30/4/09

Novidades Maio / Novedades Mayo (II)




Dos libros en uno. En La cultura del cuerpo, Josep Martí analiza las tendencias actuales de las personas a modificar su cuerpo (tatuajes, piercings, escarificaciones...), intentando dar explicaciones antropológicas. Desde una perspectiva semejante, Ferran Cabrero nos presenta las características de los llamados pueblos indígenas, su presencia en el siglo XXI, y las luchas que mantienen algunos de ellos por mantener su identidad.





Ésta es una propuesta para lectores impenitentes, debido más que nada a su extensión. El novelista ruso Lev Tolstoi narra en esta obra la historia de las relaciones entre cuatro familias en el contexto de los conflictos bélicos que Rusia afrontó en Europa a comienzos del XIX. Fue originalmente publicada por entregas, a lo largo de dos años.






A editorial Tecnos publica dous libros útiles para achegarnos á Filosofía. Un deles, a Enciclopedia Oxford de Filosofía, serve como obra de consulta sobre conceptos e persoas vinculadas a este eido, mentres que Los filósofos reúne aportacións de expertos nos 28 filósofos máis destacados de Occidente, nos que se contan os que se estudian nos programas da materia no Bacharelato. Toda axuda é benvida á hora de filosofar.

Novidades Maio / Novedades Mayo (I)




A editorial Promocións Culturais Galegas, da man da Fundación Caixa Galicia, pón ó alcance do público en xeral, e dos estudiantes de Arte en particular, este breviario no que se resumen os rasgos fundamentais da arquitectura da catedral de Santiago de Compostela, repasando tamén a súa evolución a través dos tempos. Agora que se achega o final do curso de 2º de Bacharelato, convén ter a man este libriño para axudarse co Románico, que é un tema recurrente nos exames.




El juez Emilio Calatayud es famoso por sus sentencias, que siempre procuran tener una orientación pedagógica: cree que el delincuente siempre merece una segunda oportunidad para no volver a equivocarse. El libro es una reunión de apuntes biográficos, opiniones sobre la educación de la juventud actual, y algunos casos de su juzgado de Granada. Un libro para reflexionar sobre el valor de la educación.




Este libro propónnos unha lectura, non de textos, senón de imaxes, que tamén se len. Trátase dunha compliación de fotografías tomadas con obxectivos que permiten obter unha panorámica de 360º. A través da calidade das fotos a toda páxina, podemos apreciar algúns dos lugares de máis sona de Galicia, con paisaxes naturais e urbanas.

29/4/09

XA SOMOS BLOG MANEIRO!



Os blogs de bibliotecas escolares Vilán, do IES Pedra da Aguia (Ponte do Porto-Camariñas) e A Biblioteca do Colmeiro, do IES Manuel Colmeiro (Silleda), veñen de concedernos o premio Olha que Blog Maneiro! ("maneiro" en portugués do Brasil significa algo así como "con xeito", "merecente de verse ou coñecerse").

Agradecemos moi sinceramente este xesto, que nos anima a seguir traballando e a aprender de todos aqueles que, igual que nós, están a contribuír a que as bibliotecas escolares sexan unha fonte de recursos e unha referencia de estratexias didácticas en cada centro educativo.
Recibir este premio conleva unhas responsabilidades, coas que procedemos a cumprir. A primeira de todas elas é publicar as regras que debe seguir todo premiado:

1. Exhibir a imaxe do premio “Olha que blog Maneiro”.
2. Exhibir o nome do blogue que concedeu o premio.
3. Indicar outros 10 blogues propostos para seren maneiros.
4. Comunicar o premio aos blogues seleccionados.
5. Publicar as regras.
6. Comprobar que os blogues premiados seguen as normas.

Os blogs a quen facemos este mesmo agasallo son os seguintes:

Ars Legendi, do CPI San Vicente, de A Baña (A Coruña)

Biblioblogreboreda
, do CPI Santo Paio de Abaixo, de Redondela (Pontevedra)

Bibliobrey
, do CEIP Fermín Bouza Brey, de Ponteareas (Pontevedra)

Bibliesada
, do IES Isaac Díaz Pardo, de Sada (A Coruña)

Biblioarzua
, do IES de Arzúa (A Coruña)


Bibliobaronceli
, do IES Castro de Baronceli, de Verín (Ourense)


Biblioboveda
, do IES Alexandre Bóveda, de Vigo (Pontevedra)

Biblospazos
, do CEIP de Pazos, de Ferrol (A Coruña)

Tarabelateca
, do IES Ramón María Aller Ulloa, de Lalín (Pontevedra)


Srblas



Moitas gracias e parabéns para todos.

28/4/09

Proxeccións nos recreos: Bibliotecas do Mundo

O Equipo da nosa Biblioteca ven de elaborar a presentación que se poderá ver nos recreos durante esta semana. Consiste nunha visión de certas Bibliotecas, antigas e modernas, que existen no planeta e que comparten todas elas un mesmo obxectivo: ser depósito e fonte de información e lecer para toda a Humanidade. A música que, como decote, acompaña ás diapositivas e o movemento "Xúpiter" da suite orquestral Os Planetas, de Gustav Holst.
Como sempre, convidámosvos a que pasedes pola Biblioteca. Un saúdo a todos e aquí tedes a presentación. Agardamos que vos guste:

24/4/09

Semana do Libro (III)

Onte remataron as lecturas públicas coas que na nosa Biblioteca celebramos a Semana do Libro. As profesoras Irene Álvarez, do Departamento de Lingua e Literatura Españolas, e Ángeles Ramos, do de Física e Química, leron fragmentos do Quixote. De fondo, como durante o resto dos días, púidose escoitar a peza La mañana, pertencente a Peer Gynt, do compositor noruego Edvard Grieg.
Entre unha e outra lectura entregáronse os premios do II Concurso de Relato Curto IES Fontexería, organizado polo Departamento de Lingua e Literatura Españolas. Resultaron premiados cinco rapaces en diferentes categorías:
1º ciclo da ESO: Raquel Sande
2º ciclo da ESO: Sara Beiro e Tamara Castro
Bacharelato: Joaquín Abadín e José Rama
Aquí vos deixamos unha serie de fotografías do evento, que contou cunha boa asistencia de alumnos e profesores:



O Equipo de Biblioteca quere expresar o seu agradecemento ós profesores que participaron, e tamén ó público asistente. Só desexamos que a partir de agora sexan máis os rapaces que ousen lernos en público textos que sexan do seu gusto, compartindo con todos as súas aficións lectoras. Avanzamos xa que, en canto as temperaturas meteorolóxicas aumenten un chisco, haberá certas transformacións na nosa Biblioteca.
Gracias de novo e un saúdo a todos.

LER POR LER, ALIMENTO DO LECER

23/4/09

Semana do Libro (II)

Onte continuaron os actos da Semana do Libro da nosa Biblioteca. Aparte da diaria presentación de diapositivas sobre o Quixote no 1º recreo, a profesora de Educación Física Marta Cruz amosou a súa capacidade como contacontos facéndonos sorrir coa lectura dunha traducción ó castelán dun relato dos Contos de Canterbury, do escritor medieval inglés Geoffrey Chaucer, titulado "Un tonel de risas". Velaquí unhas fotos:




Mañá pecharemos estas crónicas coa reseña do acto de hoxe, Día do Libro, no que se realizaron novas lecturas e se entregaron os premios do II Concurso de Relato Curto, organizado polo Departamento de Lingua e Literatura Españolas

22/4/09

Semana do Libro (I)

Como anunciaramos, onte martes comezou a serie de lecturas públicas durante os segundos recreos na nosa Biblioteca. A primeira correu a cargo de Bernardo Álvarez, profesor de F.O.L., quen leu, con moita paixón, O corazón delator, de Edgar Allan Poe. Velaquí algunhas fotos do evento:

Mañá comentaremos a lectura que hoxe realizou a profesora Marta Cruz, profesora de Educación Física, dun conto de Geoffrey Chaucer. Lembrámosvos que estas lecturas continuarán ata o venres, e que mañá xoves entregaranse os premios do II Concurso de Relato Curto, organizado polo Departamento de Lingua e Literatura Españolas.

Desde aquí animamos, como sempre, a todos os alumnos e profesores do noso IES a apoiar coa súa asistencia a estas actividades, coas que damos inicio a ó derradeiro trimestre do curso tendo sempre como obxectivo celebrar a lectura como medio de aprendizaxe e entretemento.

15/4/09

Semana do Libro na nosa Biblioteca



A vindeira semana celebramos na nosa Biblioteca a existencia do libro e o seu poder como depositario da nosa cultura. De luns a venres, nos recreos, realizaranse as seguintes actividades:

- Todos os días, durante os recreos: proxección temática sobre o Quixote, acompañada de audicións musicais.

- Os segundos recreos de martes a xoves: lecturas públicas de conto a cargo dos profesores Irene Álvarez, Bernardo Álvarez, Mª José Barco, Marta Cruz, Rita Fernández e Ángeles Ramos

- O segundo recreo do xoves: entrega de premios do II Concurso de Relato Curto IES Fontexería, organizado polo Departamento de Lingua e Literatura Españolas.

O EQUIPO DE BIBLIOTECA INVÍTAVOS A ASISTIR E DÁ AS GRACIAS A TODOS OS QUE PARTICIPAN

Presentacións nos recreos: A II República e a Educación

Velaquía a presentación que se poderá ver durante esta semana a presentación que se poderá ver nos recreos na nosa Biblioteca. Con ela pretendemos rendir tributo ó esforzo que a II República, durante a súa curta vida, realizou para aumentar o nivel cultural e de instrucción dos españois.
Lembrámosvos que o Equipo de Biblioteca está aberto ás propostas audiovisuais de alumnos e profesores para encher este espacio.

1/4/09

Novidades Abril / Novedades Abril (II)


A propuesta del Dpto. de Geografía e Historia se creó hace años en esta Biblioteca una sección de novela histórica que poco a poco se va enriqueciendo con propuestas de lectura relacionadas con las diferentes épocas de la historia humana. En este caso, se nos acercan dos libros enmarcados en las dos guerras mundiales: Sin novedad en el frente, de Erich M. Remarque, y el Diario, de Ana Frank. ¡A por ellos!





Un precioso clásico da Literatura Universal, que desde 1972 se pode ler en galego na traducción de Carlos Casares. Coma sempre, o conto de Saint-Exupéry é quen de levarnos a ese planeta onde o ser humano se observa a si mesmo e pode apreciar cánto hai de básico e cánto de superfluo na vida que cada un de nós leva.





¿Alguna duda sobre conceptos políticos? ¿Sabes diferenciar entre las distintas formas de gobierno? ¿Sabes identificar a un marxista? ¿Y a un fascista? ¿Te ha pedido un profesor alguna vez que definas el capitaismo? Para todos estos casos, este libro es una herramienta rápida de consulta sobre éstos y muchos otros aspectos de las Ciencias Políticas.


Novidades Abril / Novedades Abril (I)



Tres libros do eido da Filosofía: o Atlas Histórico de Filosofía presenta as circunstancias históricas que fixeron posible o xurdimento e a evolución dos sistemas de pensamento occidentais; Nietzsche para todos constitúe unha guía rápida sobre este filósofo; e Filósofos: vida íntima, pretende penetrar nas cavilacións dos filósofos máis coñecidos.

Ás veces os profesores síntense desorientados á hora de abordar o seu labor, que consiste en interactuar con rapaces en idade de formación. Este Manual de Recursos del Maestro, de Editorial Océano, quere servir de apoio ós profesionais do ensino, coas últimas aportacións feitas desde o campo da psicoloxía e a pedagoxía docentes.




Las grandes cumbres de la narrativa universal no sólo las constituyen novelas extensas, sino que también en el relato breve se encuentran auténticas maravillas. En este tomo se recopilan alrededor de 100 relatos cortos de autores de todas las literaturas del mundo: Nikolai Gogol, Anton Chejov, Henry James, Franz Kafka, Ramón Gómez de la Serna, Julio Cortázar, Henry Miller... Un libro grande para leer a tragos pequeños.