26/1/15

Presentacións nos recreos: Men In Film / Women In Film (II)

Como "homes sen mulleres" ten tan pouco sentido como "mulleres sen homes", nesta semana complementamos o iniciado a anterior.

Durante os recreos destes próximos días, proxectaremos a montaxe de fotografías Women In Film, que repasa case 100 anos de historia do cine a través dos rostros dun eito de mulleres, inseparables xa da nosa memoria audiovisual.

Aquí queda o video:

19/1/15

Presentacións nos recreos: Men In Film / Women In Film (I)

O cine leva máis de 100 anos acompañándonos. Durante ese tempo foi formando parte esencial do que comunmente chamamos "cultura popular" ou "cultura de masas".

O cine, ademais de arte, é unha industria, e ningún lugar entendeu esta dualidade como os EE.UU. e, dentro deles, Hollywood. Desde moi cedo, os productores de películas entenderon que os actores debían ser o principal reclamo para o público.

Nós tamén queremos atraer a un público con fame de coñecemento, e temos que recoñecer que o cine non ocupou ata agora o lugar que merecía nos nosos obxectos de atención. Así, comezamos con dúas pequenas montaxes nas que se repasan un eito de rostros coñecidos da grande pantalla: caras de homes e mulleres que están na memoria de moitas persoas.

Nos recreos desta semana teremos ós homes, mentres as mulleres virán a vindeira:

12/1/15

Novidades Xaneiro (II) / Novedades Enero (II)

 LIBRO DO MES


Este libro propónnos un primeiro contacto cos espazos naturais e monumentos que adornan Galicia. Ademais, pódese empregar mesmo como libro de viaxe e punto de partida para saber o básico sobre o noso entorno máis próximo: non vaia ser que non apreciemos abondo Galicia por non coñecela. 

Si cada uno de nosotros se esfuerza un poco por respetar el medio ambiente, estará contribuyendo a que nuestro planeta sea un poquito más limpio y habitable. En estas 50 ideas se encierra un método para que nuestros hábitos como compradores y consumidores sean más conscientes y, sobre todo, más amables con la Tierra.

Novidades Xaneiro (I) / Novedades Enero (I)

 

A mitoloxía grecorromana é un ámbito de coñecemento moi amplo e diverso. Pero, que pegada deixou en Galicia? Este tríptico descóbrenos a presencia dos mitos clásicos nos monumentos arqueolóxicos galegos, e tamén a súa influencia nos nosos artistas ó longo da Historia. Así podémonos ilustrar, e nun dobre senso.







Platón contra los cínicos y los cínicos contra Platón. Dos de las más importantes escuelas filosóficas de la Antigua Grecia aparecen contrastadas en este breve relato. Si la Filosofía antigua a veces nos parece difícil de comprender, narraciones como esta hacen más fácil nuestro acercamiento a ella... y con un toque de humor.

12/12/14

Unha "librárbore" no IES Fontexería

De cando en vez podemos escoitar que se teñen derrubado moitas árbores para elaborar papel, co que á súa vez se fan os libros.

Hoxe comprobamos que a circunstancia contraria tamén se dá: cos libros pódese construír unha árbore, aínda que as súas pólas, follas e froitos non sexan estritamente vexetais.

A nosa compañeira María Mansilla, do Departamento de Lingua e Literatura Galegas, tivo a idea; nela foi secundada por Gloria Bouzas (P.A.S.) e a nosa Vicedirectora e membro do Departamento de Inglés Adelina Rodríguez. Algúns dos libros, verdes case todos eles, proceden da nosa Biblioteca, como se pode apreciar polas etiquetas dos cantos.

Como debe ser ben sabido, o Nadal cristián toma máis dun elemento das relixións pagás: a extensión das novas crenzas contra o final do Imperio Romano e os inicios da Idade Media en Europa non foi quen de eliminar mitos e ritos de tradición secular entre a xente. Neste senso, parece que o ornato de árbores de folla perenne ten sido un costume de antigos exipcios, xudeos, e tamén dos pobos xermánicos de Escandinavia; e este hábito pretendía simbolizar e celebrar a perdurabilidade da vida na época do ano na que estamos: a do solsticio de inverno (a "morte e resurrección" do Sol, coa noite máis longa do ano), e a do final dun ano solar co inicio doutro.

E así aproveitamos tamén para desexarvos unhas boas vacacións (se entre tanta viaxe, comida e agasallo hai un tempiño para ler -e aproveitar a lectura-, non será tempo estragado).

Velaquí unhas fotos da "librárbore":





1/12/14

Novidades Decembro (II) / Novedades Diciembre (II)

LIBRO DEL MES

¿Conduce el capitalismo sin regulaciones indefectiblemente a la desigualdad? O, por lo menos, ¿lleva a la desigualdad extrema que supone el hecho de que el 1% de la población del planeta disfrute del mejor nivel de vida, frente al restante 99%? El premio Nobel de Economía Joseph E. Stiglitz así lo cree y argumenta en este libro.

Ás veces non coñecemos ben o que máis preto temos. Por iso, moitos galegos non saben demasiado da configuración do seu propio territorio. Este breviario dános unha concisa descrición do noso medio físico (relevo, clima, hidroloxía, xeomorfoloxía) e natural (pisos bioclimáticos, hábitats, paisaxe). Case obrigado.


Novidades Decembro (I) / Novedades Diciembre (I)

 

Os castros foron un tipo de poboamento característico do noroeste da Península Ibérica, que se documentan desde a Idade do Ferro e que perviviron mesmo logo da conquista romana. Este libriño axúdanos a coñecer onde están os principais restos castrexos de Galicia, e tamén nos achéganos ó modo de vida dos seus moradores.








Aunque la normativa del castellano está, en su conjunto, sólidamente fijada desde hace ya mucho tiempo, siempre surgen dudas: ortográficas, morfológicas, expresivas... Para ayudar a solucionarlas, la RAE y la Asociación de Academias de la Lengua Española han publicado esta útil herramienta, con la que desde ahora contamos.