29/2/12

Reestrea de Arrugas

O pasado xoves día 23 reestreouse na Coruña a película Arrugas, recentemente agasallada cos Goyas á Mellor Película de Animación e ó Mellor Guión Adaptado. Merecido premio, cremos, xa que se trata dunha versión moi fiel ó comic orixinal: os guionistas tiveron que engadir escenas para conseguir unha duración de longametraxe, e todas as secuencias concordan co espírito da obra.

Como na nosa Biblioteca posuímos desde hai tempo a novela gráfica orixinal de Paco Roca, que figura entre as nosas recomendacións permanentes, ocorréusenos asistir ó acto.

E foi unha agradable sorpresa atoparnos coas dúas estatuíñas conseguidas pola película que, por outra banda, está producida por Perro Verde Films, empresa coruñesa. Galicia, ademais, está moi presente no film mediante as voces dos personaxes (Tacho González e Mabel Rivera entre eles) e a ambientación xeral.

Velaquí unha fotografía do Coordinador do Equipo desta Biblioteca cun dos Goyas



22/2/12

Presentacións nos recreos: Entroido Muradán

Durante o que queda deste semana e toda a vindeira, na nosa Biblioteca poderemos ver unha selección de fotografías tomadas durante o desfile e concurso de comparsas dos últimos catro anos do Entroido muradán.

Queremos agradecer fondamente a Carlos Outes, fotógrafo aficionado de Muros, a achega que nos fixo do material correspondente ós anos 2009, 2010 e 2011.

Para os que non asistades á Biblioteca estes días, deixámosvos aquí as fotografías correspondentes ó desfile e concurso deste ano 2012, e que tomou Alfonso Blanco, Coordinador o Equipo de Biblioteca, o pasado domingo día 19.


16/2/12

Nanocontos: Entrega dos agasallos (II)

Como anunciabamos días atrás, o pasado martes 14 celebramos na nosa Biblioteca o acto de entrega de agasallos ós gañadores da IV Recollida de Nanocontos (xa sabedes que un nanoconto é un relato en menos de 100 palabras).

Había dúas categorías: unha para o 1º Ciclo da ESO, e outra para o 2º Ciclo da Eso, Bacharelato e Ciclos. En cada unha delas outorgáronse dous agasallos: un reproductor mp4 e un libro de Miguelanxo Prado (Stratos e De Profundis) Os gañadores foron:

Categoría A (1º Ciclo da ESO)
1º Premio: Pablo Monteagudo (1º ESO)
2º Premio: Paola García (2º ESO)

Categoría B (2º Ciclo da ESO, Bacharelato e Ciclos)
1º Premio: Juan Caamaño (4º ESO)
2º Premio: Paula Casais (3º ESO)

Moitas gracias ós que participastes e asististes. Proximamente publicaremos aquí os textos dos nanocontos gañadores


13/2/12

Nanocontos: Entrega dos agasallos


Mañá, na nosa Biblioteca, no 2º recreo, estades convidados a acudir ó desveamento do segredo mellor gardado da Biblioteca: entregaremos os agasallos ós relatos gañadores da IV Recollida de Nanocontos.

Serán un mp4 e un libro ilustrado para cada unha das dúas categorías establecidas: 1º e 2º curso da ESO por unha banda, e 3º ESO, 4º ESO, Bacharelatos e Ciclos por outra.

N.B.: Un Nanoconto, se lembrades, é un relato breve en menos de 100 palabras

6/2/12

Novidades Febreiro (II) / Novedades Febrero (II)


LIBRO DO MES
As mortes en accidentes de automóbil son unha realidade tráxica que rodea á mocidade galega actual. Ese é o ambiente que Miguel Vázquez Freire escolleu para tramar unha historia na que drama e investigación camiñan da man para atrapar ó lector, sobre todo adolescente, nos progresos que o personaxe de Moncho vai acadando.




Desde su aparición en 1979, esta novela de la sueca María Gripe, fallecida en 2007, se ha convertido en un clásico de la literatura juvenil europea, aunque es apto para todos los ojos lector
es. Una casa deshabitada, documentos antiguos, una maldición... Elementos muy conocidos y empleados en la ficción y, en este caso, con eficacia.

Novidades Febreiro (I) / Novedades Febrero (I)


El fenómeno de ventas de Federico Moccia comenzó en 1992 con esta novela, gracias a una pequeña edición que acabó circulando incluso en fotocopias hasta que fue reeditada de nuevo en 2004. Los problemas amorosos de Babi y Step, que Moccia narra en tono de comedia, se ha hecho muy famosa, y ha llegado también al cine.





Malia que os galegos non temos na nosa identidade cultural tanto de celtas como desde antigo se nos ten dito, ese misterioso pobo continúa a exercer a súa atracción sobre moita xente. Para eles vai este libro de receitas recollidas en varios lugares de Gales, Irlanda, Escocia e a Bretaña francesa. Carnes, peixes, mariscos, verduras... de todo.