28/4/16

Os nosos fondos audiovisuais: Patrimonio da Humanidade



Dentro dos fondos audiovisuais con que contamos na nosa Biblioteca atópase a obra Patrimonio de la Humanidad, (Planeta), integrada por 19 tomos e 23 DVDs, e que pasa revista ós lugares e sitios distinguidos con ese título pola UNESCO.

Tocante ós DVDs, cada un deles consta dun documental longo sobre un tema concreto e outras reportaxes de duración máis breve sobre os sitios e lugares declarados Patrimonio da Humanidade.

As opcións de audio inclúen o galego, xunto co castelán, catalán, eusquera e inglés.

Velaquí o listado dos DVDs:

- Serie Natureza Preservada:
   1. Os dominios do León / Kilimandjaro, Cataratas de Victoria, Illas Galápagos, Cataratas de Iguazú.
   2. Dragóns de Komodo / Parque Nacional de Tongariro, Parque Nacional Khao-Yai, Parque Nacional Kakadu, Refuxio Nacional do Val de Mai
   3. Inverno en Yellowstone / Gran Cañón, Yosemite, Serengeti, Aïr-Teneré


- Serie Culturas Mediterráneas:
   4. Espacios Naturais de España / Salamanca, Burgos, Barcelona, Toledo, Mérida, Santiago de Compostela, Oporto, Alcobaça e Batalha
   5. Tras as pegadas do Islam / Florencia, Cidade do Vaticano, Siena, Roma

- Serie Casas dos deuses:
   6. O Nilo, río dos deuses / Stonehenge, Monte St. Michel, Borobudur, Chongmyo
   7. Os templos da selva / Machu-Picchu, Bandiagara, Palenque, Copán
   8. Os deuses gregos / Zagorsk, Tomar, Chartres, Xerusalén

- Palacios e cidades:
   9. A corte europea / Budapest, Rila, Praga, Varsovia
   10. Marabillas de Oriente / Gran Muralla, Cidade Prohibida, Sitio do Home de Pequín, Sokkuram
   11. Construcións do poder I / Potsdam, Fontainebleau, Würzburg, San Petersburgo
   12. Construcións do poder II / Cartagena de Indias, Gorée, Cusco, Salvador de Baía


- Sitios declarados en 2000:
   13. Lugares de lenda: Bruxas & Asís / Val de Boí, Elxe, Lugo, Tarragona, Atapuerca

- Sitios declarados en 2001:
   14. Lugares de lenda: Aranjuez & Mudéjar de Aragón / Guimarâes, Provins, Jungfrau-Aletsh-Bietschhorn, Essaouira, Samarkanda, Illas Galápagos
  
- Sitios declarados en 2002:
   15. Lugares de lenda: Wismar & Val medio do Alto Rin / Tokaj, Budapest, Sta. Catarina, Templo de Mahabodhi, Calakmul, Reserva mariña da Illa do Coco

- Sitios declarados en 2003:
   16. Lugares de lenda: Úbeda-Baeza & Pequena Polonia / Monte San Giorgio, Tel-Aviv, Montes Matobo, Mapungubwe, Ciudad de Panamá, Valparaíso

- Sitios declarados en 2004:
   17. Lugares de lenda: Val do Orcia & Necrópoles etruscas de Cerveteri e Tarquinia / Tumbas Ming e Qing, Guanacaste, Bremen, Valle do Madriu-Perafita-Claror, Tumba dos Asikia, Illa Gough, Decani

- Sitios declarados en 2005:
   18.

- Sitios declarados en 2006:
   19. Lugares de lenda / Ponte de Biscaia, Behistun, Malpelo, Ratisbona e Stadtamhof, Os Aflaj, Cidade mineira de Sewell

- Sitios declarados en 2007:
   20. Lugares de lenda / Bosques de faias dos Cárpatos, Ópera de Sydney, Canle Rideau, Forte Vermello, Gamzigrad-Romuliana, Palacio de Galerio

- Sitios declarados en 2008:
   21. Lugares de lenda / Mantua e Sabbionetta, Stari Grad, Monte Sanqingshan, Reserva da bolboreta monarca

- Sitios declarados en 2009:
   22. Lugares de lenda / A Chaux-de-Fonds-Le Locle, Palacio Stoclet, Cidade sagrada de Caral-Supe, Monte Wutai

- Sitios declarados en 2010:
   23. Lugares de lenda / Papahanaumokuakea, Graz e Palacio de Eggenberg, Praza de Sâo Francisco en Sâo Cristovâo, Cidade episcopal de Albi









No hay comentarios: