26/10/11

Presentación do caderno "3ª Escrita de Nanocontos"


Mañá xoves día 27, no 2º recreo, faremos a presentación do caderno no que recollemos 20 dos Nanocontos presentados ó certame que convocamos o curso pasado. Quedades todos convidados.

Con isto pretendemos dar difusión á creatividade dalgúns dos rapaces do noso Centro.

A imaxe da cuberta é unha realización do noso compañeiro Alfonso González Asenjo, do Departamento de Xeografía e Historia.

21/10/11

En Garda: Lectura


Desde a Biblioteca facemos unha proposta ó profesorado para empregar aquelas gardas que, por xurdir de xeito imprevisto, non contan con traballo planificado para os rapaces.

Para eses casos, propoñemos que se leven ás aulas unhas mochilas que conteñen libros seleccionados polo Equipo de Biblioteca. Eses libros ofreceranse como lectura para esa hora, coa posibilidade de que os alumnos deixen marcado o punto onde quedaron, para así poder continuar a lectura nunha próxima garda. O contido das mochilas poderá ser revisado a suxerencia, tanto de alumnos como de profesores.

Cando un rapaz remate un libro, poderá cubrir unha breve ficha na que, entre outras cousas, deixará escrita a súa opinión sobre el para futuros lectores.

Agardamos, con esta iniciativa, contribuír ó fomento da lectura entre o noso alumnado.

17/10/11

Presentacións nos recreos: Algunhas cousas sobre Astronomía

Esta semana, durante os recreos da nosa Biblioteca, poderemos ver a presentación Un pouco de Astronomía.

Nela poderemos admirar algunhas das máis impresionantes imaxes captadas polo telescopio espacial Hubble.

Tamén aprenderemos algúns datos sobre o Sistema Solar e, sobre todo, seremos conscientes das inmensas proporcións do Universo.

E de fondo escoitaremos o tema Turn! Turn! Turn! (To Everything There Is A Season), de The Byrds

Aquí a deixamos, por se vos interesa:

Libros, discos, películas... (III)


Está disponible en DVD El viaje del director de recursos humanos, una pequeña joyita de cine hebreo, que no siempre es fácil ver en pase comercial

¿Un film político? Lo es, en cuanto que está contextualizado en Israel.

¿Un film social? Lo es: los problemas de la emigración económica (Rumanía).

Pero, en realidad, la película trata sobre "otra cosa": el sentido de la vida.

Un hombre de mediana edad, desvinculado afectivamente, insatisfecho en su trabajo, logra encontrarse a sí mismo en un complicado viaje vital a la helada Rumanía, al acompañar el cuerpo sin vida de una joven muerta en un atentado suicida. Imprescindible.

El film, dirigido en 2010 por Eran Riklis (conocido por Los limoneros), está basado en la novela La misión del director de recursos humanos (todavía no editada en español), del autor Abraham B. Jehoshua.


FRANCISCA MOVILLA (Departamento de Griego)

11/10/11

Libros, discos, películas... (II)


A semana pasada rematei a lectura de El olvido que seremos. Se son sincera, non tiña nin idea do seu autor (Héctor Abad Faciolince). O libro foi, como non, regalo de Nadal dunha amiga da infancia... pero a súa lectura postergouse ata este inicio de curso (tiña na "lista de espera" varias novelas en français...).
De entrada o título xa dá que pensar. E a medida que me adentrei na lectura, fun descubrindo aspectos da historia de Colombia que me sonaban algo das noticias, nomes (ou mellor apelidos) que na actualidade saen nos titulares... Todo un canto na defensa das igualdades sociais, un recoñecemento á figura paterna... E ese castelán de "bluyines" e esas referencias a Proust... aquí deixo un resumo da temática, e as opinións da contraportada..., con esa fermosa frase, como sempre, de Manolo Rivas...
Boas lecturas!!


El médico Héctor Abad Gómez dedicó sus últimos años, hasta el mismo día en que cayó asesinado en pleno centro de Medellín, a la defensa de la igualdad social y los derechos humanos. El olvido que seremos es la reconstrucción amorosa y paciente de un personaje; está lleno de sonrisas y canta el placer de vivir, pero muestra también la tristeza y la rabia que provoca la muerte de un ser excepcional. Un libro desgarrador, escrito con valor y ternura.

«Un libro tremendo y necesario, de un coraje y una honestidad arrasadores. Por momentos me he preguntado cómo ha tenido la valentía de escribirlo», JAVIER CERCAS
«Un libro hermoso, auténtico y conmovedor», ROSA MONTERO
«Lo que voy leyendo de Héctor Abad lo voy guardando como migas de pan muy esféricas, pulidas, luminosas, para cuando tenga que atravesar un gran bosque en la noche», MANUEL RIVAS


CHUS ABRALDES (Departamento de Francés)

6/10/11

Libros, discos, películas... (I)


Nijigara Holograph é un manga de Inio Asano moi, pero moi inquietante: amosa os tráxicos condicionamentos que os traumas infantís poden proxectar nas vidas adultas, todo a través dun tecido narrativo de vidas cruzadas. E non faltan certas metáforas inesperadas, como esas bolboretas que dan unidade ó relato. Certamente, remexe as tripas... Para cando unha versión cinematográfica?
ALFONSO BLANCO (Profesor de Latín e Coordinador do Equipo de Biblioteca)

3/10/11

Presentacións nos recreos: Seres Míticos Galegos

Esta semana, durante os recreos da nosa Biblioteca, proxectaremos un video sobre os seres que poboan as lendas galegas. Este documento foi elaborado pola Biblioteca do CEIP Víctor Sáenz, de Mazaricos, a quen aproveitamos para felicitar por este traballo.


Novidades Outubro (II) / Novedades Octubre (II)




Un dicionario fantástico, tanto pola súa factura como polo seu contido. Xoán R. Cuba, Antonio Reigosa e Xosé Miranda realizan un estupendo traballo de recuperación dos seres míticos protagonistas de lendas tradicionais galegas. Contribúen así a que non se perda unha parte importante do imaxinario popular da nosa xente.








Federico Moccia
es el escritor protagonista de uno de las fiebres superventas de los últimos años, y que de vez en cuando afectan a multitud de lectores. En este caso, se trata de un conjunto de narraciones de un género bien conocido: la novela romántica, convenientemente actualizada. Perdona si te llamo amor es un ejemplo perfecto.

Novidades Outubro (I) / Novedades Octubre (I)


En xeral, na historiografía tense prestado moi pouca atención ás mulleres. Esta tendencia ven cambiando nos últimos anos, e estes volumes, a cargo dun grupo de historiadoras galegas, son unha boa mostra. E tamén unha boa oportunidade para aprendermos sobre o papel que as mulleres teñen desenvolvido na Historia de Galicia.






Ben Dupré propone en este libro una forma muy directa de acercarse a la Filosofía, a través de 50 cuestiones que han ocupado el tiempo y la mente de los grandes pensadores occidentales desde la Antigua Grecia hasta la actualidad: teorías sobre el conocimiento, problemas éticos, lógicos, estéticos, científicos, religiosos y políticos.

Recuperación de actividade e benvida


Tres meses despois, un curso diferente, pero mesmos obxectivos: comunicar amor pola lectura e o coñecemento en xeral. Sermos máis cultos é a mellor maneira de ser máis humanos; e, aínda que non é o único xeito de facelo, LER constitúe un camiño, non sempre rápido, pero si moi, pero que moi pracenteiro. Quen aínda non o ve así será, como naquel antigo anuncio dunha bebida refrescante, porque o ten probado pouco.

Saúde, e botemos a andar de novo, que temos certas propostas para todos vós.