Onte continuaron os actos da Semana do Libro da nosa Biblioteca. Aparte da diaria presentación de diapositivas sobre o Quixote no 1º recreo, a profesora de Educación Física Marta Cruz amosou a súa capacidade como contacontos facéndonos sorrir coa lectura dunha traducción ó castelán dun relato dos Contos de Canterbury, do escritor medieval inglés Geoffrey Chaucer, titulado "Un tonel de risas". Velaquí unhas fotos:
Mañá pecharemos estas crónicas coa reseña do acto de hoxe, Día do Libro, no que se realizaron novas lecturas e se entregaron os premios do II Concurso de Relato Curto, organizado polo Departamento de Lingua e Literatura Españolas
No hay comentarios:
Publicar un comentario