11/2/09

Na procura da poesía perdida

A vindeira semana continuamos coa serie de Lecturas en Vivo na nosa Biblioteca. Nesta ocasión o Departamento de Lingua e Literatura Españolas vainos traer alumnos de 4º ESO que lerán uns poemas de diversos autores no 1º recreo do mércores 18 e no 2º do xoves 19. Estes actos darán cumio a unha actividade que o mesmo Departamento levou a cabo, e na que os rapaces deberon recompoñer os poemas a base de buscar os seus fragmentos por diversos lugares do Centro.


Por certo, tamén entregaremos o Mp4 do Concurso de Nanocontos que non se puidera entregar por quedar deserto o primeiro premio.

NON FALTEDES, QUE A LECTURA ALEGRA A VIDA

No hay comentarios: