24/4/09

Semana do Libro (III)

Onte remataron as lecturas públicas coas que na nosa Biblioteca celebramos a Semana do Libro. As profesoras Irene Álvarez, do Departamento de Lingua e Literatura Españolas, e Ángeles Ramos, do de Física e Química, leron fragmentos do Quixote. De fondo, como durante o resto dos días, púidose escoitar a peza La mañana, pertencente a Peer Gynt, do compositor noruego Edvard Grieg.
Entre unha e outra lectura entregáronse os premios do II Concurso de Relato Curto IES Fontexería, organizado polo Departamento de Lingua e Literatura Españolas. Resultaron premiados cinco rapaces en diferentes categorías:
1º ciclo da ESO: Raquel Sande
2º ciclo da ESO: Sara Beiro e Tamara Castro
Bacharelato: Joaquín Abadín e José Rama
Aquí vos deixamos unha serie de fotografías do evento, que contou cunha boa asistencia de alumnos e profesores:



O Equipo de Biblioteca quere expresar o seu agradecemento ós profesores que participaron, e tamén ó público asistente. Só desexamos que a partir de agora sexan máis os rapaces que ousen lernos en público textos que sexan do seu gusto, compartindo con todos as súas aficións lectoras. Avanzamos xa que, en canto as temperaturas meteorolóxicas aumenten un chisco, haberá certas transformacións na nosa Biblioteca.
Gracias de novo e un saúdo a todos.

LER POR LER, ALIMENTO DO LECER

No hay comentarios: