Pois si: o Café Parisien foi un éxito de público. Quizais a expectativa dunha oportunidade de desenvolverse fóra da aula nunha lingua que se está a aprender, quizais as pastiñas que ofrecemos... Sexa como for, houbo que citar á metade dos asistentes para este vindeiro venres, e quedaron só os de 1º e 2º ESO que acudiron.
Cómpre dicir que a profesora que moderou o encontro, a nosa compañeira Carmen Vigo, fixo un labor importante poñendo orde na inquietude propia do alumnado desa idade. Os nosos parabéns para ela.
O máis importante: quedamos todos con ganas de repetir.
Vendredi prochain, à la Bibliothèque (CDI), on parle français!
Et voilà les photos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario