muerte… Un derroche de imaginación.


Novidades Decembro (I) / Novedades Diciembre (I)

 

Bieito Dubidoso, un prestidixitador, e a súa compañeira Destreza andan polo mundo amosando as súas habilidades, que son as dun mago, non as dun feiticeiro. Bieito asume como misión vital loitar contra as supersticións e contra un inimigo poderoso: o bispo Xoán de Tui.



La colección “Ciudades en el tiempo” viaja al pasado sirviéndose de cuidadas ilustraciones y textos breves pero llenos de información. En los tres libros que presentamos aquí, podremos ver cómo eran, y cómo evolucionaron, las ciudades de Pompeya, Londres y Nueva York.


28/11/17

A Táboa Periódica dos Elementos en imaxes e palabras

A piques de rematar este mes de novembro, deixamos aquí unha contribución da nosa Biblioteca á divulgación científica.

Recollendo unha idea que leva xa algúns anos circulando pola rede, ocorréusenos elaborar unha Táboa Periódica dos Elementos que, a través de imaxes e palabras, informe da presenza dos elementos químicos na nosa vida cotiá.

Aquí a deixamos, para que dispoña dela libremente quen así o desexe (aconsellamos descargar o arquivo pdf, que ten a resolución axeitada para que a impresión en papel, e ademais contén os créditos das imaxes empregadas).



21/11/17

Un traballo elaborado na nosa Biblioteca nas VIII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia

Os vindeiros 2 e 3 de decembro celébranse en Santiago de Compostela as VIII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia.

Durante eses dous días, os asistentes entran en contacto con docentes relacionados co traballo de Bibliotecas de toda Galicia para compartir experiencias.

Nesta ocasión foi seleccionado para ser exposto o proxecto "Atrevéndonos a valorar o valioso", levado a cabo, nunha modalidade interdisciplinar e intercentros, no noso IES e máis nos CEIPs Pepe de Xan Baña (Santa Comba) e Felipe de Castro (Noia).



A parte do noso centro foi coordinada polo profesor Xosé Cabido Pérez, dentro da materia de Valores Éticos de 3º ESO.

Durante a elaboración do traballo empregáronse os recursos da Biblioteca do Centro, e o resultado materializouse en varios videos e un libro-compilación de todos os labores realizados. Tamén levaron adiante, a xeito de diario de travesía, un blog, do que deixamos aquí a ligazón.

Desde o Equipo de Biblioteca queremos facer chegar os nosos parabéns ó profesorado e alumnado implicados, e aproveitamos para lembrar que esta é a segunda vez que un proxecto levado a cabo no ámbito da Biblioteca do Centro é seleccionado para a súa exposición pública no ámbito das Bibliotecas Escolares, logo de que no ano 2011 fósemos ós Encontros de Bibliotecas Escolares a falar dunha exposición temática que, en colaboración co alumnado, fixeramos sobre o mundo do manga.

13/11/17

Proxeccións nos recreos: Libros, libros, libros

Durante esta vindeira quincena, nos recreos da nosa Biblioteca, proxectaremos a presentación Libros, libros, libros, que recolle unha serie de viñetas arredor do mundo do libro e da lectura, e que foi elaborada por Ramón X. Beltrán Carballeira, membro do Equipo de Biblioteca.

Aquí a deixamos:


2/11/17

Novidades Novembro (II) / Novedades Noviembre (II)

LIBRO DEL MES


El Quijote es una gran novela, pero es cierto que su extensión puede desanimar a los lectores más jóvenes. Una buena manera de acercarse a esta cumbre de la literatura española y universal puede ser echar mano de una versión en comic como la que tenemos en nuestra Biblioteca.

Comprender ata onde chega a liberdade individual e asumir o respecto á liberdade dos demais é unha tarefa básica que debemos asumir para lograr unha boa convivencia. Este pequeño manual axúdanos propoñendo estratexias sinxelas de reflexión e actuación.

Novidades Novembro (I) / Novedades Noviembre (I)


No Mundo Antigo contábanse chistes? Sen dúbida. Conservamos un feixe deles en grego, compilados baixo o título de Philogelos (literalmente, “o amante da risa”). Agora dispoñemos dunha tradución ó galego para comprobarmos o sentido do humor dos antigos gregos.





La buena educación ambiental y la ciudadana deben estar en el bagaje de cualquier persona. Estos dos libros de la colección 100x100 proporcionan recursos al docente para despertar en los alumnos el interés por estas dos áreas de formación.

30/10/17

10ª Recollida de Nanocontos

Como cada ano por estas datas, a Biblioteca convoca un concurso de relato breve.

Trátase da (xa) 10ª Recollida de Nanocontos, entendendo por nanoconto unha narración de menos de 100 palabras.

Velaquí as bases da convocatoria deste ano.


17/10/17

Moble novo

Desde principio de curso contamos cun moble novo: un andel alto onde colocamos algúns fondos que consideramos especiais polo seu formato. Nos máis de 30 anos de vida do Centro, a Biblioteca foi acumulando algunha que outra xoia.


Convidámosvos a botarlle unha ollada, pois nel hai materiais que suscitan a curiosidade.

1º ESO A e B aprenden a usar a Biblioteca

Onte, luns 16 de outubro, levamos a cabo, aproveitando as horas de titoría, unha actividade de formación de usuarios co alumnado de 1º ESO A e B, na súa meirande parte novo no centro.

Deixamos aquí unha breve presentación cunha memoria gráfica da actividade e unha explicación da súa estrutura e desenvolvemento.



11/10/17

Carnés listos!


Como cada ano por estas datas, comunicamos que os carnés de usuario da nosa Biblioteca para este curso xa están dispoñibles.

Tamén coma sempre, só se fan os do alumnado que é novo no centro (maiormente, 1º da ESO e 1º BAC): OS CARNÉS DOS ALUMNOS QUE XA LEVAN ANOS NO INSTITUTO SEGUEN VIXENTES.

Para obtelos, só cómpre pasarse pola Biblioteca.
 
Lembramos, unha vez máis, que os carnés non son imprescindibles para beneficiarse do servizo de préstamo, pero facilitan o traballo do persoal xestor da Biblioteca.

2/10/17

Novidades Outubro (II) / Novedades Octubre (II)

LIBRO DO MES

A piques de cumprirse 90 anos da súa primeira publicación, De catro a catro segue a ser un fito ineludible na poesía galega, e unha demostración de que o noso idioma é quen de lucir en calquera tendencia literaria, mesmo as máis rompedoras, como foi o caso das avangardas. Glorioso.

El debate sobre la existencia de un ser sobrenatural responsable de todo lo existente es probablemente tan antiguo como el ser humano. Este libro nos invita a abordar el problema desde una perspectiva racional para evitar el afloramiento de pasiones que suelen causar males.


Novidades Outubro (I) / Novedades Octubre (I)

 

La gran investigadora y comunicadora Mary Beard compendia en este volumen divulgativo muchos años de trabajo y conocimiento sobre los antiguos romanos. Con él, entre otras cosas, aprenderemos que no somos tan diferentes de nuestros antepasados.






Ramón Carredano Cobas ofrécenos nesta novela un clásico relato policíaco ambientado na Idade Media galega, en pleno s. XIV, no contexto dos conflitos políticos que en Compostela xurdiron arredor da figura do bispo Berenguel de Landoire.

20/9/17

A nosa Biblioteca

Comezamos este curso cos mesmos propósitos dos anos anteriores: ofrecer un servizo axeitado, tanto no que se refire á colección como ó préstamo, e tamén promover, na medida das nosas posibilidades e coa colaboración da nosa comunidade educativa, o mundo da lectura e do libro.

No documento que se pode ver a seguir, presentamos o espazo da Biblioteca e os servizos que presta.



Inicio curso from fontexeriabib

“De los diversos instrumentos inventados por el hombre, el más asombroso es el libro; todos los demás son extensiones de su cuerpo… Solo el libro es una extensión de la imaginación y la memoria” - Jorge Luis Borges 

6/6/17

Recomendacións de lectura para as vacacións de verán

Como cada ano por estas datas, a nosa Biblioteca propón unha serie de lecturas para aproveitar o tempo de lecer que estamos a piques de iniciar.

Esperamos que sexan do voso agrado. E aproveitamos para lembrar que se poden levar títulos emprestados para o verán, tanto dos que propoñemos como do resto do catálogo da Biblioteca

Son dúas propostas para cada un dos segmentos nos que dividimos a nosa comunidade educativa:
     - 1º e 2º ESO
     - 3º e 4º ESO
     - Bacharelato, Ciclo FP e ESA.
     - Profesorado e PAS.

Con isto rematan as actividades da Biblioteca do IES Fontexería por este curso. Graciñas a todos aqueles que, dalgún xeito ou outro, colaboraron connosco durante estes meses.



1/6/17

Novidades Xuño (II) / Novedades Junio (II)

LIBRO DO MES

Propoñemos como libro do mes esta obra de Carlos Casares, recentemente homenaxeado no Día das Letras Galegas. A novela é un retrato xeracional, por momentos desilusionado, dun grupo de amigos, estudantes na Universidade de Santiago de Compostela.

Desde hace ya algunos años, las narraciones sobre niños magos son un lugar común de la literatura juvenil. En este caso, ofrecemos aquí la segunda entrega de las peripecias de Septimus Heap: el muchacho debe enfrentarse al reto de rescatar a su hermana secuestrada.


Novidades Xuño (I) / Novedades Junio (I)



Xulia Alonso Díaz viaxa nesta narración á súa propia mocidade, á década de 1980, para botar unha ollada sobre a súa descuberta do amor e as drogas e reflexionar sobre como aquela vivencia a marcou para sempre: trátase de atopar no pasado as raíces do futuro.




La mitología griega es una fuente inagotable de relatos que forman parte de nuestro bagaje cultural. Con estos tres libros de contenido muy accesible, entramos en las aventuras de los héroes Odiseo (o Ulises), Heracles (o Hércules) y Teseo. Pura aventura.

15/5/17

Día das Letras Galegas 2017: Carlos Casares

Durante esta vindeira quincena, durante os recreos da nosa Biblioteca, proxectaremos unha presentación divulgativa sobre Carlos Casares, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.

Tamén faremos unha pequena exposición de libros do autor, na que aproveitamos, ademais, material elaborado e cedido polo Equipo de Biblioteca do IES Lamas de Castelo (Carnota)



Aquí deixamos a presentación:


1/5/17

Novidades Maio (II) / Novedades Mayo (II)

LIBRO DEL MES


Esta obra es un clásico del análisis de la arquitectura. Y lo es porque desvela, con amenidad e imaginación (y también con cierto ánimo de polémica), los enigmas de la construcción de las catedrales góticas, aún hoy una de las cumbres del arte europeo.
 
Nesta novela breve, Santiago Lopo explora as fronteiras entre a realidade factual (a que vemos, apalpamos e oímos todos os días) e a virtual. A Luís, un profesor universitario, os seus fillos regálanlle un xogo de ordenador, e a adicción que desenvolve ha levalo ata uns límites insospeitados.

Novidades Maio (I) / Novedades Mayo (I)

 

Marco Polo é un dos personaxes máis atractivos da Historia, debido ó seu carácter de intrépido viaxeiro. Aproveitando a súa figura, Francisco Castro enceta unha narración enmarcada dos anos finais da vida do aventureiro italiano, na que atoparemos doses de amor e intriga.

 


 

Intrigado por un libro que le legó su tutor, Edgar comienza a investigar por qué su mundo, Atherton, está dividido en tres zonas: las Tierras Altas, donde residen los poderosos, las Intermedias, donde viven agricultores y ganaderos, y las Bajas, donde trabajan unos monstruos limpiadores.

19/4/17

"Vídenos ler!"

O mes de abril está, por tradición, moi relacionado co libro.

Hai varias semanas, no Equipo de Biblioteca tivemos a idea de elaborar unha pequena curtametraxe (ou "nanometraxe", por analoxía cos "nanocontos") para promocionar a lectura e lembrar que nas bibliotecas hai libros a eito que só están a agardar por lectores interesados.

Como xa é abril, aquí deixamos, como homenaxe ó libro, o resultado desa idea, que puxemos en práctica con non moitos recursos técnicos, algo de imaxinación e, iso si, moita ilusión.


2/4/17

Novidades Abril (II) / Novedades Abril (II)

LIBRO DO MES


Con esta colección de 16 relatos curtos publicada por primeira vez en 1995, Manuel Rivas entregaba un universo narrativo que é boa mostra da súa personalidade como escritor, que destaca especialmente na inmediatez que supón a narrativa breve. É o noso libro do mes.

Este libro de la colección “Programa Doble” de la editorial Dirigido por, analiza la producción y repercusión de dos películas: Los intocables de Eliot Ness (Brian de Palma, 1987) y Ben-Hur (William Wyler, 1959). Dos ejemplos del cine de Hollywood que se cuentan entre sus mejores logros.


 

Novidades Abril (I) / Novedades Abril (I)

 

Para conseguir bos resultados académicos precisamos unhas ferramentas, que además deben estar sempre a punto. Mediante este libro poderemos aprender estratexias encamiñadas a mellorar o noso rendemento nas aulas e deixar atrás aquilo de “Non sei estudar”.




Jordi Sierra i Fabra, reconocido autor de literatura para jóvenes, mezcla en esta novela la intriga, el amor y la mística de las creencias religiosas que se basan en la reencarnación: Cristóbal se sorprende cuando Daniela le cuenta que ambos murieron veinte años atrás y...

20/3/17

Presentacións nos recreos: Sister Rosetta Tharpe

Durante estas vindeiras dúas semanas, nos recreos da nosa Biblioteca, proxectaremos unha presentación sobre a figura de Sister Rosetta Tharpe. Esta cantante, guitarrista e compositora estadounidense está considerada hoxe como unha das precursoras do rock and roll.

Foi unha muller que rompeu moldes: atreveuse a tocar a guitarra eléctrica (ata daquela considerada propia de homes), e creou unha mistura única unindo a tradición do gospel e a do rhythm and blues.

Por suposto, durante as proxeccións soarán cancións desta extraordinaria intérprete.

Aquí a deixamos



6/3/17

Falardlibros: 1º podcast

Hai xa algúns cursos, na Biblioteca ocorréusenos que era unha boa idea dedicar algúns recreos da Biblioteca a que todas as persoas que así o desexasen viñeran falarnos das súas experiencias lectoras. E nalgunha ocasión conseguímolo.

Agora reformulamos a actividade: é unha charla entre lectores que se grava e logo se converte nun podcast aloxado na plataforma Youtube.

E así, o pasado xoves día 2 gravamos o primeiro podcast Falardlibros.

Aquí volo deixamos, prometendo que virán máis (pedimos desculpas pola calidade do son, que en sucesivas entregas procuraremos mellorar):

2/3/17

#RosalíaTE // Mannequin Challenge I.E.S Fontexería

O pasado xoves día 23 de febreiro, por iniciativa do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, coa súa profesora María Mansilla ó mando das operacións, levouse a cabo no noso centro un mannequin challenge como homenaxe á figura de Rosalía de Castro, respondendo así ao chamado da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

Parte da actividade realizouse no espazo da Biblioteca, e varios compoñentes do Equipo da mesma, así como outros profesores, colaboraron na iniciativa. Os membros do alumnado participantes pertencían a 4º ESO. A gravación e edición correu a cargo, tamén, dunha alumna: Sara Fabeiro, de 2º BAC,

Un pouco máis abaixo tedes o vídeo, e tamén algunhas fotografías de como se decorou a Biblioteca para a actividade.

LONGA VIDA ÓS VERSOS DE ROSALÍA



1/3/17

Novidades Marzo (II) / Novedades Marzo (II)

  LIBRO DEL MES


Esta novela se publicó en 1950, apenas en los inicios de la tecnología digital. Su influencia, tanto en el género de la ciencia-ficción como en la propia disciplina de la robótica, se debe a la sagacidad con la que Asimov se enfrenta a las posibilidades de la inteligencia artificial.

Peter Pan e a fantasía do seu mundo levan engaiolando a xeracións de lectores desde que naceron. Nesta ocasión Wendy e os Nenos Perdidos, xa adultos, deben volver a aquel mundo para averiguar por que os soños están escapando de Nunca Xamais.



Novidades Marzo (I) / Novedades Marzo (I)

 

O recentemente finado Agustín Fernández Paz preséntanos nesta novela a Clara Soutelo, unha moza de dezaseis anos que investiga o misterio dun esqueleto envolto nunha alfombra, aparecido entre dous tabiques durante as obras de restauración do pazo familiar. 



La psicología es una disciplina que pretende ayudarnos a cumplir el mandato del antiguo santuario de Delfos: “Conócete a ti mismo”. Este manual nos presenta sus fundamentos de una manera cómoda gracias a sus ilustraciones y su manera de organizar el texto.
 

13/2/17

Nanocontos premiados na IX Recollida

Aquí deixamos os textos dos relatos premiados recentemente na IX Recollida de Nanocontos, organizada pola nosa Biblioteca.



11/2/17

Máis sobre a entrega de agasallos da IX Recollida de Nanocontos

Ademais, do video, deixamos aquí tamén unha montaxe fotográfica animada elaborada pola nosa compañeira Chus Abraldes, membro do Departamento de Francés e tamén do Equipo de Biblioteca:


9/2/17

Entrega de agasallos da IX Recollida de Nanocontos


Houbo que cambiar a data un par de veces, pero, á fin, entregamos os agasallos do concurso de relato breve: os nosos nanocontos.


As gañadoras foron todas mulleres: Laura González Trillo (1º premio na categoría A) e María Brea Formoso (2º premio), de 1º ESO; e Nuria Caamaño Barreiros (1º premio na categoría B), de 2º BAC, e Antía Formoso Ventura (2º premio), de 4º ESO.


O Equipo de Biblioteca quere expresar o seu agradecemento a todos os participantes no concurso e asistentes ó acto de entrega de agallos.

A vindeira semana publicaremos neste blog os relatos premiados. De momento, deixamos aquí un pequeno video no que se recolle o acto de hoxe.



1/2/17

Novidades Febreiro (II) / Novedades Febrero (II)

LIBRO DO MES


Un modesto periodista vive en Lisboa en 1938, nos comezos da ditadura de Salazar. Chámase Pereira, e afirma que a súa vida cambiou a partir dun día no que coñece un mozo filósofo, quen lle fai abrir os ollos á realidade da opresión política na que os portugueses viven.



El novelista Gonzalo Moure, galardonado con varios premios de literatura infantil y juvenil, compone en El síndrome de Mozart un relato sobre la amistad y el amor: durante un verano en Asturias, la joven Irene conoce a Tomi, un chico de gran talento para la música. 

Novidades Febreiro (I) / Novedades Febrero (I)

Uruk, Menfis, Babilonia, Atenas, Roma, Teotihuacán, La Meca, París, Tombuctú, Isfahán, Nueva York… y muchas más. Este libro, muy bien ilustrado, repasa en breve la historia de setenta ciudades que, en un momento u otro, fueron (y son) protagonistas de la Historia mundial.




A sexualidade é un aspecto do ser humano ó que espertamos na preadolescencia e que na propia adolescencia ocupa gran parte dos nosos pensamentos. Lendo este libro podemos aprender a vivila con naturalidade e tamén a desbotar mitos que aínda persisten.

16/1/17

Proxeccións nos recreos: "Donald In Mathmagic Land"

Durante esta vindeira quincena, nos recreos da nosa Biblioteca, proxectaremos a curtametraxe animada titulada, orixinalmente, Donald In Mathmagic Land, que se pode atopar cos títulos casteláns de "Donald en el País de las Matemáticas" e "Donald en el País de las Matemágicas".

Foi producido en 1959 polos estudos cinematográficos de Walt Disney, con guión de Milt Banta, Bill Berg e Heinz Haber, e dirixido por Les Clark, Joshua Meador, Wolfgang Reitherman e Hamilton Luxke.

A pesar de que ten case 60 anos, aínda resulta un espectáculo ameno e instrutivo, co que nos podemos achegar a unha disciplina tan abraiante como a das Matemáticas. E, polo que sabemos, leva moito tempo sendo empregada por un eito de docentes dese ámbito de coñecemento.

Aquí vola deixamos:


12/1/17

Os nosos fondos audiovisuais: As coleccións "A auga e a vida"



Entre os nosos fondos audiovisuais contamos cunha espléndida colección de blu-rays titulada A auga e a vida, editada por Planeta.

Esta serie de documentais (de aproximadamente 55 minutos de duración) está dirixida especialmente ás áreas de Bioloxía e Ciencias Naturais, céntrase na importancia da auga para a vida do noso planeta, desde unha perspectiva divulgativa e conservacionista.


Cada disco contén un documental con gran calidade de imaxe, e entre as opcións de audio para a locución inclúe o galego.

A colección está estruturada arredor de dous eixos temáticos:

     I. A auga no planeta, que abrangue os seguintes documentais:
          - Planeta auga
          - Ríos de auga
          - Augas tranquilas
          - Augas invisibles
          - Entre dúas augas
          - A auga fugaz
          - Augas tropicais
          - O vaivén das ondas
          - A fronteira do mar
          - A costa somerxida
          - As cores da auga
          - Diversidade en perigo
          - As voces da auga

     II. A vida no océano, que inclúe estes documentais:
          - Planeta azul
          - Viaxe ás profundidades
          - Océanos infinitos
          - Mares de xeo
          - As estacións do mar
          - Mar de coral
          - Mareas vivas
          - Litorais mariños
          - Profundidades en perigo

7/1/17

Novidades Xaneiro (II) / Novedades Enero (II)

LIBRO DEL MES

Escrita en las postrimerías del franquismo y publicada fuera de España, esta novela de Juan Marsé retrata un país duro y amargo, en el que la lucha por la vida y la satisfacción de las necesidades y pas pasiones propias ocupan un primer plano, por momentos, muy doloroso.




A colección Contos Climánticos acolle narracións orientadas a concienciarnos da necesidade de coidar o noso medio ambiente. Agustín Agra, que é profesor de Bioloxía, contribúe a este obxectivo con esta serie de relatos breves, moi útiles para a lectura na aula.

Novidades Xaneiro (I) / Novedades Enero (I)

A violencia escolar acompaña en ocasións o desenvolvemento da vida académica, e é algo que debemos combater entre todos. Este libro pode axudarnos a detectar os inicios dos comportamentos violentos e a aprendermos o medio de atallalos. Contra a violencia, tolerancia cero.


Esta revista vivió entre 1974 y 1978, años en los que fue testigo de los acontecimientos que han marcado la historia española reciente. Grandes periodistas y humoristas trabajaron en Por Favor para, entre todos ellos, ofrecer una mirada ácida de aquel momento histórico.