16/2/12

Nanocontos: Entrega dos agasallos (II)

Como anunciabamos días atrás, o pasado martes 14 celebramos na nosa Biblioteca o acto de entrega de agasallos ós gañadores da IV Recollida de Nanocontos (xa sabedes que un nanoconto é un relato en menos de 100 palabras).

Había dúas categorías: unha para o 1º Ciclo da ESO, e outra para o 2º Ciclo da Eso, Bacharelato e Ciclos. En cada unha delas outorgáronse dous agasallos: un reproductor mp4 e un libro de Miguelanxo Prado (Stratos e De Profundis) Os gañadores foron:

Categoría A (1º Ciclo da ESO)
1º Premio: Pablo Monteagudo (1º ESO)
2º Premio: Paola García (2º ESO)

Categoría B (2º Ciclo da ESO, Bacharelato e Ciclos)
1º Premio: Juan Caamaño (4º ESO)
2º Premio: Paula Casais (3º ESO)

Moitas gracias ós que participastes e asististes. Proximamente publicaremos aquí os textos dos nanocontos gañadores


2 comentarios:

mariluz dijo...

Noraboa polo traballo ben feito, dos profes e dos rapaces! Hai tanto traballiño detrás dese breve vídeo...
Ánimo e a seguir co (nano)conto!
Saúdos desde Carnota

Biblioteca IES Fontexería (Muros) dijo...

Gracias millóns, Mariluz! E noraboa tamén por un ano máis do Día da Poesía