O pasado xoves día 23 reestreouse na Coruña a película Arrugas, recentemente agasallada cos Goyas á Mellor Película de Animación e ó Mellor Guión Adaptado. Merecido premio, cremos, xa que se trata dunha versión moi fiel ó comic orixinal: os guionistas tiveron que engadir escenas para conseguir unha duración de longametraxe, e todas as secuencias concordan co espírito da obra.
Como na nosa Biblioteca posuímos desde hai tempo a novela gráfica orixinal de Paco Roca, que figura entre as nosas recomendacións permanentes, ocorréusenos asistir ó acto.
E foi unha agradable sorpresa atoparnos coas dúas estatuíñas conseguidas pola película que, por outra banda, está producida por Perro Verde Films, empresa coruñesa. Galicia, ademais, está moi presente no film mediante as voces dos personaxes (Tacho González e Mabel Rivera entre eles) e a ambientación xeral.
Velaquí unha fotografía do Coordinador do Equipo desta Biblioteca cun dos Goyas

2 comentarios:
Hola, os he conocido a través de los Premios Espiral 2012. Ahora ya os sigo. Si queréis podéis hacer lo mismo con mi blog Educació i les TIC
Espero que os guste. Salutaciones!
Muchas gracias por seguirnos. Lo mismo haremos con vosotros. ¡Saludos y buenas lecturas desde Muros!
Publicar un comentario